
A hora de ler realizouse todos os días de 12:00 a 12:20 sendo os mestres encargados son: Mª del Carmen Aldemira e Noberto Dorrío.
E tomáronse como obxectivos os seguintes:
- Ler diferentes tipos de textos (cómic, poesía, narrativa) de maneira fluída coidando o ritmo, a entoación e a articulación.
- Realizar unha lectura comprensiva, sendo capaces de deducir a mensaxe do texto.
- Desenvolver o gusto pola lectura, fomentando o uso das bibliotecas do centro e de aula, así como o préstamo de libros.
- Mellorar a velocidade lectora.
- Tomar conciencia das regras básicas de ortografía e do seu correcto uso.
- Ampliación do vocabulario.
E como actividades:
- Explicación ou busca no dicionario das palabras que non saben o seu significado.
- Realización individuais e colectivas de contos coas palabras aprendidas.
- Realización de debuxos sobre os textos lidos.
- Comentario dos textos.
- Utilización das Tic.
- Creación propia de poemas.
- Creación propia de obras teatrais.
TEXTOS TRABALLADOS
- O dente de Clara (Ana Expósito Valle) Edt. Tambre
- Problemas de dinosaurios (King-Smith, Dick) Ed. SM
- Poesía : Poemas para leer a Troche y Moche de José L. Ferris
Actividades realizadas
- Comentarios de palabras novas.
- Busca no dicionario.
- Debuxos do texto ou poema.
- Creación de guións de obras de teatro.
- Xogos coas rimas.
- Creación de poemas.
- Móbiles con personaxes dun conto

Debido ao sucedido neste curso, no mes de marzo, quedaron actividades sen facer e textos sen ler. Pero, así a todo, durante parte do confinamento o alumnado continuou realizando a hora de ler.
- Traballamos co libro " O Castiñeiro dos Desexos" de Xosé A. Perozo
A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado, independentemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprensión lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula.