Xuño 2021

Final de curso

O 22 de xuño realizamos varias festas de fin de curso nas aulas para despedir este ano tan especial para todas e todos nós.

Foi unha xornada chea de emocións e sentimentos encontrados, xa que por un lado remataba o curso coa ledicia que iso supón e por outro despedímonos dos nosos amigos e amigas e de varias mestras ás que botaremos moito de menos xa que deixaron unha profunda pegada no centro e nos nosos corazóns.

 

Camiño da lingua

O alumnado de 3° e 4° de primaria disfrutou dun divertido e didáctico obradoiro no que traballaron aspectos culturais, xeográficos, gastronómicos... da nosa comunidade autónoma, Galicia.

Contabamos cun mural que tiña un percorrido semellando o Camiño de Santiago. Os alumnos e alumnas tiveron que resolver diferentes retos para poder chegar á capital galega.

O magosto, refráns, Entroido, Letras Galegas, muralla de Lugo, o propio Camiño de Santiago, gastronomía... foron algúns dos temas tratados nesta lúdica actividade.

Empréstitos na biblioteca

Ao longo do curso 2020/21 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca ata o mes de xuño con total normalidade, sen verse afectado polo protocolo COVID.

Realizáronse préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa que o demandaron, para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.

Instalacións da biblioteca no curso 2020/2021

No curso 2020/2021 a organización da biblioteca sufriu cambios importantes por mor do protocolo COVID. Os máis destacados foron a transformación das mesas de traballo en grupo en mesas de exposicións temáticas dos fondos da biblioteca.

Asemade, a zona de ordenadores reduciuse a metade para cumprir coa distancia de seguridade establecida.

Na seguinte galería pódese observar como están organizados varios dos recantos da nosa biblioteca.

Apoiándonos con contos

Son moitos os motivos que dende as aulas de apoio, e grazas a variedade de contos que temos na nosa biblioteca, utilizamos éste como un dos recursos educativos  imprescindibles na nosa práctica docente, xa que:

  • Ofrece unha mirada de optimismo frente as dificultades.
  • Educa en valores.
  • É respetuoso coa etapa evolutiva na que se encontra o/a neno/a.
  • É motivador porque son historias divertidas.

Por isto, e pola cantidade de actividades que se poden se poden levar a cabo a través dos contos (escoitar, comentar, ilustar, dramatizar, crear  sobre eles), este curso, traballamos cos nosos/as alumnos/as os seguintes:

Crocodilo

Cocorico

A que sabe a lúa

Wangari y los árboles de la paz

Aquiles, o puntiño

San Jorge y el dragón

Chivos Chivóns

 

El Conejo Blanco

 

Hora de ler en Ed. Infantil

Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:

Emocións a través da música

Dende a materia de Educación Musical, aportamos o noso granciño de area ao PDI do CEIP Manuel Sueiro no curso 2020-2021, traballando as emocións a través da música.

Non cabe dúbida que existe unha conexión entre a música e os sentidos. Acompáñanos ao longo das nosas vidas evocando infinidade de emocións, sensacións e incluso recordos, pois quen non se transporta a un momento e lugar concreto cando soa esa determinada canción? Non só é a “banda sonora” da nosa vida, ademais ten a capacidade de sandar: cambia o noso estado de ánimo, axúdanos a relaxarnos, estimula os nosos sentidos, a imaxinación e sacude as nosas emocións.

A partir dunha serie de cancións o alumnado vivenciou e reflexionou sobre as distintas emocións e sensacións que cada unha delas lles provocaba, exteriorizándoas de maneira oral e plástica. Isto permitiunos analizar e comprender as nosas propias emocións, base da súa xestión no noso día a día.

