Concursos e premios

Concursos e premios nos que temos participado

CONGRATULATIONS PENGUINS!

Hoxe estamos de parabéns! O traballo desenvolvido sobre os "penguins", SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS, e do que demos conta nunha nova anterior, acadou o seu pase á Fase Nacional, tras quedar gañadores na Fase Rexional na que tivemos de competidores/as a colexios de toda Galicia, Asturias e o País Vasco.

Foi un duro traballo no que demostramos que todos/as xuntos somos quen de coidar ese espazo tan prezado da Antártida e os "penguins" que alí viven, en especial o noso pingüín Sueiriño.

Grazas aos homes e mulleres da Base Gabriel de Castilla que desenvolven un duro traballo na Illa Decepción e que nos axudaron a levar adiante o noso proxecto medioambiental.

BE BRAVE SUEIRIÑO!

 

Premiados nas postais de Nadal

Este ano, no concurso de postais de Nadal realizado polo EDL do cole, resultaron escollidas, para felicitar as festas desde o colexio, as realizadas por Pablo e Aldara.

 

Como en anos anteriores, o alumnado de Ed. Infantil participou no concurso que convocou o Colexio de economistas de Ourense. O alumno Ían do cole obtivo un accesit polo seu traballo.

Exposición magosto 2019

Durante o mes de novembro pódese visitar a exposición que realizamos na entrada do colexio cos traballos feitos polo alumnado e as súas familias con produtos do outono.

Traballos premiados polo alumnado

 

Charla sobre o programa "Pilabot"

O 18 de xaneiro, dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida selectiva de pilas e acumuladores, o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo.

Ao remate da sesión, participamos nun concurso no que gañamos todos/as.

Ata finais de mes estamos en prazo de recoller no colexio pilas e acumuladores para o  concurso que promove esta actividade.

Premiados no concurso de postais do Colexio de economistas

O alumno de 6º de Ed. Infantil, Tiago Blanco Torreiro, resultou premiado no V concurso de postais do Colexio de economistas de Ourense.

Na web do colexio podedes ver a nova sobre o concurso.

Moitos parabéns para Tiago polo seu traballo!

 

 

VI concurso de Poesía do Círculo poético ourensásn

A finais de abril, dúas alumnas do noso centro resultaron finalistas no VI concurso de poesía Círculo poético ourensán convocado para todo o alumnado da provincia de Ourense. Nesta edición o lema escollido foi “Sentimentos na escola”.

Os 20 mellores poemas serán publicados na Antoloxía: “Sentementos na escola” que será entregada aos gañadores na próxima edición do concurso.

Moitos parabéns para Sandra e Nicole de 5º de Ed. Primaria!!

 

Chefs saudables de quinto

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, este curso, participou no concurso de Chefs saudables que convocou a Consellería de Sanidade.

Entre todos e todas elaboraron, coa axuda dos mestres, unhas receitas que eles mesmos buscaron nos fondos da nosa biblioteca.

Para mercar os produtos fixemos unha saída a un supermercado que hai no barrio do cole.

Para elaborar o menú utilizamos as instalacións, aparellos e utensilios que hai na cociña escolar.

O resultado das nosas creacións podédelos ver nos seguintes vídeos:

Ensalada de fabas con emulsión de módena

GALERÍA DE IMAXES

 

Entrega de premios Concurso de logos

O 27 de febreiro tivo lugar a entrega de premios do Concurso de logos para representar ao colexio.

Todos e todas os/as participantes recibiron un diploma acreditativo como agradecemento á súa colaboración co centro. Asemade, o traballo gañador recibiu unha tablet.

Desde aquí volvemos a dar as grazas a todos!!

Concurso de logos para o centro

Rematado o prazo de presentación de logos para o centro, os membros do xurado tivérono moi difícil para escoller o gañador dada a altísima calidade dos traballos presentados, tanto en calidade como orixinalidade.

Desde aquí, queremos agradecer a todos e todas as participantes o seu esforzo e dedicación.

Na seguinte galería podedes observalos:

 

Este será o logo que identificará ao noso centro, a partir de agora:

Gañador do concurso

Concurso logotipo para o colexio

O CEIP Manuel Sueiro non dispón actualmente dun logotipo que o identifique dun modo fácil, integrador, inequívoco e actual. O obxectivo deste concurso é a elaboración dun logotipo que ofreza unha nova imaxe do centro.

O logotipo será destinado a ser a imaxe representativa do CEIP Manuel Sueiro, en toda a difusión de información sobre o mesmo, a través de súa páxina web e outros documentos.

Poderán participar todos os membros da comunidade educativa cun máximo de dous traballos. Estes deberán ser orixinais e inéditos.

O prazo de presentación remata o 27 de xaneiro de 2018.

O responsable do logotipo gañador recibirá unha tablet como agasaio.

Bases do concurso.

Anímate e participa!!

Distribuir contido