Naturizo. O retorno das flores

Na primavera traballamos o libro de Naturizo, O retorno das flores.

Na primavera volve a vida á serra. Cando esta se enche de xente, Naturizo e Amelia deben investigar por que, ven a descobrilo!

Os protagonista da historia preséntanos a un novo amiguiño, Sil, unha cría de xabaril moi lista que lle explica en que consiste tal misterio, orixe e tradición.

O libro introduce ao alumnado na celebración da festa dos maios, tan arraigada na nosa cidade, ao tempo que inculca a amizade, a axuda aos demais e o coidado da Natureza.

Pescudamos e ampliamos información sobre a celebración da festa dos maios na cidade de Ourense.

Como actividade final, en horario extraescolar, elaboramos flores,  paxaros... con material de refugallo para adornar o noso maio dun xeito moi especial.