O 29 de abril tivemos no colexio un pequeno concerto didáctico organizado polo Conservatorio de Ourense.
Coñecemos a 3 instrumentos de vento-metal: o trombón, o bombardino e a tuba. Contáronnos un conto e escoitamos unhas cancións que nos resultaban moi coñecidas a todos/as.
O noso ENTROIDO 2013, estivo vinculado ao PDI que traballamos neste curso dende a BIBLIOTECA do Centro: "HÁBITOS SAUDABLES".
Así pois acompañáronnos unhas riquísimas FRESAS E FRESÓNS, (recién chegadas de Palos de Moguer-Huelva) da man dos máis cativos (EI). Con elas fixeron uns postres exquisitos os nosos COCIÑEIROS procedentes da escola de hostelería creada no 1º ciclo de primaria a bordo do noso barco "SUEIRIÑO II", que navegando polo mar da SAÚDE, atopáronse cuns intrépidos PIRATAS (2º CICLO), que ademais dun fermoso cofre repleto de tesouros saudables, loitaron ferozmente conespadas-cepillos dentes:Á ABORDAXE AMIGOS!!.
Cunha gran variedade de FROITAS FRESCAS (5ºP) enchéronse as bodegas do barco: uvas, laranxas, plátanos, melóns, sandías, peras...
Por último, un nutrido grupo de DEPORTISTAS, que tamén formaban parte da tripulación, invitaron á práctica do EXERCICIO FÍSICO a todos os integrantes do navío: FROITAS, COCIÑEIROS E PIRATAS.
DISFRUTADE CON ESTA MOSTRA GRÁFICA DA NOSA POSTA EN ESCENA
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO COLE, FACENDO UN FIRME PROPÓSITO DE NON VIOLENCIA. UN NENO LEU UN MANIFESTO DE PAZ ENTRAÑABLE QUE REMATOU CON 1 MINUTO DE SILENCIO
A CONTINUACIÓN TODOS CANTAMOS A CANCIÓN "SOMOS AMIGOS".
Adornos navideños, o BELÉN, panxoliñas, sentimos o NADAL por todas as bandas. Os nenos/as brincan con emoción i entusiasmo ante tantos estímulos navideños ao seu arredor.
Gracias por transmitirnos a vosa ledicia, por permitir que os maiores nos sintamos convosco un pouco MENIÑOS.
DENDE EIQUÍ DESEXAMOS MOITO AMOR PARA OS QUE VISITADES ESTA PÁXINA. BO NADAL A TODOS/AS!!
E LEMBRADE QUE NOS VEMOS Á VOLTA DAS VACACIÓNS QUE SERÁ O MARTES, 8 DE XANEIRO DO 2013. FELICES FESTAS A TODOS!!
Os neno/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, fixemos un percorrido detallado polo castro de SANTOMÉ. Vimos como eran as casas dos antigos celtas, e, puidémoslas comparar cunha vivenda romana, situada no mesmo enclave. QUE AVANZADOS OS ROMANOS!!. O seu sistema de calefacción deixounos abraiados. Ainda que o lugar era moi escarpado, pasámolo en grande.