EDUCACIÓN INFANTIL E A SERENIDADE:

A canción Le nouvel arc en ciel de Michel Pépé, permitiu que o alumnado de Educación Infantil sentise calma e tranquilidade. Despois da súa audición e de acompañar a música co seu corpo, falaron das súas experiencias durante a escoita:

  • Breogán (4º Educ. Infantil): “pensaba en donuts”.
  • Zoe (5º Educ. Infantil): “pensaba en que yo, mamá, papá y mi hermana íbamos a la luna”.
  • Romil (6º Educ. Infantil): “pensaba en que estaba en la playa”.

1º E O  ODIO/REXEITAMENTO:

O asasinato (máis coñecida por formar parte da banda sonora da película Psicose) de Bernard Herrmann, recordounos os nosos noxos e sentimentos de rexeitamento máis profundos.

2º E A FELICIDADE:

Jason Farnham coa súa composión Payday, lembrounos que para ser feliz só necesitamos das pequenas cousas do día a día. Para quen aínda o dubide, que probe a nosa Receita para ser feliz.

3º E O MEDO:

Tubullar bells, de Mike Oldfield, acompañou as nenas e nenos durante a análise dos seus medos máis irracionais. Para demostrar que son moi valentes e seguir adiante, romperon con eles centos de anacos para facelos voar e desaparecer.

4º E A ALEGRÍA:

O Frasco das alegrías confórmase dos momentos alegres das vidas do alumnado de cuarto. Chegado o momento de coñecer que cousas alegran as súas vidas, acompañounos a canción Make it shine de Sophonic media, e descubriron que coinciden nalgunha que outra alegría.

5º E A TRISTEZA: 

Face shrine forma parte da banda sonora do videoxogo Zelda. Tras un momento de análise, esta peza acompañou ao alumnado mentres plasmaban de maneira creativa as súas tristezas.

6º E O AMOR/CARIÑO: 

O amor e o cariño son como unha semente que hai que coidar e coidar para que se converta nunha fermosa árbore. A nosa Árbore do amor está cargadiña das diferentes formas nas que demostramos cariño e afecto aos nosos seres queridos. Liebestraum nº3 en La b Maior, Soño de amor de Liszt, foi a canción que fixo aflorar este sentimento.

Este curso podemos cualificalo como emocionante, pois tal e como dixo Nietzsche “Sen música, a vida perdería o sentido”.

Si fuera fácil, leerían otros

 

Unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüino Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida.

Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base da Antártida no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven.

Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta.
Fontes escritas:

  • Sobre el planeta Tierra ( Baía Edicións )
  • El viaje de los pingüinos ( Ed. SM )
  • El pingüino ( Combel Ed. )
  • Una familia de pingüinos ( Ed. Anaya)
  • Reportero DOC, nº 254. Polo Sur, vida extrema.
  • Reportero DOC, nº 283. En la escuela de los animales.
  • I love English junior, nº 3-76. The emperor penguins.
  • Be brave little penguin  ( Orchard Ed )

O desenvolvemento do proxecto pode seguirse no enlace
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1636

Kick out Loneliness

Desde a área de inglés participaremos no PDI da área de E.F. desenvolvido en 6º E.P., que leva por título xeral: “Carton vermello á soidade”.

O noso proxecto levará por título:”KICK OUT LONELINESS”.

Incorporámonos, como dixemos, ao PDI da área de E.F., facendo un xogo de palabras co título: Usando o verbo KICK, tan nomeado no mundo do football, achegarémonos ás emocións que xera a loneliness, obxecto do proxecto ao que nos unimos.

Valoraremos as emocións que o sentimento de pertenza a un clube de fútbol inglés xera entre os siareiros. Como ese sentimento de grupo da forma a un xeito de vida.

Recursos:

https://foundation.liverpoolfc.com/inclusion
https://www.youtube.com/watch?v=KK6eCBU74Wc&t=3s
https://www.youtube.com/watch?v=YhqiSO_UFxg&t=1s
https://www.youtube.com/watch?v=Rb7HXjKg0GQ&t=2s
https://www.liverpoolfc.com/kopkids

O desenvolvemento desta actividade pode verse na ligazón
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1666