Skip to Content

Complementarias

Día do libro: 23 de abril

 

 

O noso lema para este día foi "Érase unha vez... o libro".

Como indica o título viaxamos ao pasado para coñecer as orixes do libro e fixemos un percorrido pola súa evolución ata chegar aos nosos días co moderno libro electrónico.

Se queres ver a actividade, ao blogue da nosa biblioteca debes ir.

 

Outras actividades feitas no colexio antes das vacacións de Semana Santa

Visita ao ISSGA

O alumnado de 3º e 4º foi ao ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ). O ISSGa leva a cabo actividades de promoción da prevención de riscos laborais en relación coas traballadoras e os traballadores.

 

 

O alumnado de 2ºciclo tivo a oportunidade de ver de preto un camión de bombeiros e mesmo  facer soar a serea.

Logo, ataviados con casco protector e chaleco reflectante, viron uns vídeos moi interesantes e fixeron un montón de preguntas.

Os pasos marcados no chan leváronos a continuación á sala de paneis , á de ordenadores, á de equipo de protección…

Foi una saída moi interesante na que reflexionaron sobre os perigos da vida cotiá, aprenderon como previlos e ata puideron montar en moto!

 

Charla sobre Primeiros Auxilios

Os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron a oportunidade de aprender unhas nocións básicas de primeiros auxilios.

 

 

 Día da POESÍA

Como tódolos anos a nosa biblioteca non pasou por alto esta data. Se queredes consultar as actividades que se realizaron entra no blogue da biblioteca.

 

Día Mundial do Consumidor

Como todos sabemos o día 15 de marzo celébrase o Día Mundial do Consumidor. No CEIP Manuel Sueiro ademais das actividades propias de cada aula, disfrutamos dunha obra de teatro entre todos.

 

 

 Xogos populares en 3º ciclo

Como tódolos anos os monitores do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo viñeron ao cole a dar unha sesión de danza e outra de xogos de mesa. Os nenos e nenas disfrutaron moito.

 

El arca de Noé

O alumnado de 1º,2º, 3º e 4º foi ao Auditorio Municipal de Ourense a ver a representación "El arca de Noé"

 

 

 

Día de fútbol

Contamos coa visita  de Marta, unha excelente xogadora de fútbol sala feminino da Ponte Ourense. Despois de preguntar tódalas dúbidas  sobre o tema, organizouse unha pequena competición.

 

 

 Visita do Club Ourense Baloncesto

Tivemos tamén a visita ao noso colexio de dous representantes do Club Ourense Baloncesto que viñeron  presentar unhas actividades para os nenos organizadas pola Asociación Basket Ourense. Logo organizáronse partidos de baloncesto entre os nenos e nenas e os xogadores de baloncesto.

 

Actividade: "Imos darlle a volta aos contos"

Os nenos e nenas de 3º e 4º identificaron os roles sexistas que os contos tradicionais asignan a mulleres e homes, reflexionaron sobre outros modelos de mulleres e homes máis acordes coa sociedade a analizaron criticamente os contos.

 

Entroido do CEIP Manuel Sueiro

O Entroido no CEIP Manuel Sueiro empezouse a preparar con días de antelación  pois o 21 de febreiro o alumnado de  1º e 2º ciclo participou nun obradoiro de comadres e compadres:

  

 

O 27 de febreiro os nenos e nenas de 3º e 4º foron á Praza Maior a correr o xoves de comadres. Como podedes ver nas fotos foi moi divertido, ademais algúns tiveron a sorte de saír na prensa e incluso na televisión.

 

  

 

 


 

Nin que decir ten que durante toda a semana  estivemos obedecendo as ordes do Meco e a Meca do entroido.


E de mentres, os traxes íanse confeccionando aos pouquiños, día tras día para lucilos finalmente na festa do entroido.

 

 

 

Para ver as fotos do entroido vai á galería de fotos ou fai clic aquí: fotos do entroido.

 

Se queres ver o vídeo do desfile de comparsas no colexio clica abaixo.



