Skip to Content

Actividades

Celebración do magosto 2020

O martes 10 de novembro celebramos no noso cole a festa do magosto dun xeito distinto ao de anos anteriores debido ás esixencias que nos impón o protocolo COVID.

O alumnado de 6º volveu a agasallarnos cun contacontos sobre a historia de "A castaña que rebentou de risa" da que tivo que realizar tres pases para dar cumprimento as medidas de seguridade na sala de usos múltiples.

Unha vez rematada a representación do contacontos realizamos un photocall sobre o magosto no que participou todo o alumnado do centro.

Posteriorme, saímos ao patio a degustar unha merenda magosteira na que o protagonismo foi asumido polos boliños preñados de chourizo. Nesta ocasión as castañas foron as grandes ausentes ao faltarnos o fogueiro maior do cole.

Unha vez rematada a degustación das viandas, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria recitounos varias coplas da antoloxía poética que realizaron ao longo da semana, nas súas clases, nun obradoiro de escritura.

Como colofón á celebración desta festa, realizamos catro coreografías musicais: dúas de ritmo e dúas de baile, iso si, gardando as distancias de seguridade establecidas.

COPLAS DO MAGOSTO

COPLAS DO MAGOSTO DE 4º Ed. PRIMARIA

We Will Rock You

PANTEIRA ROSA

MAGOSTO 13 LÚAS

CHUCHUWA

Viaxe á Guarda

O 12 de xuño todo o alumnado do centro viaxou á Guarda para coñecer unha das vilas galegas con máis pegada histórica.

A viaxe fixémola en autobús. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño.

En primeiro lugar visitamos o castro de Santa Trega, é un castro galaico , sitio arqueolóxico que se atopa na contorna do monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, un lugar privilexiado dende o que se domina toda a desembocadura do Miño. Pertenence á cultura castrexa, e é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. 

No castro aprendemos a facer pegadas prehistóricas e lume con pedras, visitamos a citania para ver como eran as vivendas dos castrexos e coñecemos os diferentes tipos de construccións que realizaban.

A subida e a baixada foi TERRORÍFICA!

Comemos na praia de Camposancos, no Muiño, debaixo dun estupendo e fresquiño pinar, comemos a toda presa xa que despois tocaba ir a PRAIA, VIVA!

Na praia houbo baños, carreiras, paseantes, e vixiantes, e todos pasamos un momento estupendo.

Ao rematar na praia, voltamos a casa a descansar.

Visita ao supermercado Gadis

O xoves 2 de maio, todo o alumnado e o profesorado do colexio fomos de visita ao supermercado Gadis, participamos dentro do programa alimentes (Alimentes é a aposta educativa, de Aligera tu vida e Gadis), onde se pretende fomentar os hábitos de consumo responsable e alimentación saudable dos máis pequenos a través de materiais didácticos adaptados ao currículo oficial de 2º Ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e de Castela e León e unha visita posterior ao super.

No supermercado explicáronnos as diferentes partes da pirámide de alimentos e fixemos unha ronda polas diferentes seccións do supermercado, a froitería, a panadería, a peixería, ...

Para rematar regaláronnos unhas bolsas ecolóxicas cun almorzo saludable (leite, mazá e auga), e para os que non tomamos leite tiñan almendoas e paramos no parque para descansar e retomar enerxias para o resto da xornada.

Foi estupendo!!!!

Día da Paz 2019

Ao longo da semana da Paz, realizamos durante a Hora de ler diversas actividades para conmemorar dita data.

Por que morren tantos peixes?

 

POR QUE MORREN TANTOS PEIXES?

Na aula de 3º de Ed. Primaria, fixemos as seguintes preguntas Que?, Quen?. Como? e Por que?

Estas foron as preguntas que deron inicio ao noso traballo no PDI. No mural que representaba o noso proxecto reflectimos de forma gráfica a resposta ás mesmas.

Estudamos  neste curso a contaminación de rios e mares e tratamos de dar explicación a estas, e outras preguntas. Sabemos o  que podemos facer individualmente, nas nas nosas casas, para evitala.

Estivo presentes en  todalas areas do curriculo de 3º de primaria  e nas distintas actividades  levadas  a cabo.

