Xestión e org.

Empréstamos semanais na biblioteca escolar

Durante todo o curso escolar está en funcionamento o servizo de biblioteca referente a empréstamos á cimunidade educativa.

Por norma xeral, os empréstitos realiizáronse os venres pola mañán. Cada curso ten adxudicada unha hora no que o alumnado que así o desexa pode vir a cambiar o libro que ten en empréstito.

O servizo funciona con normalidade durante todo o curso. Se algún venres non se pode facer o intercambio de libros, este realízase no primeiro día da semana seguinte.ç

A maoiría do alumnado do centro, por non dicir a súa totalidade, realiza uso deste servizo.

Novo carné da bibioteca e pase de lectura

O Día das bibliotecas fixemos entrega dos novos carnés a todo o alumnado e do novo pase de lectura no que irán reflectindo as súas impresións sobre as mesmas.

Entrega dos novos carnés e pase do liberespazo

Novo carné da bibloteca

Novo pase de lectura da bibloteca

Nova distribución na biblioteca

Como en anos anteriores, durante o mes de setembro démoslle unha volta á distribución dos diferentes recantos da nosa biblioteca e coidamos que o deseño da mesma é moito máis atractivo que a existente ata agora.

O que si comezamos a notar é que nos estamos quedando sen espazo, é dicir que para próximos cursos precisamos ampliar os espazos da nosa biblioteca se consideramos que esta segue a ser o motor principal do proceso de ensino e aprendizaxe do noso colexio..

Expurgo de fondos da biblioteca

Un ano máis, no mes de setembro, aproveitando que desmontaramos a biblioteca para pórlle tarima flotante no chan, realizamos un espurgo bastante importante daqueles fondos que estaban desactualzados ou que o seu deterioro non permitía a súa recuperación.

Neste traballlo de espurgo participaron todos os membros do equipo de bibliotecas, coa colaboración do alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria.

 

Mellora das instalacións da biblioteca

Este curso, no mes de setembro, melloramos as instalacións da biblioteca coa dotación dun novo chan de tarima que a fai moito máis acolledora, despois da pintura que lle demos no curso pasado.

Asemade, aproveitamos a ocasión para reestruturar dun xeito máis funcional os recantos dos que consta: informática, inclusiva, lecer, fondos grupo 8 da CDU, zona de xestión...

Na seguinte galería de imaxes podemos observar como está actualmente.

Esperamos que vos guste!!

Distribuir contido