Formación de usuarios

Presentación do Día do libro 2023

O equipo de biblioteca realizou unha presentación do Día do libro na bibloteca na que descubrimos datos moi curiosos que moitos de nós descoñeciamos.

 


GALERÍA DE IMAXES


 

Visita á biblioteca da Ponte

O 20 de abril o alumnado de 1º e 2º visitou a biblioteca do barrio de A Ponte para realizar unha sesion de animación á lectura e de formación de usuarios.

Por medio dun contacontos realizado cun kamishibai a responsable da biblioteca foinos presentando os diferentes recantos que pode ter unha biblioteca e os diversos tipos de fondos bibliográficos cos que nos podemos encontar nela.

Tivemos un tempo para a lectura individual onde cada un de nós disfrutou coas lecturas dos libros que máis lles gustaban. Para rematar, realizamos unha actividade de creación de historias na que por medio de diversas técnicas iamos improvisando pequenas historias que lles contamos ao resto dos compañeiros e compañeiras.

 

Visita á biblioteca municipal de Ourense

Nas semanas previas ao Día das bibliotecas escolares realizamos todo o alumnado do centro visitou as instalacións da biblioteca provincial para realizar unha xornada de animación á lectura e de formación de usuarios.

O 10 de outubro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil, foi o que realizou a visita á Biblioteca Provincial de Ourense. Ao día seguinte,  os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e 1º de Ed. Primaria, realizaron a mesma visita para coñecer as instalacións da biblioteca. O 17 de outubro foi o alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria quen se acercou ata a biblioteca. Para rematar esta actividade de achegamento á biblioteca provincial, o 18 de outubro realizou a visita o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Na visita puidemos observar como é a biblioteca, cales son as súas normas, os diferentes libros que teñen... Tivemos a sorte de escoitar varios contos, pero o que máis nos gustou foi o “Pollo Pepe” e o de "Andrés mentiroso".

Durante a vista, aos nenos e nenas que non tiñan carné o noso carné da biblioteca, foille facilitado un para que poidan facer uso dos servizos da bibliotecas coas súas familias.

Pasámolo xenial!!

Galería de imaxes da visita de 4º e 5º de Ed. Infantil

Visita dos nenos e nenas de 6º de EI e 1º de EP

Visita do alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria

 Visita do alumnado de 5º e 6º de EP

O alumnado de 3 anos visita a biblioteca

Os nenos e nenas de 3 anos visitaron por primeira vez a biblioteca do cole, estiveron moi atentos e caladiños escollendo o conto que levarán esta semana ás súas casas.

 

Preparando o Día das bibliotecas

Comezamos a quentar motores para a celebración do Día das bibliotecas na última semana do mes de outubro.

Realizamos as seguintes presentacións para axudar a preparar as actividades que realizaremos na biblbioteca escolar durante este mes.

 


FORMACIÓN DE USUARIOS


 

Formación de usuarios na biblioteca


Presentación da organización da nosa biblioteca



Xogo en scratch


Aprender a buscar con eficiencia

Nestes tempos onde todas as persoas estamos dedicando máis tempo a pescudas de información e recursos na rede, pódenos ser de moita utilidade este titorial que nos ofrece Olga Rodríguez desde a biblioteca do seu cole de Malpica.

Botádelle unha ollada, descubriredes atallos e ideas de mita utilidade.

 

Formación de usuarios

No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.

  • Escollemos contos adaptándoos ás distintas idades pois este curso están na mesma aula  nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.B
  • Buscamos o conto no andel correspondente, unha vez sentados, en orde e silencio, cóntaselles o conto ensinando as ilustracións.
  • Observan as ilustracións, buscando as distintas personaxes facendo comentarios e preguntas relacionadas co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista do conto, e outras personaxes do conto, e expresalo coas súas palabras, ás veces, os maiores axudan os máis pequenos.
  • Cada día devolve un neno/a o conto ao seu andel correspondente, revisando a profesora se o fai correctamente
  • Outras veces, elixen libremente cada un o seu conto, fan preguntas sobre o que máis lle chama a atención, contando ao final , cada neno e nena, o que mais lle gustou.
  • Ao finalizar, colocan o seu libro no andel correspondente coa axuda e supervisión da titora.

Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos  á aula.


 

En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:

  • Dedicaron un tempo a seguir coñecendo  a biblioteca, os usos e normas básicos que nela rexen.
  • Lembramos os distintos espazos da biblioteca.
  • Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2.
  • Fixemos unha exposición coas materias que aparecen nas distintas CDU das bibliotecas escolares.
  • Fíxemos xogos para colocar libros nas distintas CDU.
  • Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no tejuelo.
  • Realizamos diferentes exercicios co tejuelo.
  • Traballamos sobre as CDU das biografías a repasamos as sinaturas dos libros.
  • Asimilamos conceptos relacionados co dicionario: entrada, definición, abreviatura.
  • Buscamos nos andeis, polo CDU biografías de personaxes famosos: Gaudí, Miró, Cervantes…
  • Realizamos fichas de distintos libros.


 

Visita á biblioteca de A Ponte

O 23 de novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria realizou unha andaina ata a biblioteca municipal de A Ponte para participar en varias actividades de formación de usuarios e de fomento da lectura.

Participamos activamente nunha sesión de contacontos, realizada polas monitoras da biblioteca, a través dun kamishibai que nos mantivo espectantes ata o seu remate.

Fomos felicitados polo noso comportamento e. tamén, polo coñecemento que temos do funcionamento dunha biblioteca. Asemade, as persoas maiores que nos atenderon quedaron sorprendidas coa nosa eficiencia lectora e comunicadora.

Na galería de imaxes podedes observar a nosa experiencia...

 

Distribuir contido