Día do libro

Concurso fotografía: Emociónate co meu libro

Leo e máis o equipo de biblioteca organizan un concurso de fotografía para celebrar o Día do Libro, titulado: Emociónate co meu libro”.

Os participantes tiñan que realizar unha fotografía da portada dun libro que os emocionara e outra na que se caracterizaran como a personaxe do libro nesa portada.

O folleto de publicidade do concurso informou das bases do mesmo.

Traballos presentados

Na seguinte galería podedes observar as imaxes da entrega dos premios aos traballos máis votados polo alumnado.

Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría

As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro.

Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE.

O Libro de cores xa está en marcha

O Libro de cores xa está en marcha...anímate a participar...

Estás a tempo!!

Podes achegar as túas creacións mentres dure o estado de alarma

Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

Un ano máis, desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar  o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO.

Segundo contan no blog de Bibliotecas escolares, acudiron a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Día do libro 2018

Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas.

O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.

 

O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".

 

O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas.

Día do libro 2017

Galería de imaxes

Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:


Galería de imaxes


 


Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 

O meu libro favorito é...

O alumnado de apoio, na Hora de ler, durante a semana do Día do libro, completou o mural da Primavera con bolboretas que dan a coñecer cales son os seus libros favoritos...

 Galería de imaxes

Día Mundial do Libro 2016

Día do libro

Como non podía ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o Día do Libro no noso centro coa realización de diversas actividades. O tema central de case todas elas foi a figura de Cervantes e a súa obra principal, xa que se conmemoraba o IV Centenario da súa morte. Na galería de imaxes encontraredes os minilibros, manualidades, cadernos, poemas, cartaces ... que realizamos ao longo deste mes.

O 22 de abril, por caer en sábado o Día do Libro, realizamos os actos principais desta conmemoración coas seguintes actividades. Todas elas, podédelas observar nas ligazóns ao material multimedia que achegamos a continuación:

Galería de imaxes das actividades realizadas ao longo do mes de abril.

Galería de imaxes

 

Día do libro: 23 de abril

 

 

O noso lema para este día foi "Érase unha vez... o libro".

Como indica o título viaxamos ao pasado para coñecer as orixes do libro e fixemos un percorrido pola súa evolución ata chegar aos nosos días co moderno libro electrónico.

Se queres ver a actividade, ao blogue da nosa biblioteca debes ir.

 

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

  • Os nenos/as do 1º ciclo de primaria, declamaron coas súas doces voces unhas fermosas poesías, de diferentes autores. OLLADE O VÍDEO!.

 

 

  • Os alumnos/as de 3º de primaria, exerceron de contacontos ante os seus compañeiros/as, interpretando o conto titulado "CUMPLEANOS FELIZ"

 

Distribuir contido