Skip to Content

Actividades

Concurso de logos para o centro

Rematado o prazo de presentación de logos para o centro, os membros do xurado tivérono moi difícil para escoller o gañador dada a altísima calidade dos traballos presentados, tanto en calidade como orixinalidade.

Desde aquí, queremos agradecer a todos e todas as participantes o seu esforzo e dedicación.

Na seguinte galería podedes observalos:

 

Este será o logo que identificará ao noso centro, a partir de agora:

Gañador do concurso

Concurso logotipo para o colexio

O CEIP Manuel Sueiro non dispón actualmente dun logotipo que o identifique dun modo fácil, integrador, inequívoco e actual. O obxectivo deste concurso é a elaboración dun logotipo que ofreza unha nova imaxe do centro.

O logotipo será destinado a ser a imaxe representativa do CEIP Manuel Sueiro, en toda a difusión de información sobre o mesmo, a través de súa páxina web e outros documentos.

Poderán participar todos os membros da comunidade educativa cun máximo de dous traballos. Estes deberán ser orixinais e inéditos.

O prazo de presentación remata o 27 de xaneiro de 2018.

O responsable do logotipo gañador recibirá unha tablet como agasaio.

Bases do concurso.

Anímate e participa!!

Eleccións ao Consello Escolar 2016

Ao longo deste trimestre levarase a cabo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG 4/10/16).

Neste ocasión toca renovar os seguintes membros:

  • 3 membros do sector de pais e nais.
  • 3 membros do sector de mestres.

Desde a dirección do centro, animámosvos a participar activamente neste proceso que é fundamental para o bo funcionamento do colexio.

A Xunta electoral aprobou, o 3 de novembro, o seguinte calendario:

  • Do 4 ao 14 de novembro:
    • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.
    • Prazo de presentación de candidaturasDescargar modelo.
  • Do 16 ao 27 de novembro.
  • Día 29 de novembro:
    • Votacións dos distintos sectores.
      • Pais e nais (3 quendas para votar):
        • De 09:00 a 09:30; de 13:15 a 14:00 e de 15:30 a 16:00 horas.

O día 30 de novembro a Xunta Electoral proclamará aos candidatos electos.


 

Novos membros electos do Consello Escolar:

  • Sector do profesorado:
    • Dª. Inmaculada Lorenzo Cancio
    • Dª. Mª del Pilar Iglesias Gómez
    • D. José Antonio Regal Vázquez
  • Sector Pais/Nais do alumnado:
    • Dª. Ana Belén Fernández González
    • Dª. Marta Ester Rivera García
    • Dª. Mª Teresa Prieto Nogueiras

Festival de Nadal 2015

Galería de imaxes

 

O xoves 17 de decembro celebramos o Festival de Nadal ás 17:30 horas no Salón de Actos do IES das Lagoas. Desde aquí agradecemos a todos os asistentes a súa participación nesta festa que con tanto esforzo e ilusión prepararon os nenos e nenas do cole para as súas familias e amigos.

O programa de actuacións foi o seguinte:

Na seguinte galeria podedes acceder a todas as imaxes da actuación.

Galería de imaxes

 

Festa de Nadal da ANPA Limiar

O magoO venres 18 de decembro a ANPA Limiar organiza a Festa de Nadal nas instalacións do cole en horario de 16 a 19 horas.

A actuación será gratuíta para os socios da ANPA e terá un custo de 5 € para os non socios. Hai que confirmar asistencia antes do día 10 (e pagar, de ser o caso, antes do día 11) para poder organizar o evento correctamente.

Pódese descargar o impreso para confirmar asistencia entregándoo no centro o aos membros da ANPA:

ASÍ CELEBRAMOS A FESTA DE HALLOWEEN

Distribuir contido


by Dr. Radut