Día do libro

Día do libro 2018

Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas.

O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.

 

O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".

 

O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas.

Día do libro 2017

Galería de imaxes

Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:


Galería de imaxes


 


Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 

O meu libro favorito é...

O alumnado de apoio, na Hora de ler, durante a semana do Día do libro, completou o mural da Primavera con bolboretas que dan a coñecer cales son os seus libros favoritos...

 Galería de imaxes

Día Mundial do Libro 2016

Día do libro

Como non podía ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o Día do Libro no noso centro coa realización de diversas actividades. O tema central de case todas elas foi a figura de Cervantes e a súa obra principal, xa que se conmemoraba o IV Centenario da súa morte. Na galería de imaxes encontraredes os minilibros, manualidades, cadernos, poemas, cartaces ... que realizamos ao longo deste mes.

O 22 de abril, por caer en sábado o Día do Libro, realizamos os actos principais desta conmemoración coas seguintes actividades. Todas elas, podédelas observar nas ligazóns ao material multimedia que achegamos a continuación:

Galería de imaxes das actividades realizadas ao longo do mes de abril.

Galería de imaxes

 

Distribuir contido