
Durante o mes de xaneiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución das emisións de dióxido de carbono para o cal se levaron a cabo diversas actuacións:
- Traballo con conceptos relacionados coa eficiencia enerxética.
- Diminución de emisións de dióxido de carbono. Uso dos transporte público (uso do autobús urbano), bicicleta e camiñando.
- Realización de seguimento do uso de vehículos por parte do profesorado e familias.
- Realización de carteis informativos sobre o uso dos medios de transporte públicos.