Xestión e org.

Melloras de proxección na biblioteca

Grazas á colaboración da ANPA Limiar do  noso cole, temos unha pantalla e un proxector novo instalado na nosa biblioteca.

Ditas instalacións son empregadas como aula de medios audiovisuais cando a ocasión o require; fundamentalmente en obradoiros, presentacións, conmemoracións...

Purga de fondos da biblioteca

Na semana do Día do Libro fixemos no centro unha exposición cos fondos documentais que foro purgados ao longo deste curso no patio cuberto do colexio.

Todos os membros da comunidade educativa tiveron acceso a esta exposición para poder ollar os fondos da mesma, e de ser o caso, levalos en propiedade para a súa casa se atopaban algún do seu agrado.

A actividade resultou ser moi exitosa xa que en pouco tempo agotáronse as existencias...

 

 

Distribuir contido