Skip to Content

Escritores

Homenaxe a Pura Vázquez

O 22 de maio participamos na homenaxe a escritora ourensán Pura Vázquez que se celebrou na Ínsua dos poetas de Madarnás en Carballiño.

Luís Tosar foi o encargado de presentar ás autoridades alí presentes, entre as que destacaban o Secretario Xeral de Política lingüística, o Presidente da Deputación, o Alcalde do Carballiño, a Xefa Territorial da Consellería de Educación... entre outros.

Da presentación das actividades do alumnado encargáronse dúas alumnas do noso centro.

O acto deu comezo coa presentación das autoridades, na que todos eles fixeron mención á vida e obra da mestra Pura Vázquez.

O noso centro foi o encargado da presentación do acto. Durante as semanas previas á homenaxe, pescudamos información en internet e nos fondos da nosa biblioteca para elaborar un pequeno resumo sobre a súa vida e obra. Dito resumo foi co que explicamos aos presentes no acto a súa vida e obra.

O alumnado participante, dos sete colexios da provincia de Ourense alí presentes, realizaron as seguintes actividades:

  • Lectura dun resumo da vida e obra de Pura Vázquez.
  • Recitaxe de poemas de Pura Vázquez: "O amante" e "El caracol".
  • Poema dedicado por unha alumna a Pura Vázquez.
  • Realización dun poema ao azar con versos da obra de Pura Vázquez.
  • Dramatización do poema "Visitas ao bosco".
  • Interpretación de varios poemas de Pura Vázquez polo grupo musical "A Roda".
  • Foto final diante das esculturas das irmáns Pura Vázquez e Dora Vázquez.

Distribuir contido


by Dr. Radut