Skip to Content

Reserva

Normativa reguladora: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15/03/2013), modificada pola Orde do 25.1.2017 (DOG do 1.2.2017).

RESERVA DE PRAZA CURSO 2019 / 20 

Quen pode reservar praza?

a)  Alumnado que durante o curso 2018/19 cursa estudos no IES As Lagoas e teña previsto continuar matriculado no centro no vindeiro curso 2018/19.
Entre o 1 e o 15 de febreiro, entregaráselles o documento correspondente para formalizar a reserva.

b) Alumnado dos centros adscritos: CEIP As Mercedes,  CEIP Curros Enríquez,  CEIP Mestre Vide,  CEIP Manuel Sueiro
que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2019/20 en 1º de ESO.

c) Alumnado dos centros adscritos: CPI José García, CPR A Purísima, CPR Concepción Arenal, CPR Divina Pastora, CPR Guillelme Brown, CPR Miraflores que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2019/20 en 1º Bch.

 

O alumnado que non e estea comprendido nos apartados anteriores e pretenda cursar estudos neste centro deberá acollerse ao disposto no proceso de ADMISIÓN.

 

Prazos
Do 1 ao 15 de febreiro de 2019, ambos incluídos.

Documentación
Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:
 

- Anexo I  atallo

- Formulario de previsión de matrícula   ESO-1º     BCH-1º  

- Só no caso de non autorizar  a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).

 
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Listaxe definitiva de solicitudes de centros adscritos   1º ESO    1º Bch

Publicarase o 28.02.2019



page | by Dr. Radut