Skip to Content

Complementarias

Visita do Reis Magos de Oriente

O último día de clase tivemos unha visita moi esperada na biblioteca do noso centro: a chegada dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartas que elaboramos coas nosas peticións de agasallos para este Nadal. É de agradecer a paciencia que tiveron connosco xa que foron atendendo amablemente, unha a unha, as nosas peticións. Como adianto, ao noso bo comportamento, agasalláronnos cuns petos de aforro preciosos que a ANPA do centro lles pediu para nós e que esperamos encher coas moedas que recibamos nestas festas.

Ao rematar a visita das súas maxestades, a ANPA organizou no comedor do centro a tradicional chocolatada de Nadal para entrar en calor e na que degustamos un exquisito chocolate acompañado de churros e doces variados.

Que bo estaba todo!!

Hai que repetilo!!

Galería de imaxes

Premiados no concurso de postais do Colexio de Economistas

Dous alumnos de Ed. Infantil do noso centro resultaron premiados no concurso de postais que organizou o Colexio de Economistas de Ourense.

Os premiados son:

  • Eva Seoane Pulgar. 1º premio da categoría de Ed. Infantil.
  • Mario Aller Fernández. Accésit na categoría de Ed. Infantil

Todos os premiados recibirán un diploma e un regalo acorde á súa idade que será entregado no centro.

Asemade, o traballo de Eva Seoane resultou gañador do concurso a nivel de todas as categorías, motivo polo que a súa postal será a escollida para felicitar as festas de Nadal 2014 do Colexio de Economistas de Ourense.

 
Eva Seoane Pulgar

Mario Aller Fernández

Concurso de postais 2014

Un ano máis, o EDL do colexio, en colaboración co Equipo de biblioteca, convocaron unha nova edición do concurso de postais con  mCotivos navideños.

Hai que destacar a elevada participación do alumnado, así como a excelente calidade da maioría dos traballos presentados que lle puxeron moi difícil ao xurado a elección das postais gañadoras. Algunhas desa postais foron as que o colexio empregou para elaborar as felicitacións de Nadal.

As mellores postais, segundo o xurado, foron as seguintes:

Saúl da Silva Pereira de Ed. Infantil
Emma de Lorenzo Viljanen EI Catalina Alonso Fuente EI
Mateo Alonso Fuente 1º Curso Nicole Viso Vázquez 2º Curso
Yago Álvarez Vega 3º Curso Estela Borrajo González 4º Curso
 
Uxía González Diz 5º Curso Noa Dasilva Pereira 6º Curso

Na seguinte galería de imaxes podedes observar todas as postais presentadas:

Galería de imaxes

Chegou o Nadal ao Sueiro

No noso cole xa se nota que as Festas do Nadal están próximas. A decoración navideña das aulas, e de moitos recantos do edificio, así o poñen de manifesto.

Este ano, hai que destacar o Belén xigante, que recrea o nacemento do neno Xesús, situado na entrada do colexio para ser observado por todas aquelas persoas que nos visiten.

Na seguinte galería de imaxes podedes observar esta ambientación:

Magosto 2014

O luns, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiple actividades, entre as que destacamos as seguintes:

  • Exposición de castañas. O EDL do centro foi o encargado de organizar esta actividade na que participou a maioría do alumnado coa axuda das súas familias. A actividade consistiu en decorar, disfrazar,.. unha ou varias castañas deixando voar a imaxinación e creatividade. O resultado obtido témolo que valorar de excelente xa que a calidade dos traballos presentados foi moi alta. Moitos parabéns para todos os participantes!

  • Xantar do magosto. Como non podía ser doutro xeito, o xantar do magosto tivo como protagonistas aos chourizos e ás castañas asadas. Os primeiros apareceron agochados dentro do miolo dun bolo de pan, tamén coñecidos como bolos preñados; das castañas encargouse o mestre de 2º curso, Alfonso, que lle deu un toque especial para que estivesen no seu punto. A directora foi a encargada de repartirnos o postre, consistente nunha degustación de diferentes tipos de bicas. É de agradecer a colaboración prestada pola ANPA do colexio, así como da empresa de catering, na elaboración do menú e na compra das bebidas.

 

  • Obradoiro de xogos populares. O profe de Ed. Física encargouse de organizar unha serie de xogos populares cos que tanto o alumnado como o profesorado o pasou xenial. De paso queimamos o exceso de calorías consumidas anteriormente.

Viva o magosto!!

Día da biblioteca 2014

O 24 de outubro, como non podía ser doutro modo, celebramos no noso centro o Día da Biblioteca dun xeito moi especial. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria representou  na biblioteca unha obra teatral que nos recordou os PDIs (Proxecto Documental Integrado) que realizamos en anos anteriores i en que vai consistir o que imos realizar este curso: "Mergúllate nun mar de números". Para a presentación do proxecto contamos coa actuación estelar da galiña Turuleta, que será unha das protagonistas deste PDI.

A continuación o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria fixo entrega á Biblioteca dun libro de poemas realizado por eles durante o tempo destinado á Hora de ler. O título do libro é "O fafarrún" i esta baseado no poema orixinal de Gloria Sánchez.

Asemade, presentaron á toda a comunidade educativa o estreno da curta que fixeron sobre o libro "O fafarrun".

Moitos parabéns para estes "pequenos" grandes artistas!! 

A mestra responsable do EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) presentounos a exposición sobre tradición oral galega, na que participou libremente a comunidade educativa, e que está nos corredores do centro para ser visitada.

Fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos respectivos titores para que o alumnado as leve as súas casas para compartir lectura, en tempo de lecer, coas súas familias.

Outra das actividades realizadas foi a entrega do carné de biblioteca aos novos lectores do centro. Tamén agasallamos con carnés de Honra aos mestres en prácticas, á auxiliar de conversa de inglés e aos donantes de agasallos para a biblioteca.


Para rematar, un dos alumnos de 5º curso de Ed. Primaria fixo unha doazón altruísta de libros para a biblioteca. Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa a seguir o mesmo exemplo con aqueles libros que sexan adecuados ás idades do noso alumnado e que quizás, por diversos motivos, non lles sexan de utilidade nas súas casas.

 

 

Galería de imaxes das actividades realizadas


 

Festival de fin de curso no Manuel Sueiro

O pasado 19 de xuño celebramos no colexio o festival de final de curso. Disfrutamos das actuacións dos nenos que interpretaron unha obra de teatro e pezas musicais. Tamén nos despedimos do alumnado de sexto e desexámoslles moita sorte na nova etapa que escomeza para eles/as.

 

Em breve poderás ver o vídeo do festival.

 

Semana das Letras Galegas: "XIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur" de Bande

Como vén sendo habitual, o noso colexio participou un ano máis nos "XIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur" de Bande. O alumnado de 4º interpretou estupendamente unha obra de teatro inédita chamada: "Unha raíña diferente". Se queres disfrutar coa súa actuación debes entrar no blogue da nosa biblioteca. Clica na foto:

 

 

 

Visita ao parque de bombeiros

O alumnado de 3º e 4º visitou o parque de bombeiros de Ourense.

Mostránonnos un vídeo, como é a roupa que empregan e resolveron moitas dúbidas. A continuación percorremos as instalacións e incluso subimos nos camións a dar unha volta.

 

Concerto didáctico

 

O 29 de abril tivemos no colexio un pequeno concerto didáctico organizado polo Conservatorio de Ourense.

Coñecemos a 3 instrumentos de vento-metal: o trombón, o bombardino e a tuba. Contáronnos un conto e escoitamos unhas cancións que nos resultaban moi coñecidas a todos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut