Skip to Content

Xogos populares

Xogos populares 2019

 

Celebración do magosto 2018

O 8 de novembro celebramos a festa do magosto na pista polideportiva do noso centro, pois as condicións metereorolóxicas nos marcaron, como obrigatorios, os recantos a empregar.

Este ano, contamos coa presenza do alumnado do CIFP Portovelo como colaboradores especiais para animar a xornada con xogos ambientados no magosto. Pasárono xenial, tanto os nosos veciños como alumnado do noso centro.

Unha vez rematados os xogos, recuperamos forzas a base dun menú con produtos típicos desta festa: chourizos asados e preñados, empanada, lacón, bica de Trives e castañas.

Para finalizar a celebración movemos o esqueleto ao ritmo da música que lle iamos pedindo ao noso DJ.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos.

Os xogos populares como modo de aprendizaxe

Este ano  como actividade para o PDI do centro o alumnado de 2º  curso traballou o tema “Os xogos populares como medio de aprendizaxe”.

A partir do tema elixido, achegámonos ao  mundo dos xogos populares galegos como medio de aprendizaxe e ao coñecemento básico de distintos xogos e a súa utilización como forma de aprender.

Os xogos elixidos neste curso foron:

  • A BILLARDA
  • A CHAVE
  • AS CHAPAS
  • A RA
  • AS CANICAS
  • OS AROS
  • O PANO

Xogos de magosto

Como en anos anteriores, o alumnado do Ciclo Superior de animación sociocultural e turismo do CIFP Portovelo realizou unha sesión de xogos populares no noso centro.

A data elixida foi a da celebración da festa do magosto, por iso, os xogos escollidos xiraron sobre ese centro de interese. Os participantes foron distribuídos en catro grupos segundo a súa idade. Ao longo de dúas horas, os monitores realizaron múltiples xogos, adaptados ás súas características, o que redundou en que o tempo se lles pasara voando.

Como remate da actividade, os futuros animadores socioculturais foron avaliados polos cativos cos que traballaron. O resultado, da mesma, foi altamente positiva, xa que á inmensa maioría dos participantes lles concedeu a máxima valoración posible.

Parabéns para todas e todos os compañeiros do CIFP Portovelo!

Distribuir contido


by Dr. Radut