Actividade complementaria para 5º EP

Este mércores, 5 de febreiro, o alumnado de 5º tivo unha sesión de animación á lectura moi especial a cargo de Sarabela Teatro.

Día da Paz: 30 de xaneiro

O xoves, 30 de xaneiro, celebrouse o día da Paz cun acto no que participou todo o centro.Previamente cada aula traballou sobre o tema  e na data da conmemoración da morte de Gandhi xuntámonos todos/as para elaborar a "TARTA DA PAZ" que logo degustamos no recreo. Tamén cantamos unha fermosa canción,"Que vivan a PAZ e o AMOR", cunha letra ben bonita:

 

"Cantemos collidos das mans este son:

que vivan a paz e o amor!

Unámolos pobos sen odio e rencor:

que vivan a paz e o amor!

Que tódolos nenos levanten as mans.

Que tódolos nenos levanten a voz:

Máis guerras non!

Máis odios non!

Que vivan a paz e o amor!

Amigo de lonxe, que importa o lugar?

Que vivan a paz e o amor!

Xuntémonos todos, cantemos en paz:

Que vivan a paz e o amor!

Que tódolos nenos 

unamos as razas

non importa a cor.

Que vivan a paz e o amor!

Os ricos e pobres

cantando ao amor.

Que vivan a paz e o amor!

Que tódolos nenos... "

 

 

Rematou a acto co desexo de que tódolos días sexan días de PAZ, non só un.

Para ver as fotos clica na galería fotográfica.

Teatro de títeres en inglés para 4º,5º e 6º: Martin´s journey

O 27 de xaneiro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º foron ao Auditorio Municipal a ver unha representación de títeres en inglés chamada: Martin´s Journey.  A compañia que a presentaba era Titiriguiri, teatro de títeres.

 

Martin´s Journey é a historia dun porquiño que loita contra o que un día lle dixeron que tiña que ser o seu destino. É a historia da superación de Martín, o protagonista, enfréntadose aos seus propios medos e emprendendo unha viaxe na búsqueda do que máis lle gusta.


Sesións de contacontos

O día 13 de decembro os nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º ciclo gozaron moitísimo coa sesión de contacontos que Sarabela Teatro ofreceu  na biblioteca. Algúns incluso participaron!

 

 

 

 

Un nova sesión de contacontos de Sarabela Teatro chegou ao noso cole! Esta vez foi o mércores, 17 de decembro. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos pasárono estupendamente coas historias de Frederick. Mesmo quedaron en facer eles o seu propio conto.

 

 

 

 

 

 

 

Imos ao cine

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria acudiu ao Auditorio, dentro das actividades para escolares do 18º Festival de Cine, a unha xornada didáctica na que se ensinou aos alumnos e alumnas o proceso de realización dunha película en stop-motion coa mostra do making of e a proxección da película "O Apóstolo" dirixida por Fernando Cortizo que estivo presente nesta actividade.

Sinopse da película: un preso que acaba de fuxir do cárcere tentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.

Que ben o pasamos no magosto!

O día 8 de novembro celebrouse o magosto no noso colexio, o CEIP Manuel Sueiro.

Seguindo coa tradición, comemos uns bolos preñados que estaban moi ricos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A continuación, gardamos cola para probar a bica que tamén estaba moi sabrosa e... enchémonos de castañas!

 

 

Xa coa barriga ben chea, participamos nuns xogos que nos prepararon os mestres/as.


 

O centro agradece á empresa de cátering que leva o servizo de comedor os bolos preñados e a bica - que degustamos todos- non só os usuarios habituais de comedor.

Así mesmo dar as grazas á ANPA que participou activamente no magosto  e que achegou as castañas asadas.

 

PARA VER A GALERÍA DE FOTOS, CLICA AQUI.

 

Celebramos o magosto

O venres, 8 de novembro, celebraremos o magosto no colexio. Como marca a tradición xuntarémonos todos no patio e degustaremos uns bolos preñados, unha rica bica e como non: moitas castañas. Pasarémolo moi ben porque para amenizar a xornada haberá xogos populares. Nuns días poderedes ver na galería de fotos como transcurriu a xornada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut