Novembro 2019

O dente de Clara

O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou na Hora de ler o libro de titulado O dente de Clara de Ana Expóxito Valle.

A Clara, que aínda non fixo os oito anos, unha noite do mes de maio espertouna, de súpeto, unha voceciña: Afogo!..., afogo! Que afogo...! Era Pérez, un rato que levaba o enderezo equivocado para recoller un den te de leite, por iso está empeñado en arrincarllo a Clara. Dende aquel  momento, comezarían para ela unha serie de complicadas aventuras.

Como actividade de animación á lectura deste libro, tamén, realizaron un obradoiro de papiroflexia no que aprenderon a construír paraugas e rás. Cos traballos realizados fixeron unha exposición no recanto de plástica da súa aula.

 

Xadrez: aprender a aprender

Desde a Concellería de Educación en colaboración coa Escola Xadrez – Club Liceo Academia Postal,  presentouse no noso centro un programa de xadrez, orientando as bases para socializar aos nenos e nenas e crear  vínculos de comunicación e amizade.

Este programa ten a seguridade dun futuro para o alumnado participante, que lles axudará a desenvolverse e mellorar  o seu rendemento escolar, como a súa mellor arma pedagóxica para aprender a aprender toda a súa vida.

Está previsto que esta actividade se desenvolva de 16:00 a 18:00 dous días pola semana (martes e mércores) na biblioteca do noso centro.

Feliz 200 cumpleanos Museo do Prado

¡ FELIZ 200 CUMPLEANOS MUSEO DO PRADO !

O 19 de novembro de 2019 o MUSEO DEL PRADO está de aniversario. PARABÉNS!  Non se cómpren 200 anos todos os días.

Desde o CEIP MANUEL SUEIRO queremos enviarlle un bico enorme, desexando que sega coa súa labor moitos anos máis.

Hai xa dous cursos que desenvolvemos un proxecto documental integrado na área de plástica no plan de seccións bilingües dedicado ao museo, “My home, our home, the Prado Museum”.

Os/as que hoxe te felicitamos xa medramos un chisco, pero non esquecemos aquela aventura polos seus corredores e salas.

Tamén seguimos agradecendo as achegas para o noso proxecto facilitadas pola área de educación do Museo.

Para que lembredes o noso traballo poñemos á vosa disposición o enlace do produto final daquel proxecto.

E tamén un proxecto anterior no curso 2015/2016 dedicado á obra de Robert Campin “Santa Bárbara”, que formou parte dun proxecto no programa das Meteoescolas.

BICOS E APERTAS NO TEU ANIVERSARIO

No corazón do bosque

O 14 de novembro realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín  Fernández Paz.

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies.

A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes: A balada dos unicornios de Ledicia Costas.

Exposición magosto 2019

Durante o mes de novembro pódese visitar a exposición que realizamos na entrada do colexio cos traballos feitos polo alumnado e as súas familias con produtos do outono.

Traballos premiados polo alumnado

 

Clubs das letras

O proxecto co que o noso centro foi admitido no programa de innovación educativa “Club de Letras” leva por título:

STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”.

Desenvolvemos este proxecto na área de plástica nos cursos de 1º e 2º EP dentro do plan de sección bilingües. O alumnado de 4º E.P. botaranos unha man nesta tarefa.

No proxecto do curso pasado 2018-2019 adicámonos a coñecer a obra artística de Yayoi Kusama e o seu país, Xapón.

Este curso 2019-2020 buscaremos un punto de vista complementario, a artista londinense Annie Morris, sendo sabedores da admiración que a británica sente pola artista xaponesa. Dúas mulleres unidas polo espírito artístico e diferenza das pola súa idade, Yayoi Kusama pasados os noventa anos e Annie Morris nos inicios dos seus corenta. Unha situación social ben diferenciada, Kusama unha muller coas limitacións da época que lle tocou vivir nun país de férreas tradicións que sen dúbida rompeu, e Morris, unha muller libre de ataduras nunha cidade e país á vangarda de movementos sociais e artísticos.

Visibilizaremos o traballo da artista, muller, nova, multidisciplinar, da súa vida na cidade de Londres, onde naceu e traballa. Sairemos do ámbito puramente artístico para coñecer a cidade de Londres: Leremos, escribiremos e opinaremos sobre a artista, a súa obra e a cidade británica, interrelacionando os aspectos literarios e artísticos, valorando o seu traballo como ilustradora.

Partindo do título dunha das series da artista, “Stack”, compoñemos o nome do proxecto no que o nome do centro, o traballo da artista e o aspecto lúdico quedan de manifesto: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”.

Stacks of Joy for Halloween

Este curso, o noso traballo nas seccións bilingües xira arredor da obra da artista británica contemporánea ANNIE MORRIS.

Da súa serie STACKS OF JOY reproducimos dúas scupltures, ao noso xeito, adaptando as mesmas á celebración de Halloween.

Os materiais empregados para facer as spheres coas que crear as scupltures foron balloons, paper, glue and paint.

Step by step elevamos as nosas creacións, que tendo en conta a época do ano, non poderían ser máis que pumpkins, ghosts and black cats.

Os/as compañeiros/as de 4º EP, traballaron man a man connosco, axudándonos a pintar as spheres.

Mantelas en pé tivo a súa dificultade, pero para eso somos uns/unas artistas.

HAPPY HALLOWEEN ANNIE MORRIS!

 

PFPP CEIP Manuel Sueiro 2019/2020

No curso 2019/2020, o CEIP Manuel Sueiro realizamos un PFPP con dous itinerarios: un de TIC e outro sobre a Biblioteca.

Nas seguintes ligazóns teredes acceso ao traballo desenvolvida en cada unha das actividades de formación que realizamos (podes entrar nos cursos da aula virtual accendo como "Convidado":