Skip to Content

Complementarias

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Teatro de Nadal

O grupo de teatro "Los teatrillos", formado polo alumnado de extraescolares de teatro do cole, representou para todo o alumnado do centro, en dúas sesións, a obra "Unha canción de Nadal" que estiveron a preparar ao longo deste primeiro trimestre e que nos mostrou o de xeito moi divertido unha historia moi particular sobre Grinch.

Fixérono xenial!!

 

Xoves de Comadres

Tan só unha semana despois da celebración do Xoves de Compadres, as mulleres preparáronse para tomar o mando do entroido no CEIPP Manuel Sueiro, todo isto no medio dun gran ambiente festivo no que participou todo o alumnado e persoal do centro.

A celebración serviunos como ensaio para a preparación do desfile que terá lugar o venres de Entroido polas rúas do centro de Ourense.


Vídeo resumo do curso 2019/2020

Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020.

Esperamos que vos guste!!

Celebración do magosto 2018

O 8 de novembro celebramos a festa do magosto na pista polideportiva do noso centro, pois as condicións metereorolóxicas nos marcaron, como obrigatorios, os recantos a empregar.

Este ano, contamos coa presenza do alumnado do CIFP Portovelo como colaboradores especiais para animar a xornada con xogos ambientados no magosto. Pasárono xenial, tanto os nosos veciños como alumnado do noso centro.

Unha vez rematados os xogos, recuperamos forzas a base dun menú con produtos típicos desta festa: chourizos asados e preñados, empanada, lacón, bica de Trives e castañas.

Para finalizar a celebración movemos o esqueleto ao ritmo da música que lle iamos pedindo ao noso DJ.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos.

Festa do Samaín 2018

O 31 de outubro, para celebrar o día do Samaín, disfrazámonos con modelos terroríficos tratando de espantar a Jack o da lanterna e a todo aquel que se acercase ao cole.

Durante o tempo destinado ao recreo, disfrutamos dunha merenda con exquisitas viandas, elaboradas polo persoal do centro, as que daba medo comer.

Para rematar, todas as persoas que quixeron, fixeron unha incursión no túnel do medo situado na biblioteca, onde o alumnado de sexto se transformou en persoeiros do máis alá para aterrorizar a todo aquel que tivo a valentía adentrarse no túnel que nos levaba ao mundo das ánimas.

Pasáaamolo terrorificamente ben!!!


O mundo da enerxía

O 29 de outubro contamos co presenza no noso centro dunha aula móbil da Fundación Repsol para impartir varios obradoiros sobre a enerxía, a todo o alumnado do centro, dentro do programa "O mundo da enerxía".

A través de actividades interactivas, conducidas por unha educadora especializada na temática, reflexionamos e aprendemos sobre el mundo da energía:

  • Que é a enerxía.
  • A súa importacia na nosa vida.
  • A necesidade de conseguir unha enerxía sostible.
  • As aplicacións do gas e o petróleo e os seus derivados.
  • Os procesos de exploración, refino e obtención dos produtos derivados do petróleo.

 

 

Exposición de Viaqua

O alumnado de Ed. Primaria participou, o 27 de outubro, na exposición H2Oh! "Os segredos do auga da túa cidade" coa que se pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan preciado e, á súa vez, tan escaso.

Vivimos nun planeta privilexiado, e o é porque posúe unha sustancia excepcional: a auga líquida. Pero, pese a esta aparente abundancia, a auga doce, da que dependemos directamente para vivir, é un recurso limitado. A cantidade de auga presente no noso planeta non variou en millóns de anos. Cando bebemos un vaso de auga, poderiamos estar bebendo as mesmas moléculas que no seu día bebeu un dinosauro, e ata as mesmas bágoas de Nefertiti.

O progresivo crecemento da poboación mundial supón unha demanda de auga cada vez maior. Polo tanto, o reto consiste en cubrir as necesidades de provisión da poboación de forma sostible e, ao mesmo tempo, completar o ciclo devolvendo a auga ao medio natural nas mellores condicións posibles.

Reflexionar sobre os grandes desafíos tecnolóxicos, económicos e medioambientales que con leva un xesto aparentemente tan sinxelo como abrir unha billa na casa e que salga auga potable foi un dos obxectivos desta exposición, baseada en distintos elementos museográficos singulares, desde pezas reais ata interactivos multimedia de última xeración cos que aprendimos de forma lúdica.

Tamén aprendimos na mostra por que dicimos que a auga é o «elixir da vida», comprobamos cal é o noso peso en auga e o de diversos obxectos e produtos, ou a que se destina a maior parte do auga doce, entre outras cousas.

Celebración do magosto 2015

Celebración do magosto

Ao longo das dúas primeiras semanas do mes de novembro realizamos en clase diversas actividades relacionadas co magosto.

O martes, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto coa realización do asado de castañas nunha gran fogueira realizada polo profe Alfonso. Unha vez comidas as castañas pintámonos as caras e mans coa cinsa do lume. 

Para rematar, todo o alumnado participou nun circuíto de xogos con castañas.

Pasámolo xenial!!

Galería de imaxes

Festa Fin de Curso

O 18 de xuño, en horario de tarde, celebramos a Festa de Fin de curso no colexio coa asistencia da práctica totalidade do alumnado e as súas familias.

Primeiro tivo lugar a ceremonia de clausura do curso coas seguintes actividades:

  • Representación da obra de teatro "Néfele, a raíña das nubes" polo alumnado de sexto. Dita obra foi escrita pola nosa compañeira de sexto Camino Alonso e premiada no concurso "A ciencia que conta" da Fundación Barrié de la Maza. Ao final da representación fíxoselle entrega da edición do libro que inclúe a obra.
  • Varios alumnos e alumnas do centro deleitáronnos con fantásticas interpretacións intrumentais de coñecidas obras de músicais:
    • Gabriel e Estela fixeron soar melodicamente o seu piano.
    • María deleitounos cos sons da súa tuba.
    • Nuría fixo unha emotiva interpretación co seu acordeón.
  • Entre actuación e actuación fixemos entrega dos seguintes agasallos:
    • Agasallo e diploma aos mellores lectores do 3º trimestre.
    • Agasallo e diploma polo comportamento no comedor escolar.
    • Agasallo aos traballos feitos para o Equipo de Dinamización Lingüística.
    • Agasallo e parabéns para os mestres e mestras provisionais do centro.
  • Asemade, tamén fixemos entrega das orlas ao alumnado de sexto curso que remataou os seus estudos no noso centro.
  • Para clausurar o acto, toda a comunidade educativa interpretou o Himno de despedida.

 


Unha vez finalizada a ceremonia de clausura do curso tivo lugar nas instalacións deportivas do centro a Festa de Despedida do curso que organizou a ANPA Limiar do noso centro.

O alumnado e as súas familias puideron disfrutar dunha merendola especial e participar cos seus amigos e compañeiros nas diferentes actividades que lles tiñan preparadas.

FELICES VACACIÓNS para todas e todos!!
Galería de imaxes da celebración

Galería de imaxes

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut