Skip to Content

1º Curso

Ravioli. Nós tamén creamos

Kilómetros de solidariedade

Fame cero

Sesións de minfulness no cole

O 23 de maio realizamos de maio realizamos no centro tres obradoiros de iniciación ao mindfulnees con todo o alumnado de educación primaria para que fosen quen lograr que a súa mente fose un lugar sereno no que vivir.

Asemade, buscamos que o noso alumnado aprendese a gozar do silencio e do propio mundo interior.

Agora toca repetir estas aprendizaxes na nosa aula ou mesmamente nas nosas casas.

Degustación de produtos da nosa horta escolar

O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro.

Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos.

Estaba todo boísimo!!

Clubs de lectura do curso 2022/2023

O funcionamento do club de lectura no centro, no curso 2022/2023, funcionou como paraugas de varios clubs que xa viñan funcionando de anos anteriores en distintos cursos, e tivo como finalidade espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer.

Nas seguintes ligazóns reflectiremos o traballo desenvolvido nos clubs de lectura do noso centro:

Novo club de lectura de 1º ciclo
 
Club de lectura de 3º de EP Club de lectura de 4º de EP
   
Club de lectura de 5º de EP Club de lectura de 6º de EP
   

 

 

 

Día de Europa

Galicia é Europa!!!

O Día de Europa ten lugar cada 9 de maio. Neste día celebramos os logros e a unidade en Europa.

Dendo o noso centro animamos ao noso alumnado a coñecer Europa e a investigar sobre a presenza de Galicia nas institucións da Unión Europea. Tendo como referencia a Fundación Galicia Europa (FGE), entidade que ten como fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.

Ti si que es un bo peixe

O 11 de maio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, participou na actividade “Ti si que es un bo peixe” na que realizamos a visita a Vigo.

As actividades de hoxe realizáronse no porto de Vigo e puidemos ver os halcóns que usa o porto de Vigo para controlar a poboación de gaivotas, visitar á cetárea López Nóvoa na que nos ensinaron diferentes tipos de marisco como lumbrigantes, centolas, lagostas,... e a Frigoríficos de Vigo onde vimos como se corta o peixe e as cámaras para a súa conservación.

Despois dun pequeno descanso fixeron dúas visitas moi interesantes a visita ao Observatorio Submarino Nautilus na que puidemos observar como se investiga sobre a poboación mariña e a visita ao Buque Hidra II, barco e vapor que se atopa atracado no porto de Vigo.

Unha vez rematadas ás visitas tocou o xantar desprazándonos ao mercado do Berbés na que nos deron unha merenda mariñeira composta por: pescada rebozada, ensalada de pasta con mexillóns e iogur.

Antes de regresar á derradeira visita tocou descansar e xogar un pouco no parque de xogos do Bebés. A última visita foi á poxa de marisco.

Despois dun día tan longo e de ver unha gran cantidade de empresas relacionados co mar, toca a hora  de regresar ao colexio...

Estamos desexando volver a vervos e repetir o obradoiro... moitas grazas polo día de hoxe.

Garvanciño, come saniño

O 4 de maio realizamos un obradoiro de nutrición na aula de psicomotricidade en colaboración coa área sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde destinado ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.

Dun xeito lúdico, aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de nutrientes que necesitamos na nosa dieta diaria para posteriormente ser quen de elaborar un prato saudable que contivese todos eses nutrientes.

Para rematar, realizamos un xogo no patio do cole que nos axudou a repasar o nome dos diferentes alimentos saudables que debemos incluír na nosa dieta.

Obradoiro de Saúde bocudental

O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental,  no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.

Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo.

Distribuir contido


by Dr. Radut