Igualdade

Obradoiro de igualdade impartido polo CIFP Portovello

Obradoiro sobre estereotipos de xénero no CIFP Portovello

O 12 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria do noso cole tivo a oportunidade de participar nun obradoiro organizado polo CIFP Portovello sobre estereotipos de xénero e a súa presenza nos medios audiovisuais.

O taller, impartido polo alumnado do CIFP Portovello, comezou cunha dinámica de grupo na que os alumnos e alumnas reflexionaron sobre os roles de xénero que se mostran nos debuxos animados. A continuación, analizaron varios exemplos de series e películas infantís, identificando os estereotipos de xénero presentes e como estes poden influír na percepción que os nenos e nenas teñen de si mesmos e do mundo que os rodea.

Na segunda parte do obradoiro, os alumnos e alumnas participaron nunha actividade práctica na que debían vestir a unha boneca de acordo a un contexto inventado por eles mesmos, tendo en conta a idade, a profesión e a personalidade do personaxe. Esta actividade permitiulles aos nenos e nenas desenvolver a súa creatividade e poñer en práctica o aprendido sobre os estereotipos de xénero.

O obradoiro rematou cunha posta en común na que os alumnos e alumnas compartiron as súas experiencias e opinións sobre os estereotipos de xénero.

Tanto o profesorado como o alumnado participante valoraron moi positivamente o obradoiro. Os alumnos e alumnas destacaron a utilidade da información proporcionada e a diversión das actividades realizadas.

Este obradoiro permitiu ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria tomar conciencia da existencia dos estereotipos de xénero nos medios audiovisuais e de como estes poden influír na súa vida.

O obradoiro tamén contribuíu ao desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado e ao fomento da igualdade de xénero no ámbito educativo.

Queremos agradecer ao CIFP Portovello a organización deste obradoiro, así como ao alumnado que o impartiu pola súa dedicación e profesionalidade.

Premio Clara Campoamor a dúas mulleres da nosa comunidade educativa

The Tetas' Van, Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades!

Orgullo no noso cole!

Dúas nais da nosa comunidade educativa, Lucía (vocalista) e Lorena (batería), forman parte do grupo musical feminista The Tetas' Van, que foi galardoado co Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades polo Concello de Ourense.

O premio, que recoñece a labor de persoas ou entidades que traballan pola igualdade de xénero, foi entregado o pasado 11 de marzo no auditorio do Liceo de Ourense pola concelleira de Igualdade, Noa Rouco.

The Tetas' Van destaca pola súa música reivindicativa e o seu compromiso coa loita pola igualdade de xénero. A través das súas cancións, letras e performances, o grupo busca visibilizar as desigualdades que sofren as mulleres e promover un cambio social cara unha sociedade máis xusta e igualitaria.

No noso colexio, celebramos con gran ledicia este recoñecemento a The Tetas' Van. Lucía e Lorena son un exemplo inspirador para os nosos alumnos e alumnas, e o seu traballo co grupo musical é unha valiosa contribución á construción dunha sociedade máis igualitaria.

Parabéns a The Tetas' Van por este merecido premio!

Esperamos que esta noticia inspire aos nosos alumnos e alumnas a loitar pola igualdade!

Representación da obra de teatro "O tesouro" do grupo Trócola.

Celebramos o Día da Muller con "O Tesouro"!

O 11 de marzo, como parte das actividades programadas para celebrar o Día Internacional da Muller, o grupo de teatro Trócola deleitounos coa representación do conto "O Tesouro".

"O Tesouro" levounos nunha aventura chea de risas e aprendizaxe, onde a igualdade entre nenos e nenas converteuse na protagonista. A través dunha historia mágica e personaxes entrañábeis, a obra convidounos a reflexionar sobre a importancia de romper estereotipos e construír un mundo onde todos e todas teñamos as mesmas oportunidades.

Os nenos e nenas gozaron dunha experiencia interactiva e enriquecedora. Emocionáronse coas cancións de sempre pero con letras de hoxe, riron coas ocurrencias das personaxes e conmovéronse co mensaxe de igualdade e respecto.

Desde o colexio, queremos agradecer ao grupo de teatro Trócola polo seu talento e compromiso. A súa representación de "O Tesouro" foi un agasallo inavaliable para os nosos alumnos e alumnas, nun día tan importante como a semana do Día da Muller.

Seguimos traballando por unha educación en igualdade!

Sementando igualdade

A semana do 8 de marzo, o noso colexio encheuse de cor violeta e esperanza para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema "Sementando igualdade", a comunidade educativa uniuse nunha serie de actividades para celebrar os logros das mulleres e reivindicar a igualdade de xénero.

O día da muller non é algo que se deba celebrar un día en concreto e olvidar o resto do ano, por eso, xa o día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, unha muller reivindicativa, que proclama a liberdade das mulleres. Esa liberdade da que falamos a expón no artigo “Lieders” escrito por ela mesma, co cal as alumnas de 6º de Primaria celebraron o día lendo un pequeno fragmento.

Hoxe, o día da muller, resaltamos unha frase deste mesmo fragmento, reivindicando o mesmo que Rosalía, a liberdade de alma, corazón e pensamento das mulleres: “…libre es mi corazón, libre mi alma y libre mi pensamieto…”

Ademais deiso, para celebrar o día 8 de marzo, no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro lembramos ás mulleres importantes das nosas vidas recorrendo a elas pedíndolles un zapato. Ese zapato, que representa a importancia que esas mulleres teñen na nosa vida, pintámolo de morado, representando así a liberdade das mesmas, e plantamos un pensamento, para evocar as lembranzas que nos levan a elas.

