Exposicións

Acollida de Tesouros Esquecidos na Biblioteca Escolar


Un ano máis, o equipo da biblioteca levou a cabo unha actividade especial destinada a rescatar tesouros literarios esquecidos na nosa biblioteca. Baixo o suxestivo título de "Son un libro esquecido e quero ser acollido", a biblioteca abriu as súas portas para redescubrir libros depurados das súas coleccións que, con agarimo, buscan atopar un novo fogar no corazón dos lectores.

A actividade, que tivo lugar nas dúas últimas semanas do 1º trimestre, e contou coa participación entusiasta da nosa comunidade educativa, que revisaron un mundo cheos de historias que se foron descartando co paso do tempo. Cada libro ten a súa propia historia e, ás veces, hai que darlles unha segunda oportunidade.

É emocionante ver como o alumnado se mergulla nestes libros esquecidos. Cada un ten o seu encanto e aporta algo especial ao mundo da literatura.

A actividade non só reavivou o interese pola lectura, senón que tamén serviu para lembrar a importancia de preservar a diversidade de voces e perspectivas na biblioteca escolar. Os libros expurgados, en lugar de quedar relegados ao esquecemento, atoparon unha nova oportunidade de ser amados e apreciados polas xeracións vindeiras.

Todo o alumnado se animou a levar estes libros rescatados para casa, coa esperanza de que se convertan en fontes de inspiración e entretemento. Con esta actividade pretendemos, desde a biblioteca escolar, ademais de dar unha nova vida aos libros expurgados, reforzar a nosa aposta pola diversidade literaria e o fomento da lectura como porta a mundos inexplorados.

Concurso exposición de froitos de outono

Éxito creativo no concurso de Obras Artísticas de Outono.

Nunha vibrante mostra de talento e creatividade, o EDL do cole, realizou un apaixonante concurso de exposicións, destacando traballos artísticos feitos exclusivamente con produtos e froitos do outono. A iniciativa ten como obxectivo fomentar a expresión artística e a conexión coa natureza durante esta época tan especial.

Dende pinturas ata esculturas, estudantes de todas as idades participan activamente, xunto coas súas familias, neste evento que transforma os corredores da escola nun festín visual. A variedade de traballos reflicte a diversidade de talentos e enfoques creativos presentes na comunidade estudantil.

Ao final do trimestre realizaremos a entrega de premios a todo o alumnado participante e aos mellores traballos por aínda segue aberto o prazo de presentación de traballos.

Amosamos o noso entusiasmo pola participación e a calidade das creacións presentadas ata agora e destacamos a importancia de eventos coma estes para fomentar a expresión artística e o traballo en equipo entre o alumnado e as súas familias.

O concurso expositivo non só reforza o vínculo entre a comunidade estudantil e a natureza, senón que deixa unha pegada duradeira na memoria de todos os participantes. Sen dúbida, este evento demostra que a arte pode ser unha poderosa ferramenta para celebrar a beleza fugaz do outono e para unir á comunidade escolar arredor da creatividade e a expresión persoal.


ENTREGA DE AGASALLOS AOS TRABALLOS PRESENTADOS


Día da poesía. Poetry day!

Este ano, para celebrar o Día da Poesía, realizamos un roteiro poético, por diversos recantos do noso cole relacionados, no que a temática central xirou entorno á natureza.

Nas seguintes ligazóns achegamos os vídeos cos diversos poemas recitados en galego, castelán e inglés: (iremos engadindo os vídeos en breves)


GALEGO


Para finalizar esta celebración, todo o centro recitou o poema Á nosa sobreira, da que é autor o profe Toño, a carón desta árbore senlleira que tan ben nos identifica e representa.


CASTELÁN



INGLÉS



GALERÍA DAS ACTIVIDADES DO MARTES



GALERÍA DAS ACTIVIDADES DO MÉRCORES



EXPOSICIÓN DE LIBROS NA BIBLIOTECA



 

8 de marco: Día da Muller

O 8 de marzo de 2023 conmemoramos o Día da Muller no noso centro coa realización de diversas actividades:

  • Exposición na biblioteca dos fondos relacionados coa temática.

G

  • Realización de marcapáxinas para o Día da Muller.

  • Relatorio do alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed, Primaria sobre mulleres que destacaron ao largo da historia en diversos campos.

  • Contacontos "O país dos mandóns" de Paloma Rodríguez e Cristina Justo, realizado polo alumnado de 6º de Ed. Primaria coa colaboración dos de 1º e 2º de EP.

  • Coreografía da canción "Ella" de Bebe

Coidando o noso mar

Por uns días o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro achegouse ao mar da man da Biblioteca Escolar do centro, guiados pola exposición itinerante “Coidando o noso mar”, prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

Desde as Rías Baixas chegaron as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor.

Esta exposición enmárcase no PDI do centro, adicado aos ODS axenda 2030. En concreto, o obxectivo 14:  Conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e os recursos mariños.

Protexer os nosos océanos debe ser unha prioridade. A biodiversidade mariña é vital para a saúde das persoas e do planeta. As áreas mariñas protexidas deben ser xestionadas de forma efectiva, tamén os seus recursos, e poñer en marcha regulamentos que reduzan a sobrepesca e a contaminación mariña dos océanos.

MERGÚLLATE NO MAR MÁIS AZUL!

Chegou o Nadal á biblioteca do cole

A maxia do Nadal chegou á nosa biblioteca!!

Superleo tróuxovos unha marabillosa selección de contos para que poidades gozar coa lectura e sentir mais preto o espírito do Nadal.

Exposición de froitos do outono

Ao longo do mes de novembro está dispoñible a exposición de froitos de outono que elabora o alumnado do noso centro coa axuda das súas familias organizada polo EDL do centro en colaboración co equipo de biblioteca..

Anímádevos a participar que aínda estades a tempo!!

Se tes paciencia, experimenta coa ciencia

Ao longo do mes de novembro celebramos na biblio do cole o Día da ciencia en galego coa realización dediversas actividades en colaboración do EDL do cole.

Recordámosvos que poderedes levar para as vosas casa calquera dos fondos que están expostos no corredor e na biblioteca.

Na galería de imaxes tedes unha mostra que esperamos que sexan do voso agrado.

Festa do Samaín 2022

O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:

  • Exposición de fondos da biblioteca para o Samaín.

  • Representación de varias obras de teatro polo alumnado de 6º de Ed. Primaria: "Mortiña", "Brunilda" e "Violeta".

  • Galería de imaxes do alumnado disfrazado.

  • Xantar terrorífico preparado polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.

 

  • Desfile e bailes terroríficos na aula de psicomotricidade.

  • Desfile polo Túnel do medo que se montou na biblioteca e nos corredores do cole.

 

  • Exposición de cabazas.


 A celebración na prensa local



ENTREGA DE PREMIOS


 

 

Traballos premiados polo alumnado

Exposición de ALIMENTarte

Na Semana do Día da alimentación preparamos unha exposición “ALIMENTarte” onde creamos bodegóns con diferentes técnicas e tentamos de imitar ao gran Giuseppe Arcimboldo.

O alumnado de 4º de EP realizou un bodegón en vivo e en directo que foi visitado por todo o alumnado do cole.

Distribuir contido