Skip to Content

Actividades

O fafarrún

O alumnado de 1º curso de Ed. Primaria estivo traballando na "Hora de ler" o poema de Gloria Sánchez titulado "O fafarrún", dentro do PDI, que neste curso se está a desenvolver no centro, titulado "Mergúllate nun mar de números" e en relación á temática central que se propón desde a Asesoria de Bibliotecas aos centros do PLAMBE: "Biblioteca escolar... matemático".

Para ilustrar o poema, o alumnado utilizou imaxes de números da web www.escuelaenlanube.com que decorou segundo a súa imaxinación.

Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado...

Imaxes en pdf para traballar o poema:

Día do libro: 23 de abril

 

 

O noso lema para este día foi "Érase unha vez... o libro".

Como indica o título viaxamos ao pasado para coñecer as orixes do libro e fixemos un percorrido pola súa evolución ata chegar aos nosos días co moderno libro electrónico.

Se queres ver a actividade, ao blogue da nosa biblioteca debes ir.

 

Imos ao cine

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria acudiu ao Auditorio, dentro das actividades para escolares do 18º Festival de Cine, a unha xornada didáctica na que se ensinou aos alumnos e alumnas o proceso de realización dunha película en stop-motion coa mostra do making of e a proxección da película "O Apóstolo" dirixida por Fernando Cortizo que estivo presente nesta actividade.

Sinopse da película: un preso que acaba de fuxir do cárcere tentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.

Que ben o pasamos no magosto!

O día 8 de novembro celebrouse o magosto no noso colexio, o CEIP Manuel Sueiro.

Seguindo coa tradición, comemos uns bolos preñados que estaban moi ricos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A continuación, gardamos cola para probar a bica que tamén estaba moi sabrosa e... enchémonos de castañas!

 

 

Xa coa barriga ben chea, participamos nuns xogos que nos prepararon os mestres/as.


 

O centro agradece á empresa de cátering que leva o servizo de comedor os bolos preñados e a bica - que degustamos todos- non só os usuarios habituais de comedor.

Así mesmo dar as grazas á ANPA que participou activamente no magosto  e que achegou as castañas asadas.

 

PARA VER A GALERÍA DE FOTOS, CLICA AQUI.

 

Celebramos o magosto

O venres, 8 de novembro, celebraremos o magosto no colexio. Como marca a tradición xuntarémonos todos no patio e degustaremos uns bolos preñados, unha rica bica e como non: moitas castañas. Pasarémolo moi ben porque para amenizar a xornada haberá xogos populares. Nuns días poderedes ver na galería de fotos como transcurriu a xornada.

 

ENTROIDO 2013

      O noso ENTROIDO 2013, estivo vinculado ao PDI que traballamos neste curso dende a BIBLIOTECA do Centro: "HÁBITOS SAUDABLES".

      Así pois acompañáronnos unhas riquísimas FRESAS E FRESÓNS, (recién chegadas de Palos de Moguer-Huelva) da man dos máis cativos (EI). Con elas fixeron uns postres exquisitos os nosos COCIÑEIROS procedentes da escola de hostelería creada no 1º ciclo de primaria a bordo do noso barco "SUEIRIÑO II", que navegando polo mar da SAÚDE, atopáronse cuns intrépidos PIRATAS (2º CICLO), que ademais dun fermoso cofre repleto de tesouros saudables, loitaron ferozmente con espadas-cepillos dentes: Á ABORDAXE AMIGOS!!.

      Cunha gran variedade de FROITAS FRESCAS (5ºP) enchéronse as bodegas do barco: uvas, laranxas, plátanos, melóns, sandías, peras...

      Por último, un nutrido grupo de DEPORTISTAS, que tamén formaban parte da tripulación, invitaron á práctica do EXERCICIO FÍSICO a todos os integrantes do navío: FROITAS, COCIÑEIROS E PIRATAS.

 

DISFRUTADE CON ESTA MOSTRA GRÁFICA DA NOSA POSTA EN ESCENA

 

COÑECEMOS IN SITU O CONXUNTO ARQUEOLÓXICO DE SANTOMÉ

Os neno/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, fixemos un percorrido detallado polo castro de SANTOMÉ. Vimos como eran as casas dos antigos celtas, e, puidémoslas comparar cunha vivenda romana, situada no mesmo enclave. QUE AVANZADOS OS ROMANOS!!. O seu sistema de calefacción deixounos abraiados.  Ainda que o lugar era moi escarpado, pasámolo en grande.

MAGOSTO 2011

Como é costume nestas datas, celebramos no cole a tradicional FESTA DO MAGOSTO. Houbo unha gran FOGATA na que se asaron as CASTAÑAS. Tamén comemos BOLOS PREÑADOS, que deixaron pegadas vermellas nas nosas roupas.

Gustounos moito pintarnos uns a outros cos carbóns, así quedamos irrecoñecibles. Que divertido!!.

Tamén houbo no polideportivo un CIRCUITO DE XOGOS TRADICIONAIS, no que participaron todos os cursos. A continuación deleitádevos coas fotos do momento. As imaxes falan por si solas.

GRACIAS NENOS/AS POLA VOSA LEDICIA E PARTICIPACIÓN!!.

GRACIAS A TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES QUE PARTICIPOU NA PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO ACTO!

XVI ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR 2011 EN BANDE

OS NENOS/AS DE 1º CICLO DE PRIMARIA PARTICIPARON NOS ENCONTROS DE TEATRO DE BANDE CON UNHA OBRA INÉDITA TITULADA:

"O AVOGADO DE PLEITOS POBRES". COMO PODEDES IMAXINAR O NIVEL EMOTIVO FOI MOI GRANDE, PERO O ÉXITO TOTAL.

NORABOA AOS ACTORES E POR SUPOSTO ÁS PROFES CONHI E FLORA, DIRECTORA E COLABORADORA RESPECTIVAMENTE.

ENTROIDO 2011

Distribuir contido


by Dr. Radut