Febreiro 2020

Encontros co autor

O 6 de febreiro participamos en “Encontros co autor” con Héctor Cajaraville, autor do libro “Kusuma” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores.

A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para o alumnado de 5º curso de Educación Primaria e a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro.

Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador.

Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas, e tras a lectura, realizouse o encontro con Héctor Cajaraville, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecelo e conversar con el sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura.

O resumo argumental do libro, trata da historia de Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.

Neste libro profundan na cooperación, superación da amizade, un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos co descoñecido.

Os escolares tiveron que realizar unha serie de actividades antes e despois da lectura. Primeiro tiñan que observar a portada e razoar a partir de aí sobre que pensaban que trataba o libro. Tamén tiveron que responder a cal foi o último libro que leron e o que máis lles gustou.

Tras a lectura, discutiron na clase sobre como amizade, cooperación e o enfrontamento co descoñecido.

Formación de usuarios na biblioteca


Presentación da organización da nosa biblioteca


 


Xogo en scratch


Desfile Entroido 2020

O venres de Entroido realizamos  desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado.

Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas:

  • O alumnado de educación infantil representou o conto de “Rosa caramelo” que fomenta a coeducación nos nenos e nenas tratando de desenvolver un pensamento crítico que lles permita analizar os estereotipos sexistas.
  • O alumnado de 2º e 3º de educación primaria puxeron a parte doce do desfile disfrazados de caramelos.
  • En 3º e 4º de educación primaria fixeron unha parodia dos oficios que se dan no ámbito sanitario e dos estereotipos sexistas creados no noso entorno ante ditos traballos.
  • En 5º e 6º representaron o descubrimento dun asteroide e a súa colonización despois de viaxar ata el, pola nosa galaxia, no Apolo Sueiro.

Na galería de imaxes podedes revisar o resultado do gran traballo desenvolvido nas aulas polo alumnado en colaboración seu profesorado.

Xoves de Comadres

O Xoves de Comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed, Primaria participou na celebración desta festa coas manualidades realizadas no obradoiro de Entroido que realizamos na semana anterior na bibloteca do cole coa colaboración de varios monitores da concellería de educación de Ourense.

Segundo manda a tradición, os nenos escapan coa súa comadre e as nenas tratan de arrebatarllas e destruirllas.

Ao final da carreira só un par de nenos foron quen de defender a súa comadre.

Comida do Entroido

O xoves de comadres realizamos a tradicional merenda de Entroido a base das viandas que trouxo o alumnado e profesorado para degustar no centro.

Non faltaron as orellas de Entroido, as flores, as filloas, as chulas, tortas de todo tipo,... que con tanto mimo realizaron as nosas familias nas súas casas.

Como a aportación foi excesiva, puidemos disfrutar do sobrante o venres de Entroido.

Semana do amor e amizade

Celebramos a semana da AMIZADE.

A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade.

Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. E sempre están aí cando lles necesitamos. Así que por que non celebrar o Día da Amizade na escola!!!.

No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade.

Grazas a todos e todas por este agasallo marabilloso.

Vémonos na próxima tolemia.

Un abrazo xigante.

 

Sphere by sphere

SPHERE BY SPHERE …

Así foi como medraron as nosas obras de arte, esfera a esfera, disco a disco, cinta a cinta, …

Fixemos reproduccións dalgunha das sculptures da artista Annie Morris, á que adicamos o noso proxecto este curso.

Usamos papeis de refugallo, recycling que diríamos na nosa clase, balloons, glue, cos que elaboramos as spheres. E sphere a sphere medrou a nosa big sculpture. Tamén fixemos dúas máis con discos e cintas de papel.

Buscamos novas sobre a artista e a súa serie de esculturas “Stacks of joy”, plasmamos esa información nas fichas de información e comezou o traballo artístico.

Foi un traballo individual, en parella, pequeno grupo, gran grupo, un traballo persoal, libre, como todos os traballos artísticos pero no que a axuda e cooperación dos demais compañeiros/as foi fundamental.

Os compañeiros/as de 4º E.P. viñeron a observar con curiosidade o noso bo  facer artístico. Froito desa observación naceu a cooperación entre cursos para complementar a nosa exposición de obras artísticas.

Tamén observou o noso traballo a mestra deses nenos/as. E os de 1º e 2º E.P. artífices do proxecto de arte, tamén os visitamos na súa aula e observamos o desenvolvemento das súas obras.

E para que todos/as na escola poidesen observar e compartir sensacións, ocupamos coas nosas obras de arte os corredores da escola.

STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO!

Animación á lectura: "Alas de mosca para Ángel"

O 4 de Febreiro  realizamos  na hora de ler, ca colaboración do titor, o xa tradicional  concurso de animación á lectura co alumnado de 6º. Nesta ocasión  sobre o libro  Alas de Mosca para Ángel de Fina Casalderrey.

Estrela, unha nova alumna de sexto de primaria, produce certas incomodidades os compañeiros polo as súas actitudes e o coidado especial que require. Pero  a súa reacción ante a noticia dun secuestro conmoverá os seus compañeiros de clase, a súa familia e a a opinión pública demostrando que, por encima das diferenzas de ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón.

A novela é a crónica da vida dunha aula cos problemas, acordos e acitudes dun grupo onde todos se coñecen, e a nova alumna ven a desbaratar a súa comodidade. Unha historia tenra, con toques de atención a conciencia e secuestros, onde inocencia, aceptación e ver mais alá das diferenzas, os leva o que creían imposible.

O equipo gañador levou como premio , un exemplar do libro O brazalete Máxico de Rocío Rueda, e o resto do alumnado un pequeno presente pola súa participación e implicación no desenrolo do concurso.

Teatriño de monicreques: "Safari"

O 4 de febreiro presenciamos mo auditorio municipal o espectáculo de monicreques de tamaño medio titulado "Safari" e que en forma de fábula nos falou dun tema nada fantasioso, o acoso escolar e que foi posto en escena pola compañía Baldufa.

Os dous protagonistas, Piñote e Calabacín, investigadores profesionais entran na sabana para resolver a misteriosa desaparición do león. No seu traballo de investigación cuestionan a xirafa, o mono, o elefante e o cocodrilo e atopan o león triste e asustado. Os investigadores tratan de descubrir as razóns deste pesar e desta fuga e teñen a firme vontade de resolver o caso.

Con esta posta en escena, Baldufa, convídanos a reflexionar sobre o acoso escolar.

  • Por que o concodrilo insiste en indignar ao león?
  • Por que o resto dos animais insisten tamén en darlle a lata?
  • Que haberá que facer para que o rei da sabana se enalteza? ...

A través da educación e do traballo, pódense potenciar actitudes e comportamentos positivos que permitan unha convivencia doce e tranquila.