Gamificación

Kahoot sobre Antón Fraguas

Pasado o Día das Letras Galegas, realizamos un custionario en Kahoot para avaliar a aprendizaxe do noso alumnado en relación ao traballo de documentación realizado sobre o autor homenaxeado neste ano: Antón Fraguas.

O xardín dos deuses

Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía nórdica. Da man dos deuses acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "O xardín dos deuses".

Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos.

Os principais traballos realizados foron os seguintes:

  • No mes de outubro presentamos o noso PDI na biblioteca do centro cos seguintes traballos realizados no recanto fedelleiro da aula de apoio:

  • Fixemos un traballo de documentación sobre a mitoloxía. Con toda a informacion conseguida realizamos os seguintes traballos:

Libro web na que compilamos todos os recursos.
Presentación sobre os nove mundos.

  • Cos materiais recollidos na fase de documentación realizamos unha curta no recanto fedelleiro da nosa aula sobre os nove mundos da mitoloxía nórdica:

  • Por último, aplicamos unha metodoloxía gamificadora para avaliar as aprendizaxes conseguidas co programa enliña de Kahoot!

Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora.

GALERÍA DE IMAXES

Experimentando con volcáns

No mes de maio o alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou un experimento divertido e emocionante que consistía en reproducir no aula unha erupción volcánica. Previamente pescudaron sobre a orixe dos volcáns e os seus diferentes tipos. Posteriormente, realizarón un volcán fixérono con materiais de refugallo reciclados e para facelo entrar en erupción empregaron vinagre e bicarbonato.

Simularon unha erupción volcánica aproveitando a evolución do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato.

Pasárono xenial ao tempo que reforzaron os contidos traballados neste tema.

No seguinte vídeo podedes observar todo o proceso seguido:

 

Obradoiro de Play Energy Endesa

O de 10 febreiro realizamos no centro un obradoiro de Play Energy Endesa co alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria.

Todos os participantes, mediante unha metodoloxía colaborativa, descubriron o mundo da enerxía e formáronse en conceptos como a enerxía renovable, a eficiencia enerxética ou o consumo eficiente.

O desenvolvemento desta actividade tivo un compoñente lúdico, atractivo e emocional, co obxectivo que os alumnos aprendesen mentres xogaban favorecendo así a memoria dos contidos ofrecidos.

Realizáronse unha serie de experimentos e xogos, probando o funcionamento de vehículos de propulsión eólica, vehículos híbridos solares e xiros lixeiros, entre outros.

A experiencia resultou altamente positiva para o alumnado.

Traballando con códigos QR

O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil.

Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.

 

O mundo da enerxía

O 29 de outubro contamos co presenza no noso centro dunha aula móbil da Fundación Repsol para impartir varios obradoiros sobre a enerxía, a todo o alumnado do centro, dentro do programa "O mundo da enerxía".

A través de actividades interactivas, conducidas por unha educadora especializada na temática, reflexionamos e aprendemos sobre el mundo da energía:

  • Que é a enerxía.
  • A súa importacia na nosa vida.
  • A necesidade de conseguir unha enerxía sostible.
  • As aplicacións do gas e o petróleo e os seus derivados.
  • Os procesos de exploración, refino e obtención dos produtos derivados do petróleo.

 

 

Meteorólogos do Sueiro

O equipo de meteorólogos do Sueiro explícanos a composición do aire, a formación de nubes e o tipo de precipitacións máis abundantes que hai na nosa zona.

Para elo, traballaron cunha metodoloxía "maker" na que eles foron quen de dar solucción ao reto proposto que consistía en crear un programa audiovisual informativo sobre meteoroloxía entre todo o grupo de 4º de Ed. Primaria.

GALERÍA DE IMAXES

 

Distribuir contido