Xestión e org.

Novos colaboradores/as na biblioteca

Novo alumnado colaborador na biblioteca!

A biblioteca do colexio enorgullécese en presentar aos seus novos colaboradores e colaboradoras de sexto curso de educación primaria. Estes alumnos e alumnas demostraron un gran interese pola lectura e o bo funcionamento da biblioteca, e comprometéronse a axudar en diversas tarefas como:

  • Ordenar e clasificar libros.
  • Atender ás persoas usuarias e axudalas a encontrar os libros que buscan.
  • Participar en actividades de animación á lectura e formación de usuarios/as.
  • Colaborar na organización de eventos e obradoiros.

Para recoñecer o seu compromiso, o alumnado colaborador recibiu un novo distintivo: un chaleco co logo do colexio e o da mascota da biblioteca, Superleo. Este chaleco identifícaos como persoas colaboradoras e permíteos ser facilmente recoñecidos polas persoas usuarias da biblioteca.

Desde o equipo de biblioteca estamos moi contentos coa colaboración deste alumnado. O seu entusiasmo e dedicación son un gran exemplo para o resto do alumnado.

Os alumnos e alumnas colaboradoras están moi ilusionadas coa súa nova responsabilidade. Encántalles poder axudar á xente a encontrar libros que lles gusten.

A biblioteca do colexio anima a todo o alumnado que estea interesado en colaborar a que se poñan en contacto coa responsable da biblioteca.

Esperamos contar con moitos máis colaboradores no futuro.

BORRADORES PLANS E PROXECTOS

 

Ante o cambio normativo producido pola publicación da Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. (BOE. 30/12/2020) e polos cambios organizativos que o centro educativo vai adecuando ano a ano e preciso unha modificación e adaptación dos plans e programas organizativos que permitan alcanzar os obxectivos do proxecto de dirección.

 

Establecemos os documento que a día de hoxe foron actualizados publicándoos na páxina web para que toda a comunidade educativa os poida revisar e facer as achegas que consideren necesarias. Os plans e proxectos levaranse a reunión ordinaria do Consello Escolar o martes 30 de xaneiro de 2024

 

 

Acollida de Tesouros Esquecidos na Biblioteca Escolar


Un ano máis, o equipo da biblioteca levou a cabo unha actividade especial destinada a rescatar tesouros literarios esquecidos na nosa biblioteca. Baixo o suxestivo título de "Son un libro esquecido e quero ser acollido", a biblioteca abriu as súas portas para redescubrir libros depurados das súas coleccións que, con agarimo, buscan atopar un novo fogar no corazón dos lectores.

A actividade, que tivo lugar nas dúas últimas semanas do 1º trimestre, e contou coa participación entusiasta da nosa comunidade educativa, que revisaron un mundo cheos de historias que se foron descartando co paso do tempo. Cada libro ten a súa propia historia e, ás veces, hai que darlles unha segunda oportunidade.

É emocionante ver como o alumnado se mergulla nestes libros esquecidos. Cada un ten o seu encanto e aporta algo especial ao mundo da literatura.

A actividade non só reavivou o interese pola lectura, senón que tamén serviu para lembrar a importancia de preservar a diversidade de voces e perspectivas na biblioteca escolar. Os libros expurgados, en lugar de quedar relegados ao esquecemento, atoparon unha nova oportunidade de ser amados e apreciados polas xeracións vindeiras.

Todo o alumnado se animou a levar estes libros rescatados para casa, coa esperanza de que se convertan en fontes de inspiración e entretemento. Con esta actividade pretendemos, desde a biblioteca escolar, ademais de dar unha nova vida aos libros expurgados, reforzar a nosa aposta pola diversidade literaria e o fomento da lectura como porta a mundos inexplorados.

Campaña crecemento saudable

A Educación  na saúde dos ourensás é a preocupación constante da Concellería de Educación, que conta coa colaboración da fundación SHE que preside o prestixioso cardiólogo Valentín Fuster.

Un dos nosos obxectivos é darlle continuidade ao seu proxecto Saúde Integral SI! apostando por unha alimentación saudable, para que os nosos nenos/as adquiran bos hábitos desde as aulas, que leven ás súas casas, e que lles axuden a estar mais sans no futuro.

Como é imprescindible coñecer os problemas para comprendelos e darlles solucións, este programa complementarémolo cunha proposta coa que pretendemos que os nenos/as, ademais de descubrir os beneficios das froitas, gócenas nos seus distintos sabores e composicións para que sexan conscientes de que na variedade está a salubridade.

Dita proposta deriva nunha campaña de reparto de froita aos centros, o que nos  permitirá ir un pouco máis alá nos obxectivos  plantexados: promover eses bos hábitos  mediante a información e a educación á poboación infantil.

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa na Campaña de crecemento saudable organizada pola Concellería de Educación de Ourense repartindo, este venres 24 de novembro de 2023, entre o alumnado froitas de tempada como son os plátanos, manzá e mandarinas.

Donacións de fondos bibliográficos á Biblioteca

O noso alumno de sexto Guillén realizou unha doación de libros da súa biblioteca persoal que pasará a formar parte dos fondos que Superleo vos ofrecerá para que poidades levar en préstamo ou ler nos recantos de lectura da nosa biblioteca.

Estamos moi agradecidos!!

Novo PC na biblioteca

Coa partida orzamentaria recibida neste curso para a biblioteca escolar por participar no PLAMBE, mercamos un novo PC e unha nova pantalla que nos vai a permitir unha edición de vídeos cuasi profesional.

Esperamos sacarlle moito partido, xunto á parede croma que nos diseñou a Concellería de Educación, aínda que está sen rematar.

Para comezar, estamos empregando ditas ferrramentas no programa de Nós tamén creamos! no que imos participar neste curso.

A ver se o resultado final das nosas priducións están ao nivel dos produtos mercados.

 

Empréstamos semanais na biblioteca escolar

Durante todo o curso escolar está en funcionamento o servizo de biblioteca referente a empréstamos á cimunidade educativa.

Por norma xeral, os empréstitos realiizáronse os venres pola mañán. Cada curso ten adxudicada unha hora no que o alumnado que así o desexa pode vir a cambiar o libro que ten en empréstito.

O servizo funciona con normalidade durante todo o curso. Se algún venres non se pode facer o intercambio de libros, este realízase no primeiro día da semana seguinte.ç

A maoiría do alumnado do centro, por non dicir a súa totalidade, realiza uso deste servizo.

Novo carné da bibioteca e pase de lectura

O Día das bibliotecas fixemos entrega dos novos carnés a todo o alumnado e do novo pase de lectura no que irán reflectindo as súas impresións sobre as mesmas.

Entrega dos novos carnés e pase do liberespazo

Novo carné da bibloteca

Novo pase de lectura da bibloteca

Distribuir contido