Concurso de animación á lectura

O Club de lectura do 1º Ciclo celebra un emocionante concurso de animación á lectura!

No mes de abril, o Club de lectura do 1º Ciclo culminou a súa lectura do libro "Xela, a superheroína da aldea" de Inma Soto cun emocionante concurso de animación á lectura. Nesta ocasión, na dinámica do concurso empregouse a aplicación Kahoot, onde os participantes formaron equipos e competiron utilizando un ordenador por persoa.

Esta nova modalidade, para eles, fomentou a interacción e o traballo en equipo entre os nenos e nenas participantes, que demostraron un gran coñecemento do libro. A maioría dos participantes non cometeron erros nas respostas, o que derivou nunha disputada competencia onde a velocidade en responder as preguntas determinou ao equipo gañador.

Desde o equipo de biblioteca entendemos que o concurso foi un éxito rotundo xa que os e as estudantes divertíronse moito e motiváronse aínda máis pola lectura. Ademais, a utilización de Kahoot permitiunos avaliar dunha maneira lúdica e dinámica a súa comprensión do libro.

Este concurso é unha mostra máis do compromiso do noso cole co fomento da lectura entre o seu alumnado. O Club de lectura do 1º Ciclo é un espazo onde os nenos e nenas poden gozar da lectura, desenvolver a súa imaxinación e ampliar os seus coñecementos.

Parabéns a todos os participantes polo seu entusiasmo e polo seu gran coñecemento do libro!