![](https://lh3.googleusercontent.com/7YGmubMgcVPFZ291UrVoOJbpZdXnLPCWX_PWd26U_cOjkflCB2NHAD7vk56iKUhf6T_sRKye_d0H90Y9PG6aWAttDXi2LzqGT2jQroCvtcsWkPNG5BJrIA2TF6sDzoSG8cK6u4g_JYoPop8SBeJueS3LjbHUxvuRhBJ3WbFujjBDwjhHNsrcx_DvJYKmBkHILDWrgjgfOe5lsDy2DXrXHDRW16YmixLZxBOUEa9LO5NuC4c5ssSXDlc8oBWYIEunZR-A69_Ul-9C4lp6f808ArAw4yTr3H6peRquvXmghZ5B-viGfhJNMGEpNRBMx3g1-0Gi9VSOaB-R08o6Z-aC_Ch-hVPZ3ep8YOkHLkdQKR5U3hCxNHmSqbzffvr22WSE5k12YDYOpevQUx7Q9IgVpQJuR6dJQnPVdxmBQJLehlBVJNCBzAcoVyDyFTnqTOHya6td-LlsAihUPyEZjJubP28Ql9DPgJbPLruZ-PeexU7qGLLKO2h9sH7SG8x6jv-l3LqIYuVfVYABmM2hzl6i9bVfGKogdOy5WLkrW13K3xLLwwh7x0BWxl3d7sS9CrOeZKiR9cLTNsPf4dPoGnA88prjxTzUVQc1LVH6RTD44rrPmaRsTY_acKdrGDa1c8h59x79Qo8lsRNMWJU-TB4-63YQYxVNTKDcH-emo0mRswT2j-cAmqqP-m1i5TJ3srJCDgBe-BbwDHQy3REnZeddjLyw9ozvevPovnv7xrjpVDZj48Oi9A=w1200-h396-no)
O 24 de outubro celebramos no noso cole o Día das bibliotecas escolares. Como en anos anteriores, aproveitamos esta data para presentar o PDI deste curso á comunidade educativa. Este curso académico o título escollido é "Incrible? Non!... está nas túas mans" co que pretendemos fomentar e favorecer a igualdade e a diversidade desde todo o traballo realizado desde a Biblioteca.
Cada grupo encargouse de presentar o que van a traballar nas súas aulas ao longo deste ano en relación á temática proposta.
- Alumnado de Ed. Infantil. Traballarán a coeducación e a igualdade de xénero a través do conto "Rosa caramelo" no cal a elefanta Margarita reivindica a igualdade de xénero para os nenos e nenas.
- Alumnado de 1º de Ed. Primaria. Empregarán o conto de "Todo o mundo" para traballar a igualdade, xa que aínda que todos somos diferentes no noso interior podemos afirmar que todos somos iguais.
- Alumnado de 2º de Ed. primaria. "Mercedes quere ser bombeira" é un conto para nenos e nenas que deben ler os adultos. Ensinaremos e aprenderemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas filias e as nosas fobias. A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana.
- Alumnado de 3º e 4º de Ed. primaria. Presentaron a súa aportación ao PDI do centro que versará sobre as distintas profesións facendo fincapé nos estereotipos de xénero que a sociedade ten sobre as mesmas.
- Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. Fixeron unha presentación da temática que traballarán "Cidadanía, igualdade e integración" por medio de linguaxe de signos.
- Alumnado de Inglés. GOLDEN RULES. A participación da área de inglés no PDI do centro será a través das GOLDEN RULES. Eses comportamentos cotiás que fan que a nosa relación cos demais sexa o máis positiva e respectuosa cara aos outros. Saudar, desculparse, dar as grazas, compartir, …, Golden rules para o noso día a día. E o máis importante, … SMILE, PLEASE!
O alumnado de 4º de Ed. Primaria, tamén representou un teatriño de monicreques titulado " A cachiporra máxica" para recordarnos que a celebración do Samaín xa está "aí".
Para rematar, o alumnado de 5º de Ed. Primaria representou unha obra de teatro que eles mesmos elaboraron e titulada "A nosa biblioteca", co fin de iniciar a formación de usuarios do novo alumnado do noso centro aos que lles foi entregado o seu carné de biblioteca.
![](https://lh3.googleusercontent.com/-0Nk-E9bjRg1vt6BeDxQsxLsgB7alKas_eBS0Szw8WFCw3zX87kxvD7pyqQ3NlzLpTL2TDOQfZnGUfAFNwejfNSnfXvTpobB95eWbGv0xsBinWFHtyQnWXdK7bhazVHw1qOUoqpnCisbm76OrocfNt2-tDRkSUqQksChhBqKQYZrmF5U5O5V3sFQIobMli6TAyNvsZRDE5AXyumRnUgoZ1eFcpTrwfzWyFUsInV6riM8uurStxraDoO5WV8LCGhy3e-KB1nL2Ft6SUtpTqd4dHzDmqgoF9FpV5NtL9ISp4GXNiy8C7-kb50ygdrKRQM5ZZdG0BcjCJ29ieukN_dIuDAfLHCn74P3EtHEj43Ycl73NkF_fOWyKIjmUQeR_hmPesO5v45N4pN_odv5eCSlWRaMGkDSlhXTDo-ZI8Jd4w4f1a9Pz1-tJxiZKEM8Nny40lPjwZH4aNyW3lSsHfmkgjvO9wuV0627RAbn7vcfZ4yLDON0y1iOgVqRjnKSA829ZJfuy9n2WOwyaub5paIiX5b3znhIThI-7Udbka7TKcyI1lGLa-XSK20w0TBbGmgnPqMQb-4F8l_Mu2yYNhYAEkkfPBsUTGY0gPthVTy6xTJDtDAyxigCW-SU5Vk4Pd5AM7agl0daTNZ_MXx679aM8sI9r5ixR_PgOE-u8htjeNG6aqnOQCj6HCEjqFxyBMl72kR-_xbYLcM2Mqteu9DMvLwSY9upAl4p8jZX-5FoMUgmXmSE2Q=w1200-h804-no)