Febreiro 2021

Día de Rosalía de Castro 2021

Este ano, a celebración do Día de Rosalía, no noso cole, foi un pouco distinta á de anos anteriores por mor do Covid. Por iso, o alumnado estivo estudando, ao longo desta semana, sobre a vida e obra da nosa galega ilustre.

Uns foron detectives, outros buscaron tesouros escondidos e outros intentaron ser millonarios con Rosalía, dende logo todos aprenderon moitísimo da escritora. Para demostrar os seus coñecementos, o último día da semana, celebramos un concurso no que houbo premios.

NORABOA A TODOS!!!

O alumnado de Ed. Infantil traballou o poema de "Adiós ríos, adiós fontes" e decorou unha máscara de Rosalía co poema:

Encontros con Antía Yáñez: "Plan rescate"

O 19 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo un encontro coa autora do libro Plan de rescate, Antía Yáñez, natural de Burela, e que está publicado po Ed. Xerais.

No mes de decembro o libro foi facilitado a todo o alumnado deste cursos pola Concellería de Educación de Ourense para que o traballase na aula cos seus titores.

O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, gañou o III Premio Agustín Fernández Paz á igualdade 2020.

Antía cóntanos as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballaban na aula de apoio do seu colexio.

É unha divertida aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e incluso un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, camaradería, traballo en equipo e incluso algo de amor.

A idea que subxace detrás dun argumento aparentemente convencional é que calquera persoa pode resolver un misterio ou desenvolverse na vida, e que non ten sentido que menosprecemos a ninguén por non ser coma nós.

En definitiva, estamos ante un bo libro que fai que tanto as persoas pequenas como maiores gocen coa súa historia.

Día do amor e amizade

Os alumnos e alumnas de 4° de Educación Primaria sabemos da importancia que teñen tanto o amor como a amizade no noso día a día. Por iso, durante estes días, estivemos traballando na aula en dúas actividades relacionadas con estes sentimentos:

  • Decoramos un corazón formado con pezas de puzzle. Escribimos os nosos nomes, debuxamos e coloreamos cousas que nos gustan para unirnos todos e formar "O corazón do amor e da amizade".
  • Elaboramos, cada un de nós, un caracol con tiras de cartolina e cuxo corpo forma a palabra "LOVE".

INTERNATIONAL DAY OF PEACE, Jan. 30th

Os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio.

Seguindo a campaña de UNICEF, “Vacina do bo trato e da paz”, comezamos a nosa tarefa.

Inscribímonos na campaña e recibimos as nosas cartillas de vacinación nas que escribimos os nosos propósitos para rematar coa violencia que nos rodea.

Puxemos as tiritas co lema #EndViolence, como remedio a esa ferida.

Creamos un mural no que os/as Superheroes do coidado son quen de eliminar o Sueiro Virus coa Sueiro’s Vaccine.

Os componentes desa vaccine son: kindness, friendship, equality, be happy, respect, smile, good listener, love.

Na nosa cartilla de vacinación quedaron reflectidos todos estes compoñentes para que non os esquezaos.

Non hai virus que poda coa nosa vaccine.

Os/as compañeiros/as de 4 E.P. uníronse a esta campaña de vacinación. Vacinas do bo trato e da paz para todos/as!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1613

JOIN US IN THIS AMAZING ADVENTURE

From Manuel Sueiro to Sweden

Tendo como guía á nosa auxiliar de conversa, Melissa, e como lingua vehicular, inglés, fixemos unha viaxe que nos levou desde o noso cole ata Sweden.

Coñecemos o seu lugar en Europa, bandeira, comidas típicas, tradicións, festas e os Dala Horse, dos que fixemos réplicas.

Nun tempo no que as viaxes están restrinxidas á nosa imaxinación, no CEIP Manuel Sueiro viaxamos ben lonxe grazas á axuda da nosa auxiliar de conversa.

THANK YOU MELISSA!

Abrir presentación a toda páxina

Spelling Bee

Os compañeiros/as de 5º E.P. participaron no primeiro SPELLING BEE no noso cole. Deletrearon palabras en English de 3, 4, 5, 6 e 7 letras, empregando o menor tempo posible.

A gañadora absoluta, sen cometer un só erro, foi Eva Seoane Pulgar, recibindo o seu diploma acreditativo.

Félix Vadillo Leyes e Lucas  Vidal López quedaron empatados no seguinte posto, sendo imposible o desempate tras moitos intentos. Tamén eles recibiron o seu galardón.