Animación

Apadriñamento lector. Día do libro 2023

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

 

Elaborando un kamishibai

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a traballar no fomento da lectura do se alumnado e neste caso quere amosar a forma de contar contos en Xapón a través dos Kamishibais. A actividade consiste na elaboración do kamishibai que lle correspondeu ao alumnado de 6º de Educación Primaria e os contos e historias a cada unha das aulas do resto do alumnado.

Que é o Kamishibai? 

Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico.

Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.

Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentres os espectadores contemplan os debuxos. A lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte, teatrillo de tres portas que se chama «butai», de fronte ao auditorio, e deslizando as láminas unha tras outra mentres se le o texto.

Como elaboramos Kamishibai?

O alumnado de 6º de Educación Primaria construíu o Kamishibai do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Unha vez reunidos decidiron como distribuír o traballo e os materias que precisan anotando a distribución do traballo no folio que asinou todo o alumnado.

Que precisamos?

  • Cartón.
  • Tesoiras e cúter.
  • Pistola de silicona.
  • Lapis de cores, gomas e rotuladores.
  • Regras e metros. 
  • Pintura negra, azul escura, azul clara e branca.
  • Pinceis e rolos.

Como o facemos?  
Os pasos son os seguintes:

  • Eliximos o cartón con forma de libro (cartón dun taboleiro) e medimos a estrutura do mesmo, neste caso 64 centímetros da parte central e 32 de cada unha da portas do Kamishibai.
  • Na parte central buscamos a metade e facemos un rectángulo coas medidas dun A3 (30 por 42 centímetros).
  • Reducimos as medidas do A3 en 0.5 centímetros (29,5 e 41,5 centímetros) cada un dos lados do rectángulo e cortamos.
  • Cortamos 2 tiras de cartón coas seguintes medidas (42 por 4 centímetros) e 4 tiras de 30 por 4 centímetros de ancho. Ditas tiras serán colocadas na parte exterior do Kamishibai para o cal precisamos a pistola de silicona quente. As tiras colocámolas na parte de abaixo e nos laterais o que nos permitira que as láminas de a se suxeiten cando as introduzamos pola parte superior.
  • Medimos o ancho e lago do oco incluíndo as láminas pegadas tendo un rectángulo de 46 por 34 centímetros que debemos pintar. A súa colocación será ao final despois de que este pintado o Kamishibai permitindo que as láminas non se caian.
  • Deseñamos o debuxo do Kamishibai. Repasamos con rotulador e pintamos con rolos e pinceis.
  • Na parte exterior de cada unha das portas colocamos dous tapóns (un en cada unha das portas o máis próximos posible) e unímolos cunha goma o que servirá de peche do noso Kamishibai.
  • Colocamos a asa superior para poder transportalo. O facemos cun cartón que pegaremos con silicona quente.
  • Pegamos a tapa de cartón previamente coloreada pola parte traseira.

E listo xa temos preparado o noso Kamishibai para poder contar contos...

Lecturas no recanto de lectura da biblioteca

O alumnado comezou a realizar lecturas compartidas nos recantos de lectura da nosa biblioteca.

Novo carné da bibioteca e pase de lectura

O Día das bibliotecas fixemos entrega dos novos carnés a todo o alumnado e do novo pase de lectura no que irán reflectindo as súas impresións sobre as mesmas.

Entrega dos novos carnés e pase do liberespazo

Novo carné da bibloteca

Novo pase de lectura da bibloteca

Visita á biblioteca municipal de Ourense

Nas semanas previas ao Día das bibliotecas escolares realizamos todo o alumnado do centro visitou as instalacións da biblioteca provincial para realizar unha xornada de animación á lectura e de formación de usuarios.

O 10 de outubro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil, foi o que realizou a visita á Biblioteca Provincial de Ourense. Ao día seguinte,  os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e 1º de Ed. Primaria, realizaron a mesma visita para coñecer as instalacións da biblioteca. O 17 de outubro foi o alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria quen se acercou ata a biblioteca. Para rematar esta actividade de achegamento á biblioteca provincial, o 18 de outubro realizou a visita o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Na visita puidemos observar como é a biblioteca, cales son as súas normas, os diferentes libros que teñen... Tivemos a sorte de escoitar varios contos, pero o que máis nos gustou foi o “Pollo Pepe” e o de "Andrés mentiroso".

Durante a vista, aos nenos e nenas que non tiñan carné o noso carné da biblioteca, foille facilitado un para que poidan facer uso dos servizos da bibliotecas coas súas familias.

Pasámolo xenial!!

Galería de imaxes da visita de 4º e 5º de Ed. Infantil

Visita dos nenos e nenas de 6º de EI e 1º de EP

Visita do alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria

 Visita do alumnado de 5º e 6º de EP

O alumnado de 3 anos visita a biblioteca

Os nenos e nenas de 3 anos visitaron por primeira vez a biblioteca do cole, estiveron moi atentos e caladiños escollendo o conto que levarán esta semana ás súas casas.

 

Presentación do libro elaborado no club de lectura de 4º de Ed. primaria

O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre.

Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma.

Kahoot! final sobre Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

Como actividade final do club de lectura de 3º curso participamos nun Kahoot! no que puxemos en valor todo o traballado ao longo deste trimestre no Club de lectura sobre a lectura do libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

Foi unha boa maneira de despedir o curso. Pasámolo xenial!!


Kahoot sobre o libro



Kahoot sobre o autor do libro


 

 

Quedada sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra.

A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI.

A experienncia foi moi enriquecedora.

Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura.

Mochila viaxeiras en 6º de EP

No curso escolar 2021/2022 o alumnado de  6º curso utilizou dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titor de 6º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que tivera unha ampla variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompañou a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1º mochila:

  • NARRATIVA.
    El maravilloso mago de Oz.Lyman Frank Baum.
  • POESÍA.
    Poemar o mar. Antonio García Teijeiro.
  • CÓMIC.
    Magalina.Sylvia Douyé / Paola Antista.
  • REVISTA.
    Reportero DOC. N.º 290

2º mochila:

  • NARRATIVA.
    La espada del destino. Gerónimo Stilton.
  • POESÍA.
    Lueiro de papel. Antonio García Teijeiro.
  • CÓMIC.
    Amazonia. Gabrión.
  • REVISTA.
    Reportero Doc. N.º 285

Os alumnos e alumnas desfrutaron do contido das mochilas viaxeiras, completando as opcións de lectura co préstamo semanal de libros que se realizou na biblioteca do centro durante o presente curso.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos.

Dicir que o alumnado valoroun positivamente o contido das mochilas, achegando e compartindo os seus gustos persoais para vindeiras eleccións dos contidos das mesmas e reflectindo nos cadernos ,mediante debuxos ou textos, o que o contido dos libros elixidos lles suxire.

Distribuir contido