Skip to Content

Nadal

Concurso de postais de Nadal

Anunciando a Postal gañadora do Concurso EDL

Nun ambiente cheo de espírito navideño, o EDL do noso centro educativo organizou un concurso de postais de Nadal, invitando ao alumnado a expresar a súa creatividade e a celebrar as vacacións dun xeito único. O resultado foi unha impresionante mostra de talento artístico e festivo.

O certame, que buscaba non só fomentar a creatividade senón tamén promover o sentido de comunidade, contou cunha gran participación do alumnado. Desde os máis pequenos ata os maiores, cada postal foi unha expresión única dos desexos e a alegría característicos da estación.

Despois da votación realizada por toda a comunidade educativa, a postal gañadora, creada polo alumnado de 6º de Ed. Infantil, foi elixida para enviar as felicitacións de Nadal en nome de todo o colexio. Entre as outras destacou a creatividade, o detalle e a emotiva mensaxe da obra.

O EDL expresou o seu agradecemento a todos os participantes por aportar a súa arte e entusiasmo, facendo deste concurso un éxito e agasallou a todos os nenos e nenas participantes.

Que este Nadal e o ano que vén nos aporten máis oportunidades para celebrar, aprender e crecer xuntos como comunidade.

Boas festas a todos e todas!

Chocolatada de despedida

Peche do 1º trimestre con Sabor a Chocolate e Diversión

Un ano máis, o último día de clases do trimestre e, pola súa banda, do ano 2023, foi unha festa de ledicia e sabores no noso colexio, grazas á iniciativa AFA Limiar. Co obxectivo de despedir este período educativo cun toque doce e festivo, todos os membros da comunidade educativa foron convidados a gozar dunha deliciosa degustación de chocolate con churros no comedor.

O ambiente festivo impregnou o colexio mentres o seductor aroma do chocolate e dos churros recén preparados encheron o aire, creando unha sensación acolledora e festiva que se estendeu a todos os presentes.

A galería de imaxes recolle a esencia da xornada: risas, sorrisos e a pura expresión de felicidade nos rostros do noso alumnado. Dende os máis pequenos ata os maiores, todos se mergullou na experiencia, deleitándose co exquisito sabor do chocolate quente e dos churros.

A AFA Limiar, como sempre, demostrou o seu compromiso coa creación de momentos especiais que reforzan os lazos comunitarios e xeran recordos inesquecibles. Esta iniciativa puxo o peche do cuadrimestre.

A dirección e todo o persoal educativo agradecen a AFA Limiar a súa dedicación e esforzo para facer deste evento un peche inesquecible. O chocolate con churros non só alimentaba o corpo senón tamén o espírito, lembrando que a unidade e a festa son fundamentais na nosa comunidade educativa.

O colexio despide este cuadrimestre e o ano con agradecemento polos momentos compartidos, de crecemento académico e persoal, e coa certeza de que o 2024 nos traerá novas oportunidades para seguir construíndo un entorno educativo enriquecedor e cheo de alegría.

Boas festas e próspero ano novo para toda a comunidade educativa!!

Campaña de recollida de xoguetes

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro colabora con Protección Civil de Ourense na Campaña de Nadal 2023 na que poderedes doar xoguetes ou alimentos na caixa que se atopa na entrada do colexio, entregando os alimentos recollidos no Banco de Alimentos e os xoguetes recollidos doaranse aquelas asociacións que os requiran a Protección Civil. A campaña de recollida de xoguetes e alimentos do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro iníciase o luns 27 de novembro e remata o xoves 21 de decembro de 2023.

Chocolatada de Nadal 2022

O último día de clase, para despedir o trimestre e o ano 2022, a AFA Limiar do noso cole convidou a todos os membros da comunidade educativa á degustación de chocolate con churros no comedor.

Non hai máis que ver a galería de imaxes para ver o ben que o pasaron os nosos alumnos e alumnas desta actividade.

Obradoiros de Nadal da AFA

O 22 de decembro, tres membros da AFA Limiar desprazáronse ao noso centro para realizar diferentes actividades relacionadas coas ciencias da natureza nas que o sol e as estrelas xogaron un papel central.

Lucía (nai de Xan de 4º de Ed. Infantil), Rubén (pai de Úrsula de 4º de Ed. Infantil) e David (pai de Zoe de 1º de Ed. Primaria e Maia de 3º de Ed. Primaria) realizaron tres obradoiros (1º obradoiro co alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria; 2º obradoiro co alumnado de Ed. Infantil e un 3º obradoiro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) no que  sol e as estrelas foros os eixos das diversas historias que lles permitiron descubrir diferentes elementos do noso universo.

A actividade foi xenial... xa estamos agardando a que regresen outra vez a contarnos máis cousas extraordinarias do universo. 

Boneco de Neve

O alumnado de 4º de Ed. Primariarealizou uns bonecos de neve para agasallar as súas familias e decorar nas súas casas. Se premes na imaxe superior poderás visionar os nosos traballos.

Nadal 2020

Este curso, por mor do COVID, non foi posible realizar o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas, como viña sendo tradición nos derradeiros anos... por iso, todo o alumnado e profesorado, decidiu realizar unha serie de actividades interpretativas para que a nosa comunidade educativa non se quedara sen actuacións de Nadal... esperemos que sexan do voso agrado.

Nas seguintes ligazóns podedes visionar os traballos realizados polo alumnado do cole.

Actuacións:

Bo Nadal!

Premiados nas postais de Nadal

Este ano, no concurso de postais de Nadal realizado polo EDL do cole, resultaron escollidas, para felicitar as festas desde o colexio, as realizadas por Pablo e Aldara.

 

Como en anos anteriores, o alumnado de Ed. Infantil participou no concurso que convocou o Colexio de economistas de Ourense. O alumno Ían do cole obtivo un accesit polo seu traballo.

Visita da Apalpadora

O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro.

Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeira e como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiña aos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan.

Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.

 

 

Festival de Nadal

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.

Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.

O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut