Skip to Content

Secretaría, Documentación, Solicitude praza, Libros de texto, Comedor

Documentos de interese

Libros de texto 2024/2025

A Orde do 7 de maio de 2024 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2024/25.

Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.

O alumnado de 3º, 4º de Ed. Primaria terá que solicitar libros do fondo de libros. O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria recibira un ordenador do programa EDIXGAL e só poderá solicitar axuda para material:


Prazo para presentar as solicitudes


  • O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).
  • As familias que o desexen, poden comunicarlle á Secretaría do centro que lles cubran os impresos de solicitude segundo os datos que constan no centro. Será preciso achegar copia do libro de familia para actualizar os datos.

As ordes e a documentación:



LISTAXE PROVISIONAL de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2024/25

Publicada no tabolerio do centro a listaxe provisional o 25/06/2026. Plazo de reclamación ata o 28/06/2024

  • As persoas excluidas do proceso teñen ata o 28 de xuño para presentar alegacións.
  • Listaxe definitiva adxudicacion de fondo de libros. Publicada o 02/07/2024.


LISTAXE DEFINITIVA de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2024/25

Listaxe definitiva de adxudicación de lbros de texto para 3º e 4º de Ed. Primaria.

Os libros serán entregados ao alumnado o 1º día de clase do curso 2024/2025. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas.


Nos seguintes documentos pdf poderedes descargar a lista de libros para o curso 2024/2025.


 Relación de libros de texto para o curso 2024/2025 en pdf.

  • Relación de libros de texto para o curso 2024/2025. (Faranse públicos o 15 de xuño)
  • Relación de material de aula para o curso 2024/2025. (Farase pública o 30 de xuño)

BECAS CONCELLO OURENSE

concello

Dende a Concellería de Benestar Social, informámoslles que xa teñen a súa disposición, a publicación do Acordo da convocatoria pública de axudas en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2024-25, tanto no Boletín Oficial da Provincia nº 77, venres 19 de abril de 2024 como no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense (ourense.gal } sede electrónica } taboleiro de anuncios).
O prazo para presentar as solicitudes xunto coa documentación pertinente, comeza o vindeiro luns día 22 de abril de 2024 e remata o 13 de maio de 2024 (incluído).

Poderán presentala:
1. Pola sede electrónica do Concello de Ourense
2. Oficina de rexistro ubicada en Praza Maior nº 1 e no barrio da Ponte (Avda das Caldas nº 28)
Para calquer dúbida poderán poñerse en contacto con nós telefonicamente o número 988 686 437, ou de maneira presencial no Negociado de Servizos Sociais (Rúa Primaveira nº 1) en horario de maña de 09:00 a 14:00

AVISO

CONVOCATORIA.

Solicitude de praza para o curso 2024/2025

Desde o 15 de xaneiro, e ata o 5 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES As Lagoas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2024).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES As Lagoas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

 DOCUMENTOS RESERVA DE PRAZA PARA O IES AS LAGOAS

 DESCARGA

Reserva de praza. Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. ANEXO I.

Renuncia á reserva de praza no IES As Lagoas
Circular enviada ás familias

 

Desde o día 1 de marzo, e ata o 20  do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora.

O procedemento está regulado polo Decreto 13/2022 , a Orde do 21 de outubro de 2022 que o desenvolve.

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 20 de marzo. ANEXO II.

Solicitude en liña na web da Consellería de Cultura e Educación. ANEXO II.

ANEXO II

Tríptico informativo dos servizos do cole

Solicitude de admisión en Prazo Extrordinario

  • Listado de vacantes para o curso 2024/2025.
  • Lista provisional de persoas admitidas e non admitidas.
  • Lista definitiva de admitidas. 
    • Toda as solicitudes de praza de Ed. Infantil e 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP obteñen praza no centro.
    • 2º de EP pendente de resolución provisional e definitiva. (Ten baremación)

 


 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o  20 e 30 de xuño. Poden adiantar a súa formalización ao 1 de xuño na secretaría do centro.

 

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

Documentación que acompañará á matrícula.

Solicitude de lingua materna en Ed. infantil
Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

Solicitude de praza fóra de prazo de matrícula
(Entrégase en Inspección Educativa)

Solicitude praza no servizo de comedor para o curso 2023/2024

A Consellería de Educación establece 4 modalidades para o servizo de comedor:

  • Alumnado con gratuidade total.
  • Alumnado que abonará 1 € diario.
  • Alumnado que abonará 2,5 € diarios.
  • Alumnado que abonará 4,5 € diarios.

Os solicitantes de praza no comedor deberán cumprimentar o seguinte documento e presentalo asinado na Secretaría do centro.

Nos seguintes documentos podedes ver a regulamentación que está en vixencia.


As persoas admitidas, deberán presentar os impresos de solicitude de praza,

antes do 8 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut