Recomendacións lectoras

Recomendacións e guías de lectura

HORA DE LER. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA.

hora

HORA DE LEER:
A  hora de ler realízase todos os días, de 12:00 a 12:20 horas e a súa configuración está deseñada polo titor José Manuel Rego García (3 sesións) e por Mª Pilar Iglesias Gómez (2 sesións).
No curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer a través do Club de lectura Leo e releo con Leo.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/taxonomy/term/246
Obxectivos:
•    Desenvolver o hábito lector.
•    Traballar as competencias clave, principalmente: Comunicación Lingüística, Aprender a aprender, Conciencia e expresións culturais e Social e cívica.
•    Compartir as nosas lecturas con outras persoas.
•    Promover a lectura como fonte de diversión e aprendizaxe.
•    Mellorar a través da lectura, o vocabulario, a comprensión lectora e a expresión oral e escrita.
•    Coñecemento de persoas escritoras e obras literarias galegas.
•    Fomentar o traballo en equipo a través da biblioteca escolar.
Actividades.
•    Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
•    Dramatizar algún episodio do conto.
•    Colorear debuxos do conto.
•    Escoitar o conto.
•    Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
•    Traballar teatro.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

•    LIBRO 1º: “Mi nombre es Skywalker” de Agustín Fernández Paz da editorial SM.
O libro foi traballado nos meses de setembro e outubro do curso escolar 2023/2024 centrado na invisibilidade da xente pobre. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2338
•    LIBRO 2º: “Delfines amigos” de Mary Pope Osborne da editorial Sm. 
O libro foi traballado en outubro e novembro do curso escolar 2023/2024 contando a importancia do medio ambiente, a lectura dos libros e as bibliotecas. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2384   
•    LIBRO 3º: “Los hombres no pegan” de Beatriz Monco e Mabel Pierola da editorial Bellaterra.  
O libro foi traballado no mes de novembro do curso escolar 2023/2024 e conta a historia dunha familia na que observan a existencia da violencia de xénero na casa dun amigo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2385

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

•    LIBRO 4º: “Segredos Soterrados” de Alba de Evan e Xabier Domínguez da editorial Xerias.
O libro foi traballado nos meses de xaneiro e febreiro e conta a historia de Lois que viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2386

•    LIBRO 5º: A nena do vestido de flores de Manuel Fontemoura da editorial Aira.
O libro foi traballado nos meses de febreiro, marzo e abril e conta a historia de Dania unha nena TEA.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2454

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

•    LIBRO 6º: O destino de Kameko de Abel Alves da editorial Aira.

O libro foi traballado no mes de maio de 2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado no mundo co cómic en galego e nunha temática como é o mundo oriental, como é Xapón que tanta curiosidade lle produce.

 

hora

GRAVANDO AUDIOLIBROS

audiolibros

O club de lectura de 5º de Educación Primaria (Sueriños) gravou diferentes libros en formato audio para que os compañeiros e compañeiras que aínda non teñen acceso á lectura poidan desfrutar do pracer e das emocións que produce ler un libro.
O creación e o uso dos audiolibros ten os seguintes beneficios para o noso alumnado:   
1. Mellorou a pronuncia e a fluidez do alumando.
2. Axudou a mellorar a xestión do tempo.
3. Desenvolveu habilidades de escoita crítica.
4. Mellora o enfoque e a capacidade de atención.
5. Mellora a memoria.
6. Desenvolve o pensamento crítico e mellora as habilidades de comprensión.
7. Axuda a desenvolver a empatía.
8. Potencia a nosa saúde mental.
9. Desenvolve todas as competencias clave.

Os libros seleccionados para a súa gravación foron os seguintes:
1.    Mi nombre es Skywalker de Agustín Fernández Paz da Editorial SM
2.    Los hombres no pegan de Betriz Moncó da Editorial Bellaterra.
3.    Delfines amigos de Mary Pope Osborne da Editorial SM.
4.    O destino de Kameko de Abel Alves e Jorge Campos da Editorial Aira.

