Abril 2020

Aprender a buscar con eficiencia

Nestes tempos onde todas as persoas estamos dedicando máis tempo a pescudas de información e recursos na rede, pódenos ser de moita utilidade este titorial que nos ofrece Olga Rodríguez desde a biblioteca do seu cole de Malpica.

Botádelle unha ollada, descubriredes atallos e ideas de mita utilidade.

 

Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría

As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro.

Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE.

O Libro de cores xa está en marcha

O Libro de cores xa está en marcha...anímate a participar...

Estás a tempo!!

Podes achegar as túas creacións mentres dure o estado de alarma

Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos.

RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.

Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración  e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.

Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:

CONCRETANDO O RETO:

  • Visionar o videoconto.
  • Facer un debuxo, vídeo, cómic, cartaz, historia... no que reflictades o voso estado de ánimo nestes días.
  • Achegádeo ao correo do cole ceipmsueiro@gmail.com para facer un vídeolibro cos vosos traballos.

Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.

PREME PARA VER O LIBRO DE CORES

 

Xogo: De que libro falamos

Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto...

Xa podedes comezar o do luns!!!

Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

Un ano máis, desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar  o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO.

Segundo contan no blog de Bibliotecas escolares, acudiron a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Agradecemento ao alumnado

Vídeo do alumnado ao seu profesorado:

Agradecemento do profesorado as familias do CEIP Manuel Sueiro polo fermoso vídeo colaborativo que elaborastes para nós.

 Premede nas imaxes para ver os agradecementos

Día mundial de concienciación sobre o autismo

Hoxe, 2 de abril, celébrase o “Día mundial de concienciación sobre o autismo”, data instaurada pola Asamblea Xeral da ONU para visibilizar a necesidade de que todas as persoas con trastorno do espectro autista (TEA) dispoñan das ferramentas necesarias para exercer os seus dereitos e liberdades fundamentais.

Como actividade para conmemorar este día, propoñémosvos que ás familias a iniciativa do equipo ARASAAC participando para realizar muíños de vento para colgar nas vosas fiestras ou balcóns.

Animámosvos a facerlle unha foto e a achegala ao correo do cole.

Na seguinte ligazón da Confederación de autismo España que mostra a campaña deste ano co lema Podo aprender. Podo traballar propóñennos unha bonita iniciativa para realizar hoxe pola noite.

 Presentación sobre o autismo de Almudena Vergara Cardona