Exposicións

Adquisición de novos fondos para a biblioteca

Ao longo de todo o curso os novos fondos que se van mercando para a biblioteca, unha vez catalogados no programa Meiga, son colocados no recanto de novas adquisicións para darlle visibilidade dentro da nosa comunidade educativa.

Exposición Letras Galegas

Comezamos coa celebración do día das Letras Galegas cunha exposición de fondos documentais en galego cos que poderá desfrutar a nosa comundade educativa.

Animádevos a visitarnos e a viaxar coa nosa lingua!.

Exposición na biblioteca no mes do Día do libro

Ao longo do mes de abril tivemos na biblioteca unha exposición de libros que o equipo da bblioteca escolleu dos fondos da mesma como recomendacións lectoras para todos os membros da comunidade educativa.

 

Exposición de instrumentos musicais

Na área de música, o alumnado de 3º, 4º, 5º e  6º de Educación Primaria construíu ao longo do mes de marzo instrumentos musicais, elaborados todos eles con material de reciclaxe, dentro das actividades previstas no PDI deste curso.

Cos traballos presentados, realizaron unha exposición permanente na biblioteca do centro á que pode acceder toda a comunidade educativa.

Día da Poesía 2022

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

O noso alumnado participou do impulso dialogante da poesía participando un recital de poesía que se realizou simultaneamente en todas as aulas do centro na Hora de ler coas poesías elaboradas ao longo dos días previos nos diferentes obradoiros desenvolvidos nas aulas.

As súas obras quedaron expostas no corredor do centro nun gran mural:

Asemade, o equipo de biblioteca realizou unha exposición dos fondos bibliográficos de poesía para que o alumnado que quixese,  os levase en préstamo para ler nas súas casas ou momentos de lecer.

Alumnado de Ed. Infantil

 Alumnado de 3º de Ed. Primaria

Día de Rosalía 2022

Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos o Día de Rosalía no CEIPP Manuel Sueiro, conmemorando o seu aniversario coa realización de diversas actividades:

  • O alumnado traballou a figura de Rosalía de Castro ao longo de toda a semana empregando, fundamentalmente, os recursos facilitados polo EDL do cole e o Seminario Galán. Rematamos a semana elaborando un gran mural alusivo á escritora con toda a información recadada.
  • A maioría do alumnado, tamén participou nunha proposta expresiva que este ano consistiu na decoración dunha postal na que figuraba impresa a imaxe de Rosalía. Os nenos e nenas decoraron e escribiron unhas estrofas de Rosalía escollidas por eles mesmos na exposición de libros que o equipo de biblioteca elaborou.

 

Lecturas para o Nadal 2021

Xa chega o Nadal! e a nosa biblo vaino celebrar!

E que mellor maneira que os libros empregar e material de refufallo poder reutilizar. A que non adiviñades con que están feitas as campaíñas da árbore de Nadal?

Na biblio preparamos unha exposición cos fondos documentais que tratan sobre o Nadal e que podedes levar en préstamo para as vosas casas.

Asemade, na presentación de máis abaixo, Leo deixavos unhas recomendacións lectoras para estas Festas de Nadal.

Esperámos que sexan do voso agrado!!

Exposición 25N na biblioteca

Ao longo do es de novembro na biblioteca estiveron expostos libros e contos sobre a violencia de xénero para levar para a casa. A lectura en familia é unha forma de educar sobre a violencia de xénero e a igualdade. Moitas veces cústanos falar cos nosos fillos e fillas sobre algúns temas, abordalos dende as lecturas pode axudarnos a reflexionar xuntos e favorecer a comprensión.

Pensar no 25 de novembro implica coñecer a importancia de comezar a educar en valores de igualdade dende cedo.
Recomendamos a lectura dunha serie de libros, para conseguir pouco a pouco unha igualdade real e que o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller sexa unha data que temos en conta cada día.

Lecturas terroríficas na biblioteca

A biblioteca xa está preparada para celebrar o Día das bibliotecas escolares amosando unha exposición de lecturas de medo, posto que estamos ás portas do Samaín e Halloween.

Animámosvos a que difrutedes destas lecturas nas vosas casas en compañía das vosas familias.

 

Distribuir contido