Obradoiro

Experimentando con volcáns

No mes de maio o alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou un experimento divertido e emocionante que consistía en reproducir no aula unha erupción volcánica. Previamente pescudaron sobre a orixe dos volcáns e os seus diferentes tipos. Posteriormente, realizarón un volcán fixérono con materiais de refugallo reciclados e para facelo entrar en erupción empregaron vinagre e bicarbonato.

Simularon unha erupción volcánica aproveitando a evolución do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato.

Pasárono xenial ao tempo que reforzaron os contidos traballados neste tema.

No seguinte vídeo podedes observar todo o proceso seguido:

 

Saúde bucodental

O 10 de maio participamos nun obradoiro de hixiene bucodental realizado por un experto en saúde baixo a coordinación do Concello de Ourense.

Con esta actividade de saúde bucal, promovida polo Concello de Ourense, o que se busca é que o alumnado de Infantil e Primaria coñezan a importancia de preservar e manter unha hixiene oral adecuada, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan previr enfermidades orais máis tarde.

Na charla informativa, tamén nos explicaron como facer un correcto cepillado dos dentes, identificar as principais partes da boca, descubrir os inimigos da saúde bucal ou recoñecer e evitar os alimentos carigénicos.

Asemade, tamén descubrimos como o fluoruro aumenta a resistencia do esmalte e dos dentes e quen é o profesional que se encarga da súa saúde oral.

Visitounos a vaca LUCY e a PANDILLA LÁCTEA

O martes 7 de maio, o alumnado de Primaria e Ed. Infantil participou na actividade “Disfruta con Lucy e a pandilla láctea” que organizou o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) e respaldado pola Unión Europea.

Os obxectivos principais foron:

  • Promover hábitos e conductas saludables vinculadas ao consumo regular de leite e derivados lácteos entre os alumnos dos centros escolares.
  • Incrementar o coñecemento por parte dos alumnos acerca da cadea de produción de leite e productos lácteos, así como familiarizarlos cas actividades dos gandeiros no medio rural.

Primeiro, descubrimos quen é Lucy e como vive cun video moi divertido. Logo, unha especialista en nutrición informounos  do importante que é seguir unha dieta saludable xunto coa realización de exercicio físico. Asemade, falounos da importancia do leite e do seu proceso de transformación desde que é ordeñada ata que chega á noso mesa. Realizamos un xogo didáctico.

Pero non se trataba só dun obradoiro teórico, senón que, o alumnado e profesorado, temos a oportunidade de disfrutar de leite para a hora de lecer.

Esperamos que Lucy volva!!

Obradoiro de igualdade e interculturalidade

A organización Xarela deseñou para o CEIP Manuel Sueiro 2 talleres, un de igualdade de xénero e outro de interculturalidade, con tres sesións cada un deles.

O taller de igualdade realizados durante os meses de xaneiro e febreiro, centrado en que todos debemos ter as mesmas oportunidades e dereitos sen importar o sexo. Os obradoiros centráronse en eliminar estereotipos e prexuízos.

O taller de interculturalidade realizado durante os meses de febreiro e marzo, centrouse na sensibilización sobre a diversidade como un valor enriquecedor fomentando actitudes de respeecto, convivencia, emaptía,…a través de múltiples dinámicas.

O CEIP Manuel Sueiro está moi agradecido organización XARELA polo seu bo facer co noso alumnado.

Na galería de imaxes vos mostramos cales foron as dinámicas dos dous talleres.

Obradoiro de Igualdade e interculturalidade

O 16 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de igualdade de xénero e interculturalidade que desenvolveu a Asociación Xarela na biblioteca do noso centro.

 

Charla sobre o programa "Pilabot"

O 18 de xaneiro, dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida selectiva de pilas e acumuladores, o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo.

Ao remate da sesión, participamos nun concurso no que gañamos todos/as.

Ata finais de mes estamos en prazo de recoller no colexio pilas e acumuladores para o  concurso que promove esta actividade.

Obradoiro de Viaqua: Aqualoxía

O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,…

Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven. 

Pasión pola auga!!

Imaxina outra realidade

O 18 de abril de 2018, estiveron con nós as CHARLAS TECNOLÓXICAS ICCKIDS 2018 "IMAXINA OUTRA REALIDADE" programa da Deputación de Ourense na que amosaron ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º as vantaxes da tecnoloxía e a importancia da robótica e a realidade virtual. 

Despois da explicación tocou gozar da experiencias das gafas de realidade virtual. Xa estamos agardando a que volvan con máis xogos e actividades.    

 

Actividades de COGAMI

O día 04 de abril de 2018 estiveron co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria membros asociación COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Na aula de 3º e 4º de Educación Primaria explicáronnos a través de vídeos as dificultades que teñen as persoas con discapacidade a día de hoxe.

Na aula de 5º e 6º de Educación Primaria a explicación centrouse na terminoloxía de termos como: discapacidade, minusvalía, enfermidade, discapacidade motriz, intelectual,…

Despois da explicación tocou xogar no patio, e ver de primeira man como son os xogos e as regras dos mesmos adaptados para as persoas con discapacidade, entre eles: o fútbol, voleibol e xincana coas cadeiras de rodas.   

 

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.

“As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata”

Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.

Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas!

Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!.

Distribuir contido