
Durante todo este curso 2021-2022, na aula de apoio, levamos a cabo un proxecto dedicado a fomentar o coidado e respecto do noso medio ambiente.
As principais actividades realizadas, para levalo a cabo, foron as seguintes.
Aproveitamos as estacións do ano e a celebración dalgunhas festas populares no noso centro, inculcar ditos valores:
- No Samaín (realizamos cabazas con botellas de pet).
- No outono fixemos unha recollida de follas.
- No Nadal decoramos a nosa árbore de nadal con campaíñas feitas con casulas de café.

- Empregamos materiais de refugallo para simular flores e plantas da nosa contorna.
- Na primavera traballamos o libro de Naturizo O retorno das flores. Basándonos na lectura deste libro, elaboramos flores, paxaros... con material de refugallo para adornar un maio moi especial.