5.    La puerta secreta del Museo del Prado de José María Plaza da Editorial Edebé.

 

audiolibros

A MIÑA AMIGA INVISIBLE

AMIGA

O Club de Lectura de 4º de EP do CEIP Manuel Sueiro realizou un novo concurso de animación á Lectura inspirado no libro “ A miña amiga invisible “de Eduardo Santiago.
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñer trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto (e por ser máis intelixente que todos eles). Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.
Durante a realización do concurso, animouse aos lectores a expresar a súa comprensión e valoración do libro. Para o desenvolvemento do concurso, realizamos catro equipos dentro da aula que traballaron de xeito cooperativo para ser quen de responder ás preguntas que o bombo da lotería lles ía adxudicando de forma aleatoria.
O concurso ofreceulles, a todos, un agasallo pola súa participación; ao equipo gañador, ademais, un exemplar do próximo libro a traballar no club de lectura. Recibiron estes agasallos para fomentar a participación e recoñecer o seu esforzo.

amiga_fotos

A NENA DO VESTIDO DE FLORES

nena

O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro “A nena do vestido de flores” de Manuel Fontemoura da editorial Aira.

O libro foi traballado no mes de xaneiro e febreiro de 2024. Con este libro intentamos concienciar da diversidade que existe no noso mundo, e como non, na nosa escola. Este libro conta a historia de Dania Vitoria unha nena de once anos que é Asperger.

Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.

Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen centrado na violencia de xénero dentro do seo dunha familia.

Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.

Actividade 4: Ilustración
O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.

Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
O alumado realizou dixitalmente a guía de lectura deste libro.

Actividade 6: Concurso sobre o libro.
O alumado realizou por grupos o concurso sobre a compresión do libro.

Actividade 7: Kahoot.
O alumado realizou individualmente a compresión do libro a través do Kahoot.

EN GALEGO:


K_gal

Galego: https://play.kahoot.it/v2/?quizId=09d13862-c343-4d41-a33b-4fb5e79acdda&hostId=6552f607-d9ab-4b9d-b774-cc4b06a47049
 


EN CASTELÁN:
 

K_cast

Castelán: https://play.kahoot.it/v2/?quizId=2cff1f35-97be-44ec-b594-a8bdc9fd6be9&hostId=6552f607-d9ab-4b9d-b774-cc4b06a47049

Actividade 8: Conclusión/valores
    Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2271

fotos_nea


 RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO



• Guía de lectura. Word. Pdf.

• Guía de lectura (castelán). Word. Pdf.

• Preguntas para o concurso de lectura. Word. Pdf.

• Preguntas para o concurso de lectura (castelán). Word. Pdf

Eu tamén fun pequena

Éxito no concurso de animación á lectura "Eu tamén fun pequena" como peche do trimestre.

Nun peche vibrante antes das vacacións de Semana Santa, os nenos e nenas de 2º de EP mergulláronse nun desafío literario único: o concurso de animación á lectura sobre o libro "Eu tamén fun pequena" de Concha Blanco. Este evento, organizado como peche do trimestre, resultou ser un emocionante despregamento de coñecemento e entusiasmo pola lectura.

Antes de comezar o concurso, levouse a cabo un sorteo para conformar os tres equipos de concursantes, creando así un ambiente de igualdade e emoción. O alumnado enfrontouse a preguntas que abarcaban todos os aspectos do libro, mostrando o dominio que adquiriran durante as sesións da Hora de Ler ao longo do segundo trimestre.

O que realmente destacou neste concurso foi a estratexia de outorgar un valor dobre a certas preguntas, o que mantivo a emoción ata o final e resultou en resultados extremadamente axustados. Os equipos competiron con intensidade, demostrando non só o seu coñecemento do libro, senón tamén a súa habilidade para pensar de forma rápida e estratéxica.

Finalmente, chegou o momento de recoñecer o esforzo e a dedicación de todos os participantes. Outorgáronse diplomas ao equipo gañador en recoñecemento ao seu logro, pero todos os concursantes foron recompensados con agasallos como mostra de aprecio polo seu traballo laborioso e constante na exploración dos contidos do libro.

