Decembro 2019

Premiados nas postais de Nadal

Este ano, no concurso de postais de Nadal realizado polo EDL do cole, resultaron escollidas, para felicitar as festas desde o colexio, as realizadas por Pablo e Aldara.

 

Como en anos anteriores, o alumnado de Ed. Infantil participou no concurso que convocou o Colexio de economistas de Ourense. O alumno Ían do cole obtivo un accesit polo seu traballo.

Visita da Apalpadora

O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro.

Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeira e como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiña aos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan.

Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.

 

 

Festival de Nadal

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.

Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.

O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)

 

Photocall Nadal 2019

Pista de Xeo 2019

O 10 de decembro, como en anos anteriores, fomos disfrutar da fantástica Pista de Xeo natural instalada nas terrazas do Centro Comercial Ponte Vella. Con 350 m² (50m2 máis grande que en anos anteriores) de auténtico xeo e con atractivos efectos de luz led, música, fume e outras moitas noveidas.

Unha instalación que xa é un clásico nos últimos anos en Ponte Vella. Este ano a ubicación cambiouo e a pista está situada na Terraza Superior.

Como se pode comprobar na galería de imaxes o alumnado e parte do profesorado pasárono xenial a pesar das múltiples caídos sufridas. Parte do alumnado participante puxo en valor a súa experiencia alcanzada grazas ás clases de patinaxe sobre rodas que reciben en extraescolares no colexio ao longo de todo o curso.

Estamos desexando volver repetir a experiencia.

Lámpada e corazón

«Lámpada e Corazón» é o primeiro conto de valoReSC innovation da colección de «Contos singulares pola Igualdade e para a Ruptura de Estereotipos de Xénero», que se establece na infancia dos nenos e nenas e na adolescencia poden xenerar certo tipo de conductas dañinas para o individuo e a súa relación cos demáis.

Os nenos son fortes e as nenas sensibles, as nenas princesas e os nenos cabaleiros, así coma outros esteteotipos de roles segundo o xénero que se constrúen na infancia e son a base de futuras consecuencias negativas que se observan en gran medida a partires dos 10 anos e que amosan riscos e danos nas persoas, sendo peores nas mozas.

Estas son as principais conclusións do estudio Global Early Adolescent Study, elaborado en 15 países pola «Organización Mundial de la Salud» e a Universidad de John Hopkins (Baltimore, Estados Unidos).

Dende valoReSC innovation nace o proxecto subvencionado polo Concello de Ourense (Concellería de Igualdade), para traballar nos centros escolares e de ocio para a ampliar as miras dos nenos e nenas en relación os roles de xénero.

Mediante a intervención social a comunidade educativa, nais e pais poden traballar co material da colección a través de actividades lúdico educativas, sendo «Lámpada e Corazón» o primeiro conto ourensán para a igualdade, escrito por Josefina Martínez e ilustrado por Isabell Seidel e promovido por valoReSC innovation, que ten por obxectivo fomentar a reflexión e o diálogo para romper estereotipos e traballar no ámbito da igualdade de xénero. O conto acompáñase coas chapas da colección para os nenos e nenas que amosan mensaxes e imaxes que rompen estereotipos e roles de xénero, para que a nosa infancia sexa a mellor mensaxeira dos valores da igualdade.

Que non che conten contos… a diversidade e os roles non son cousa de xénero!

Mercedes quere ser bombeira

O alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou ao longo deste trimestre o libro titulado "Mercedes quere ser  bombeira" que é un conto para nenos e nenas que deberían ler as persoas adultas.

Ensinamos e aprendemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas  filias e as nosas fobias.

A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana.

Hoxe a clase estará dedicada a que cada un conte que quere ser de maior: veterinaria, arquitecto, taxista, xardineiro…  bombeira. Mercedes quere ser  bombeira. Algúns dos seus compañeiros non ven problema na vocación de Mercedes, pero outros non cren que sexa unha profesión de mulleres.

A partir deste intre abrirase un debate na clase no que se apreciará o importante que é a educación recibida polos mozos tanto na escola como na casa.