Skip to Content

Admisión, Listaxe de admisión

Admisión_listaxes

ADMISIÓN 2018 / 19

 

Listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos

 ESO - 1º        ESO - 2º        ESO - 3º        ESO - 4º        BCH - 1º

Contra esta relación definitiva as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

 

Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 ESO - 1º        ESO - 2º        ESO - 3º        ESO - 4º        BCH - 1º

 A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional, do 25 de abril ao 3 de maio.

Modelo de reclamación

 

Admisión

Normativa reguladora: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15/03/2013)

                                           Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 12.2.2017)


ADMISIÓN 2018 / 19

 

Prazas vacantes ofertadas no proceso de admisión :

 

Cursos

Unidades

   Postos escolares

Vacantes ofertadas

NEEAE

1º ESO

4 x30

120

49

*

2º ESO

4 x 30

120

       0

    

3º ESO

4 x 30

120

      10

    

4º ESO

4 x 30

120

       3

 

1º BCH

Artes

33

      29

 

Ciencias

165       19
 
Humanidades e CC. SS.       16  

6 x 33

198          64  
2º BCH Artes 33        3
 

Ciencias

165 18

 

Humanidades e CC. SS.       19  

6 x 33

198            40
 

* Do total de vacantes, reservaranse tres prazas por unidade para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo)  (A.3.2)

 

Quen debe realizar o proceso de admisión ?

Alumnado de centros adscritos que non fixera reserva e alumnado de centros non adscritos ao IES As Lagoas que teña previsto continuar os estudos neste centro o vindeiro curso 2018/19.

 

Prazos
Do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos incluídos.

 

Documentación
Documentación que se debe presentar na secretría do IES As Lagoas para formalizar a solicitude de admisión:


1-  Solicitude - Anexo II. acceso   (A. 14)

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)  (A. 16.1)

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. (A. 16.1).

4- Impreso de prematrícula do curso para o que solicita a admisión:

    ESO - 1º     ESO - 2º    ESO - 3º   ESO - 4º   BCH - 1º    BCH - 2º

 

IPREM

Criterio complementario    Declaración xurada


Calendario


Do 23 de marzo ao 9 de abril de 2018, ambos inclusive (
sempre que a demanda supere a oferta de prazas):

O 22 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).

Criterios prioritarios  acceso

Empate na puntuación  resolución


O 24 de abril de 2018:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).

A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional do 25 de abril ao 3 de maio.

 

O 14 de maio de 2018:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación.

Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Para ter en conta:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que presente solicitude de admisión neste IES As Lagoas, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.

O alumnado que presente solicitude de admisión neste IES As Lagoas e tivera feita reserva de praza no centro adscrito que lle poidera corresponder, deberá renunciar a dita reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Área de infuencia do centro       PLANO

Zona de influencia limitada ó:

Norte: Avda. Ribeira Sacra desde a Ponte Vella á Ponte Nova, Curros Enríquez desde a Ponte Nova á Rotonda Fonte das Pirámides (beirarrúa do centro) (incluída), Rúa, Avda. Otero Pedrayo (só beirarrúa do lado do centro), Río Miño dende a ponte Nova.

Oeste: Rúa do Progreso dende a Ponte Vella ata a Rúa Cruz Vermella (incluída).

Sur - Oeste: Rúa Cruz Vermella (Non incluída), Rúa San Miguel (non incluída), Rúa Viriato (non incluída), Rúa Estrella (non incluída), escaleiras á Rúa da Granxa (non incluída), rúa da Granxa con cruce de San Mamede (non incluída), estrada Santa Maríña (non incluída) Serra da Moa (non incluída), Rúa Monte Penagache (non incluída), Tras Divino Maestro ata a Rúa da Granxa (non incluída) e Estrada de Santa Mariña (non incluída).

Concellos: Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar e Esgos (exlusivamente para Bacharelato).

Tendo en conta o Artigo 3 do Decreto 118/2011 (DOG do 22-06-2011) a área de influencia do antigo IES Portovello, engádese a do IES As Lagoas.


Servizos complementarios ofertados

Servizo de comedor (os luns) ofertado e xestionado polo servizo de cafetería.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut