O 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas a cuxo equipo directivo e persoal laboral queremos agradecer as atencións que desinteresadamente tiveron connosco.
Tamén é de agradecer a gran afluencia de públicoque tiveron os nosos alumnos e alumnas así como o seu comportamento ao longo de toda a función. Esperamos que nos perdoaran os posibles erros cometidos no desenvolvemento da mesma.
Nas seguintes ligazón tendes acceso ás diferentes actuacións.
O xoves 17 de decembro celebramos o Festival de Nadal ás 17:30 horas no Salón de Actos do IES das Lagoas. Desde aquí agradecemos a todos os asistentes a súa participación nesta festa que con tanto esforzo e ilusión prepararon os nenos e nenas do cole para as súas familias e amigos.
Dous alumnos do noso centro resultaron premiados no Concurso de postais de Nadal que organizou o Colexio de Economistas de Ourense no que participou alumnado que cursan estudos en infantil e primeiro e segundo ciclo de educación primaria en distintos colexios da provincia de Ourense.
O traballo de Iván González resultou gañador do concurso e a súa postal foi empregada para felicitar o ano polo Colexio de Economistas.
O último día de clase deste primeiro trimestre fixemos entrega dos seguintes premios e diplomas na biblioteca do colexio.
Entrega de diploma aos mellores lectores do trimestre.
Entrega de diploma de a todo o alumnado participante no concurso de postais que organizou o EDL do centro.
Entrega de diplomas aos premiados no II concurso de postais de Nadal organizado polo Colexio de Economistas.
Como remate a esta sesión de recoñecementos fixemos un sorteo do material achegado pola Unión Deportiva Ourensena nas xornada deportiva que organizaron no noso centro no mes de decembro.
Asemade, realizamos unha sesión fotográfica de todo o alumnado ante ostraballos de Nadal que elaboramos ao longo do mes de decembro. Dito reportaxe foi publicado no Especial de Nadal do Xornal Escolar de La Región.
Na seguinte galería podedes atopar todas as imaxes desta actividade.
O 18 de decembro, ás 18 horas, celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas de Ourense ante un público entusiasta formado fundamentalmente pola nosa comunidade educativa e familiares achegados do alumnado.
Antes de nada, resaltar que é de agradecer o bo comportamento de todos os espectadores, mantido ao longo da duración de todo o espectáculo, e sobre todo pola comprensión mostrada ante aqueles pequenos erros, achacados ao directo case todos eles, que puidemos ter.
Non debemos esquecernos de dar as grazas a todos os membros do Equipo directivo, e ao persoal laboral, do IES As Lagoas pola súa colaboración connosco para poder levar a bo término este Festival.
Se premedes nas seguintes ligazóns accederedes aos vídeos das diferentes representacións que tiveron lugar no Festival:
O último día de clase tivemos unha visita moi esperada na biblioteca do noso centro: a chegada dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartasque elaboramos coas nosas peticións de agasallos para este Nadal. É de agradecer a paciencia que tiveron connosco xa que foron atendendo amablemente, unha a unha, as nosas peticións. Como adianto, ao noso bo comportamento, agasalláronnos cuns petos de aforro preciosos que a ANPA do centro lles pediu para nós e que esperamos encher coas moedas que recibamos nestas festas.
Ao rematar a visita das súas maxestades, a ANPA organizou no comedor do centro a tradicional chocolatada de Nadal para entrar en calor e na que degustamos un exquisito chocolate acompañado de churros e doces variados.
Dous alumnos de Ed. Infantil do noso centro resultaron premiados no concurso de postais que organizou o Colexio de Economistas de Ourense.
Os premiados son:
Eva Seoane Pulgar. 1º premio da categoría de Ed. Infantil.
Mario Aller Fernández. Accésit na categoría de Ed. Infantil
Todos os premiados recibirán un diploma e un regalo acorde á súa idade que será entregado no centro.
Asemade, o traballo de Eva Seoane resultou gañador do concurso a nivel de todas as categorías, motivo polo que a súa postal será a escollida para felicitar as festas de Nadal 2014 do Colexio de Economistas de Ourense.
Un ano máis, o EDL do colexio, en colaboración co Equipo de biblioteca, convocaron unha nova edición do concurso de postais con mCotivos navideños.
Hai que destacar a elevada participación do alumnado, así como a excelente calidade da maioría dos traballos presentados que lle puxeron moi difícil ao xurado a elección das postais gañadoras. Algunhas desa postais foron as que o colexio empregou para elaborar as felicitacións de Nadal.
As mellores postais, segundo o xurado, foron as seguintes:
Saúl da Silva Pereira de Ed. Infantil
Emma de Lorenzo Viljanen EI
Catalina Alonso Fuente EI
Mateo Alonso Fuente 1º Curso
Nicole Viso Vázquez 2º Curso
Yago Álvarez Vega 3º Curso
Estela Borrajo González 4º Curso
Uxía González Diz 5º Curso
Noa Dasilva Pereira 6º Curso
Na seguinte galería de imaxes podedes observar todas as postais presentadas:
No noso cole xa se nota que as Festas do Nadal están próximas. A decoración navideña das aulas, e de moitos recantos do edificio, así o poñen de manifesto.
Este ano, hai que destacar o Belén xigante, que recrea o nacemento do neno Xesús, situado na entrada do colexio para ser observado por todas aquelas persoas que nos visiten.
Na seguinte galería de imaxes podedes observar esta ambientación: