O 26 de outubro de 2023, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na charla “O peto das ánimas” na que Arturo explicoulles ao alumnado as características dos petos das ánimas, os cruceiros, así como as lendas relacionadas coa Santa Compaña.
O 8 de marzo de 2023 conmemoramos o Día da Muller no noso centro coa realización de diversas actividades:
Exposición na biblioteca dos fondos relacionados coa temática.
Realización de marcapáxinas para o Día da Muller.
Relatorio do alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed, Primaria sobre mulleres que destacaron ao largo da historia en diversos campos.
Contacontos "O país dos mandóns"de Paloma Rodríguez e Cristina Justo, realizado polo alumnado de 6º de Ed. Primaria coa colaboración dos de 1º e 2º de EP.
Os nenos e nenas de 1º como estábamos estudando os Polos da Terra creamos neve artificial.
Para realizaro Polo Norte empregamos bicarbonato sódico e un pouco de auga. Para o Polo Sur usamos cueiros de bebé aos que lle quitamos o polímero que teñen dentro e o mesturamos con auga.
Para completar o experimento, fixemos con pasta de modelar algúns dos animais que habitan nestas zonas da Terra.
O 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, chegou a praza do Trigo, situada enfronte da Catedral de Ourense, para realizar a actividade que leva por título “O segredo dos franciscanos”.
A actividade comenzou cunha visita inesperada, na que Xoanaa lavandeira, contounos que estaba a punto de casar con Manolo, o carniceiro, o cal tiña a súa tenda na rúa Dos Fornos, pero precisaba arranxar co franciscano para casar. Ao pouco apareceu o franciscano Frei Xan o Farrapeiro o arquiveiro do convento dos Franciscanos.
Frei Xan e Xoana conducíronnos a través das diferentes lugares da cidade na que tiveron influencia os franciscanos como son a Praza do Correxidor e a actual Praza da Estrela para rematar chegando ao actual arquivo histórico antigo convento franciscano.
A ultima das actividades consistiu nunha busca do tesouro na que os capiteis e as columnas do claustro de San Francisco foron o eixo central.
O 12 de novembro celebramos no polideportivo do centro a festa do magosto.
Este ano, disfrutamos do menú de outono que nos serviu e preparou o profesorado do noso centro: bolos preñados, empanada, bicae as protagonistas da festa, as castañas, asadas con moita paciencia polo profe Millán.
Unha vez rematada a merenda, a mestra de educación física organizaou dez estacións de xogos populares polos que fomos pasando todos os cursos do cole.
Para rematar, bailamose realizamos actividades de percusión.
Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF.
Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida.
Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe.
Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEFen Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco.