Xestión

Pase de grandes lectores

Entrega do Pase de grandes lectores

O 25 de outubro, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o noso centro educativo levou a cabo diversas actividades para fomentar o amor pola lectura entre o alumnado.

Un dos momentos máis destacados foi a entrega do Pase de lectura. Este pase ten como obxectivo que os estudantes plasmen as súas impresións sobre os libros que van lendo durante o curso. Desta maneira, anímase á reflexión crítica e promóvese o intercambio de opinións entre compañeiros.

Do mesmo xeito, aproveitamos a ocasión para entregar os carnés de biblioteca ao alumnado novo que se incorporou este ano ao centro. Deste xeito, poderán acceder á ampla colección de libros que ofrece a nosa biblioteca e gozar dunha infinidade de historias e coñecementos.

Carné da bibloteca

Pase de lectura da bibloteca

Empréstitos curso 2023/2024

A biblioteca do cole está aberta!

Tes paixón por ler e descubrir novas historias? Entón a biblioteca do cole é o teu lugar ideal!

Durante todo o curso escolar, o noso servizo de biblioteca permanece aberto para ofrecer a toda a comunidade educativa a posibilidade de gozar dunha ampla colección de libros.

¿Como funciona?

É moi sinxelo:

  • Escolle o libro que máis che guste: Achégate á biblioteca e explora os nosos andeis repletos de aventuras, coñecementos e fantasía.
  • Lévao á casa: O préstamo de libros realízase os venres pola mañá. Cada curso ten asignada unha hora específica para que todo o alumnado poida cambiar o libro que ten en préstamo por un novo.
  • Goza da lectura: Mérxete nas páxinas do teu libro favorito e déixate levar pola maxia da lectura.
  • Devolve o libro e repite: O prazo de préstamo son dúas semanas, pero se o rematas antes, non dubides en devolvelo e escoller outro!

¿Que pasa se non podo ir o venres?

Non te preocupes, temos solución! Se algún venres non podes acudir á biblioteca para cambiar o teu libro, poderás facelo o primeiro día da semana seguinte.

Un servizo para toda a comunidade educativa

A biblioteca do cole está á disposición de todo o alumnado, profesorado e pais e nais. Animamos a toda a comunidade educativa a facer uso deste servizo e gozar dos innumerables beneficios que a lectura aporta ás nosas vidas.

¡Non te quedes sen o teu libro!

Esperámoste na biblioteca do cole para que xuntos exploremos o marabilloso mundo da lectura.

¡Feliz lectura!

Xestión da biblioteca co programa MEIGA

Desde hai máis de 17 anos os fondos da nosa biblioteca está rexistrados e catalogados no programa MEIGA segundo os criterios da CDU simlificada.

A través da páxina web do programa Meiga tense acceso a todos os fondos rexistrrados na nosa biblioteca.

Novo material audiovisual

Neste curso dotamos a biblioteca con catro postos novos de acceso a internet, polo que se ve aumentado o número de ordenadosres na biblioteca a 14.

Asemade, dotamos a dito recanto dunha pantalla e dun proxector.

Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a equipamento e material.

 

Nova reorganización do espazo da biblioteca escolar

Durante o verán redecoramos o espazo da biblioteca con nova pintura. Aproveitamos a ocasión para facer unha nova restructuración dos diferentes espazos de lectura da nosa biblioteca grazas á dotación material da Consellería e ao novo orzamento do PLAMBE. Reorganizamos os espazos para a lectura dos máis cativos e dos primeiros lectores

Asemade, mudamos de lugar os andeis destinados aos prelectores para que lle fosen máis accesibles os diferentes fondos da biblioteca.

Todos os fondos ordenados por CDU sufriron unha nova localización espacial, facéndoa agora moito máis operativa e adaptada ao alumnado.

Posto de informática inclusivo

Neste curso dotamos a biblioteca cun posto de acceso á información máis inclusivo na nosa biblioteca. Nel o alumnado dispón dun PC con pantalla interactiva e teclado accesible.

Asemade, dotamos a dito recanto dunha tableta que amplia as posiblidades de acceso á información e lectura dos seus usuarios.

Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a facer unha biblioteca máis inclusiva.

Mochilas viaxeiras

Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras para o alumnado de Ed. Primaria.

Cada titor, coa axuda da coordinadora da bibliotea, encargouse de seleccionar os fondos que se incluían na mesma. Asemade, todas elas levan dentro un Libro viaxeiro que funciona a modo de bitácora, onde as familias e o alumnado poden reflectir as súas experiencias en relación ás lecturas realizadas. É unha maneira de conseguir que as familias axuden ao alumnado a mellorar o seu proceso lector e o gusto pola lectura en tempos de lecer.

Empréstitos na biblioteca

Ao longo deste curso a biblioteca continuou realizando préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.

Novo armario con tablets

Desde aquí, queremos dar as grazas aos membros da ANPA Limiar do noso centro por facilitarnos a adquisición de 12 tablets para que poidamos implementar a metodoloxía móbil learning nas actividades da nosa biblioteca.

GRAZAS!!

 

Mellores lectores

Na festa de Nadal, previa ás vacacións, fixemos a entrega dos diplomas aos mellores lectores do primeiro trimestre que nesta ocasión foron os seguintes alumnos e alumnas:

  • 1º de Ed. Primaria. Mateo
  • 2º de Ed. Primaria. Elisa
  • 3º de Ed. Primaria. Lurdes
  • 4º de Ed. Primaria. Aroa
  • 5º de Ed. Primaria. Sheila
  • 6º de Ed. Primaria. Yaira

Distribuir contido