Outubro 2023

Comendo cores

Na semana do día mundial da alimentación realizamos no noso o obradoiro Comendo Cores destinado a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.

Un equipo de persoal do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo.  Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.

No primeiro obradoiro participou o alumado de Ed. Infantil e 6º de EP. Posteriormente repetiuse a actividade co alumnado de 4º e 5ºde EP.

Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.

Celebración do Día das bibliotecas escolares

Nun emocionante acto que reuniu ao alumnado, profesorado e persoas afeccionadas á lectura, a Biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro celebrou con éxito o pasado 25 de outubro o Día das Bibliotecas Escolares. Este día converteuse nun día inesquecible para fomentar a lectura e o amor polos libros entre os nenos e nenas do noso cole.

A nosa biblioteca transformouse nun auténtico paraíso literario para celebrar este día tan especial. Os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria vestiron os traxes dos seus personaxes literarios favoritos, desde Harry Potter ata os protagonistas dos contos clásicos, dando vida ás historias que lles gustan. O ambiente estaba cheo de maxia e aventura, e a ilusión polos libros estaba no aire.

As actividades comezaron a primeira hora da mañá cunha coa representación da obra titulada “Superleo e os personaxes máxicos” na que dunha forma lúdica e divertida ían inculcando nos nenos e nenas formación de usuarios.

Ademais, a biblioteca ofreceu unha ampla selección de novos libros que pasaron a encher as Mochilas viaxeiras que o alumnado de todo o centro levará por quendas para ler nas súas casas.

A xornada culminou cun concurso no que as persoas protagonistas da obra ían facendo preguntas ao público infantil sobre diversos aspectos do funcionamento da biblioteca.

A celebración do Día da Biblioteca Escolar no CEIPP Manuel Sueiro non só promoveu a importancia da lectura, senón que reforzou o vínculo entre a comunidade escolar e a biblioteca. Este evento deixou unha impresión duradeira no corazón e na mente dos alumnado, inspirándoos a continuar a súa viaxe literaria e explorar novos mundos a través dos libros.

A biblioteca do CEIPP Manuel Sueiro segue a desempeñar un papel fundamental na educación dos nenos e nenas, e eventos como este subliñan a súa aposta polo fomento da lectura e a aprendizaxe permanente.

Garavanciño come saniño

Na semana do día mundial da alimentación realizamos no noso centro dúas dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.

Un equipo de persoal do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo.  Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.

No primeiro obradoiro participou o alumado de Ed. Infantil e 1º de EP. Posteriormente repetiuse a actividade co alumnado de 2º e 3ºde EP.

Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.

 

Día Mundial da alimentación

A FAO celebra cada ano o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, ao conmemorar a fundación da Organización en 1945. Organízanse eventos en máis de 150 países de todo o mundo, facendo que sexa unha das xornadas máis celebradas do calendario da ONU.

No Manuel Sueiro unímonos á conmemoración traballando sobre a fame infantil no mundo. Visitamos 8 países (Afganistán, Nixeria, Iemen, Bharat, Serra Leona, Madagascar,Etiopía, Malí e Honduras) que nos mostraron  o camiño cara o lema deste ano “ A NOSA META: FAME CERO”.

Tentamos concienciarnos da necesidade e responsabilidade do non desperdicio de comida no noso contorno, colexio, familia,... para non esquecer os obxectivos da axenda 2030.

Ao longo da semana do Día da alimentación, cada curso do cole pescudou información sobre un país dos que aínda se pasa fame no mundo e elaborou un lema sobre a Fame cero e o despercidio de alimentos.

Para rematar, o último día, o alumnado de cada curso expuxo ao resto do cole o resultado das súas pescudas e o lema elaborado.


 TRABALLOS FEITOS POLO ALMNADO


SLOGÁNS

Día do Punto 2023

A semana do 15 de setembro o o alumnado de 2º de EP celebrou con moita ilusión o "Día do Punto". Esta apaixonante actividade tivo lugar no marco da Semana da Creatividade, que busca fomentar a imaxinación e a expresión artística entre o noso alumnado.

A actividade principal do día foi a elaboración dun obradoiro de debuxo e pintura onde demostraron as súas habilidades artísticas creando fermosas obras de arte baseadas no tema dos puntos. Desde lunares vibrantes en cores brillantes ata debuxos de puntos intricados, os estudantes demostraron unha incrible imaxinación e habilidade artística.

É marabilloso ver como os nenos poden coller un punto sinxelo e convertelo en algo tan fermoso e único.

Para rematar a celebración, realizamos unha montaxe fotográfica empregando a técnica do chroma para recoñecer o esforzo e a creatividade do alumnado. Como premio ao seu traballo recibiron unha imaxe co seu deseño que enmarcaron e levaron para as súas casas.

Na nosa escola, a creatividade florece en todas partes, mesmo nos puntos!

Abrir presentación a tamaño completo

Segundo Premio Nacional dos Clubs de Lectura

O noso centro ven de destacar como un dos referentes principais para o fomento da lectura en todo o país ao recibir o segundo Premio Nacional Escolar de Clubs de Lectura.

Este prestixioso recoñecemento, outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, distingue as institucións educativas que demostraron un destacado compromiso co fomento da lectura e a formación de novos lectores críticos e apaixonados. O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro destacou entre centos de centros educativos de toda España grazas ás súas estratexias innovadoras e ao entusiasmo da súa comunidade educativa.

O proxecto do club de lectura do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro conseguiu implicar activamente ao seu alumnado na exploración do mundo da literatura dende pequenos. Fomentando a lectura como actividade lúdica e enriquecedora, este centro educativo demostrou ser un faro de inspiración para outros centros educativos de toda España.

Apostamos pola idea de que a lectura non só enriquece a mente, senón que tamén une ás persoas. Esperamos seguir inspirando ás xeracións vindeiras a través da maxia dos libros.

O Premio Nacional Escolar de Clubs de Lectura é unha mostra da aposta do centro pola educación de calidade e o fomento da lectura como ferramenta fundamental no desenvolvemento das habilidades cognitivas e na formación de cidadáns críticos. Ademais do recoñecemento, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro recibirá unha boa dotación económica que contribuirá a seguir reforzando os seus programas de lectura.

Este logro demostra unha vez máis que a educación pública en Galicia está en constante evolución e que as institucións educativas, como o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, están á vangarda na promoción da lectura e na formación das futuras xeracións de líderes e cidadáns comprometidos coa cultura e o coñecemento.

Sentímonos orgullosos de compartir noticias sobre logros educativos destacados coma este e agardamos seguir sendo un modelo a seguir no fomento da lectura en todo o país.

Parabéns a toda a comunidade educativa polo seu merecido premio e a súa dedicación á educación.

O martes, 10 de outubro, a Consellería de Educación celebrou un acto na cidade da cultura de Santiago co fin de dar publicidade e recoñecemento ao traballo desevolvido desde as bibliotecas escolares galegas que resultaron premiadas a nivel nacional. No acto, as seccións dos nosos clubs de lectu¡ra estiveron representados pola coordinadora do club de lectura e o director do centro.