Esta actividade fíxonos reflexionar a todos, alumnos e profesores, sobre as nosas propias vidas, as mulleres que nos deixaron pegada, e a importancia que estas teñen na nosa existencia, e seguiremos reflexionando, xa que todos os días debemos pensar nas mulleres, xa que sen elas, o mundo non sería mundo.

Botas lilas: un símbolo de esperanza

Durante a semana, cada alumno/a decorou unha bota ou zapato das súas nais , irmás, tías, avoas... en cor lila. Estas botas, convertidas en orixinais testos, foron o símbolo das "sementes de esperanza" que plantamos a prol da igualdade. Cada planta representa o noso compromiso cun futuro onde homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades.

Un manifesto pola igualdade

O 8 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria leu un emotivo manifesto sobre a igualdade de xénero, escrito pola icónica poeta galega Rosalía de Castro. As súas palabras, cheas de forza e significado, resoaron no colexio, recordándonos a importancia de seguir loitando por un mundo máis xusto e igualitario despois de case 200 anos de ser escritas.

Posteriormente, o alumnado de 5º e 6º curso interpretaron la canción "Flowers" de Miley Cyrus, un himno ao empoderamento feminino que encheu de enerxía a aula de psicomotricidade do noso cole.

Un xardín pola igualdade

Por mor do tempo, non nos foi posible decorar o noso xardín cos testos elaborados para a ocasión o día 8 de marzo. Esta actividade quedou adiada para a semana seguinte, na que cada alumno/a depositou a súa "semente de esperanza" nun lugar do patio do colexio. Este xardín, cheo de flores, moitas delas lilas, moradas e violetas, converteuse nun símbolo visible do noso compromiso coa igualdade de xénero.

Unha mensaxe para o futuro

A semana "Sementando igualdade" foi unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa. A través das actividades realizadas, reflexionamos sobre a importancia da igualdade de xénero e plantamos as sementes para un futuro máis xusto e igualitario.

Seguimos traballando por un futuro onde as nenas e as mulleres poidan alcanzar o seu máximo potencial!


 OUTRAS ACTIVIDADES NA SEMANA DO DÍA DA MULLER


  • Obra de teatro "O tesouro"
  • Premio Clara Campoamor
  • Obradoiro sobre igualdade do CIFP Portovello

Lámpada e corazón

«Lámpada e Corazón» é o primeiro conto de valoReSC innovation da colección de «Contos singulares pola Igualdade e para a Ruptura de Estereotipos de Xénero», que se establece na infancia dos nenos e nenas e na adolescencia poden xenerar certo tipo de conductas dañinas para o individuo e a súa relación cos demáis.

Os nenos son fortes e as nenas sensibles, as nenas princesas e os nenos cabaleiros, así coma outros esteteotipos de roles segundo o xénero que se constrúen na infancia e son a base de futuras consecuencias negativas que se observan en gran medida a partires dos 10 anos e que amosan riscos e danos nas persoas, sendo peores nas mozas.

Estas son as principais conclusións do estudio Global Early Adolescent Study, elaborado en 15 países pola «Organización Mundial de la Salud» e a Universidad de John Hopkins (Baltimore, Estados Unidos).

Dende valoReSC innovation nace o proxecto subvencionado polo Concello de Ourense (Concellería de Igualdade), para traballar nos centros escolares e de ocio para a ampliar as miras dos nenos e nenas en relación os roles de xénero.

Mediante a intervención social a comunidade educativa, nais e pais poden traballar co material da colección a través de actividades lúdico educativas, sendo «Lámpada e Corazón» o primeiro conto ourensán para a igualdade, escrito por Josefina Martínez e ilustrado por Isabell Seidel e promovido por valoReSC innovation, que ten por obxectivo fomentar a reflexión e o diálogo para romper estereotipos e traballar no ámbito da igualdade de xénero. O conto acompáñase coas chapas da colección para os nenos e nenas que amosan mensaxes e imaxes que rompen estereotipos e roles de xénero, para que a nosa infancia sexa a mellor mensaxeira dos valores da igualdade.

Que non che conten contos… a diversidade e os roles non son cousa de xénero!

Mercedes quere ser bombeira

O alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou ao longo do primeiro trimestre o libro titulado "Mercedes quere ser  bombeira", como actividade central do PDI da biblioteca, xa que este é un conto para nenos e nenas que deberían ler as persoas adultas.

Ensinamos e aprendemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas  filias e as nosas fobias.

A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana.

Hoxe a clase estará dedicada a que cada un conte que quere ser de maior: veterinaria, arquitecto, taxista, xardineiro…  bombeira. Mercedes quere ser  bombeira. Algúns dos seus compañeiros non ven problema na vocación de Mercedes, pero outros non cren que sexa unha profesión de mulleres.

A partir deste intre abrirase un debate na clase no que se apreciará o importante que é a educación recibida polos mozos tanto na escola como na casa.

Para trabalar esta temática coeducativa realizamos as seguintes actividades, unha vez rematada a lectura e debate do conto:

  • Coloreamos os debuxos do conto.
  • Realizamos o conto en viñetas para facer unha tira de banda deseñada.
  • Fixemos unha representación dramatizada da historia de Mercedes.
  • Posta en común final sobre as profesións que queren realizar no futuro.

Distribuir contido