Partimos dos coñecementos previos do alumando e acadamos os seguintes obxectivos:

  • Coñecemos os compoñentes que contaminan os rios e mares.
  • Distinguimos a contaminación natural da provocada polo ser humano.
  • Coñecemos algunhas consecuencias da contaminación nos animais e nas plantas.
  • Coñecemos algunhas consecuencias da contaminación no ser humano.
  • Recoñecemos  a importancia da conservación dos ecosistemas.
  • Buscamos solucións para reducir ou evitar a contaminación
  • Coñecemos as repercusións da contaminación na nosa saúde.

Ao longo do curso, as principais actividades realizadas foron as seguintes:

  • Realización dun mural representando os efectos da contaminación de mares e ríos.
  • No mes de febreiro traballamos a canción de Paco Nogueiras e cantámola no desfile de Entroido do colexio.
  • Obra de teatro inédita, "Ondiñas que veñen e van", creada pola nosa titora, coa que participamos nos XXIII Encontros de teatro en Bande e que tamén representamos na biblioteca do noso centro.

Concurso logotipo para o colexio

O CEIP Manuel Sueiro non dispón actualmente dun logotipo que o identifique dun modo fácil, integrador, inequívoco e actual. O obxectivo deste concurso é a elaboración dun logotipo que ofreza unha nova imaxe do centro.

O logotipo será destinado a ser a imaxe representativa do CEIP Manuel Sueiro, en toda a difusión de información sobre o mesmo, a través de súa páxina web e outros documentos.

Poderán participar todos os membros da comunidade educativa cun máximo de dous traballos. Estes deberán ser orixinais e inéditos.

O prazo de presentación remata o 27 de xaneiro de 2018.

O responsable do logotipo gañador recibirá unha tablet como agasaio.

Bases do concurso.

Anímate e participa!!

VIII xornadas de bibliotecas escolares

O equipo de biblioteca do noso centro participou nas VIII xornadas de bibliotecas escolares que se desenvolveron no Pazo de Congresos de Santiagp de Compostela cunha ponencia titulada: 

 "Aumentando a realidade, diminuíndo diferenzas"

 

Vídeo de resumo do ano 2016/2017

Vídeo resumo do que aconteceu no CEIP Manuel Sueiro no curso 2016/2017.

Viaxe a Monforte

O 31 de maio todo o alumnado do centro viaxou a Monforte para coñecer unha das vilas galegas polas que pasa o Camiño de Inverno, como ben sabe o alumnado de 3º de Ed. Primaria, grazas aos cales puidemos disfrutar desta visita cultura.

A viaxe fixémola en tren. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño e do Sil.

En Morforte esperábanos un membro da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra que, amablemente, nos fixo de guía na vila. Asemade, agasallou ao centro con varios exemplares do Camiño de Inverno a Santiago.

Subimos ata o Castelo de Monforte, e puidemos contemplar de cerca a embergadura da Torre do Homenaxe que se conserva en bo estado. Desde o outeiro no que se atopa, contemplamos as vistas espectaculares sobre o val do río Cabe. Neste lugar, tamén visitamos o claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino que agora foi transformado nun hotel de luxo.

Ao rematar a visita a este conxunto monumental dos condes de Lemos, baixamos ata o parque dos Escolapios, lugar no que aproveitamos para xantar e descansar.

De regreso ata a estación fomos polo paque que hai na ribeira do río Cabe.

Hai que repetir!!

 

 

Día da árbore

Ao longo da semana do 20 ao 24 de marzo o alumnado de 2º, 3º e 6º de Ed. Primaria participou na III Semana Escolar da Árbore e da Auga que promoveu a Deputación de Ourense.

Durante toda a semana, na hora de ler, traballamos o conto de "O amor eterno de Rozabales" e realizamos tres murais sobre a árbore e o conto, onde o protagonistas foron os castiñeiros.

O último día, o alumnado participou na plantación dun castiñeiro, no patio do cole, ao que bautizamos co nome de "Croqueiro" despois dunha axustada victoria entre máis dunha ducia de nomes candidatos.

Para rematar, entonamos o Himno de Ourense de Manuel de Dios.

 Himno de Ourense

Distribuir contido


by Dr. Radut