Con este exitoso concurso, o colexio reafirma o seu compromiso coa promoción da lectura e o fomento do amor polos libros entre o seu alumnado, demostrando que a literatura pode ser non só educativa, senón tamén emocionante e divertida.


RECURSOS PARA TRABALLAR O LIBRO NA AULA


Acollida de Tesouros Esquecidos na Biblioteca Escolar


Un ano máis, o equipo da biblioteca levou a cabo unha actividade especial destinada a rescatar tesouros literarios esquecidos na nosa biblioteca. Baixo o suxestivo título de "Son un libro esquecido e quero ser acollido", a biblioteca abriu as súas portas para redescubrir libros depurados das súas coleccións que, con agarimo, buscan atopar un novo fogar no corazón dos lectores.

A actividade, que tivo lugar nas dúas últimas semanas do 1º trimestre, e contou coa participación entusiasta da nosa comunidade educativa, que revisaron un mundo cheos de historias que se foron descartando co paso do tempo. Cada libro ten a súa propia historia e, ás veces, hai que darlles unha segunda oportunidade.

É emocionante ver como o alumnado se mergulla nestes libros esquecidos. Cada un ten o seu encanto e aporta algo especial ao mundo da literatura.

A actividade non só reavivou o interese pola lectura, senón que tamén serviu para lembrar a importancia de preservar a diversidade de voces e perspectivas na biblioteca escolar. Os libros expurgados, en lugar de quedar relegados ao esquecemento, atoparon unha nova oportunidade de ser amados e apreciados polas xeracións vindeiras.

Todo o alumnado se animou a levar estes libros rescatados para casa, coa esperanza de que se convertan en fontes de inspiración e entretemento. Con esta actividade pretendemos, desde a biblioteca escolar, ademais de dar unha nova vida aos libros expurgados, reforzar a nosa aposta pola diversidade literaria e o fomento da lectura como porta a mundos inexplorados.

Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres

Durante a semana do 21 ao 25 de novembro o equipo de bibliotecas, dinamización lingüística e seccións bilingües organizaron un grupo de actividades para que todas as nenas e nenos do cole, desde infantil ata sexto de primaria, xunto co profesorado e resto da comunidade educativa, celebramos participando activamente nos actos realizados para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia cara ás mulleres unha das peores e máis comúns formas de violencia.

En primeiro lugar, o luns, a Concellería de Igualdade, organizou unha actividade de contacontos para a sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero: "O rato canguro" coa finalidade principal de romper os estereotipos de xénero desde a infancia.

O martes durante a Hora de Ler cantamos e bailamos a canción “Déjala que Baile” de Melendi con Alejandro Sanz e Arkano.

Todo o alumnado do cole participou na actividade "The orange umbrella” para reivindicar a importancia da protección contra a violencia.

Na metade da semana volvemos a gozar dun contacontos, neste caso, interpretado por alumnos do cole. Contáronnos o conto de “ Pepuka e o Monstro que se levou o seu sorriso”. Pepuka vivirá xunto ao Monstro a experiencia máis difícil da súa vida: a perda do seu sorriso. Pero contará coa inestimable axuda das súas mascotas, unha viaxe cara á liberdade, a recuperación da súa esencia persoal e a felicidade. Aborda a violencia de xénero para previla desde a infancia. É un conto para traballar a autoestima, os valores, a igualdade e o bo trato.

A continuación o alumnado decidiuse a cambiar a súa linguaxe, identifincando frases axeitadas e inaxeitadas coa actividade “Pon os cinco sentidos contra a Violencia”.

Toda a comunidade educativa leu un Manifesto no que nos comprometemos a traballar a diario para  a eliminación de todo tipo de violencia.

O xoves o alumnado de infantil participa na actividade “Coas túas mans podes”, onde plasmando as súas máns nun lazo queren sinalar a importancia da loita de todos a favor da non violencia.

Finalmente, o día 25, rematamos a semana coa lembranza da importancia da igualdade entre homes e mulleres, representado pola cor violeta e a non violencia contra das mulleres representado pola cor laranxa.

A seguir traballando!!!

Distribuir contido