Skip to Content

Escolares

ROTEIRO CASARES

 

Alumnos de As Lagoas abren o 'roteiro Casares'

Percorreron as rúas da cidade relacionadas coa vida e obra do escritor
  
 

redacción. ourense - 18-12-2013

 

 

 

Un grupo de alumnos do IES As Lagoas, acompañados do seu profesor Afonso V.Monxardín, fixeron onte, dende as dez e media da mañá, unha primeira experiencia para un roteiro pola cidade en memoria de Carlos Casares. Iniciado no Parque de San Lázaro, lembraron que nacera como escritor do seu contacto co seu profesor de literatura Agustín Madarnás e de Vicente Risco, nos mediados dos 50, e que foi agasallado en todas as cidades de Galicia, despois da súa morte en 2002, con rúas e estatuas, pero aínda non en Ourense. A continuación percorreron dezaoito puntos da cidade, e nas paradas fixeron lectura de fragmentos escollidos dos seus libros, nun percorrido triple, pola vida e obra de Casares e pola relación do escritor coa cidade e as súas xentes.


PERCORRIDO

Comezaron na esquina da avenida da Habana e Cardeal Quevedo, no lugar onde estivera a casa de nacemento, e despois de pasar por Curros Enríquez, a igrexa dos franciscanos, o parque de San Lázaro, a rúa do Paseo, a Alameda, o Liceo, Arcedianos, rúa da Paz, praza do Ferro, Lepanto, praza do Trigo, concluíron na Praza Maior.

Textos de obras de Casares como 'Vento Ferido', 'Cambio en Tres', 'Ilustrísima', 'Un país de palabras', 'Deus sentado nun sillón azul', 'O sol do verán', combinados con distintos fragmentos de ensaios históricos, biografías e textos xornalísticos, e as explicacións do profesor, puxeron luz a un percorrido que pretenden repetir e facer nunha posta de largo, o día 9 de marzo próximo, cando se cumpra xa unha ducia de anos sen Carlos Casares.

 

http://www.laregion.es/noticia/272465/alumnos/lagoas/abren/roteiro/casares/

ACTA PREMIOS DÍA DO LIBRO 2011

MECO 2010

PREMIOS CONCURSO DE RECEITAS DE NADAL

O día 22 de decembro celebramos o concurso de "Receitas de Nadal" e entregamos os premios ás tres mellores sobremesas a: Sofía Dibuja, Alba  González e Elisa Álvarez. No arquivo adxunto poden verse imaxes.

Noraboa ás gañadoras. E o ano que vén repetimos.

 

 

EXPOSICIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES

O Departamento de Física e Química organizou unha exposición sobre enerxías alternativas. Poden verse imaxes da mesma picando no arquivo adxunto.

 

O muro de Berlín

Con motivo do 20 aniversario da caída do muro de Berlín do 9 de novembro de 1989, o departamento de alemán coordinou a construción dun muro pequeno na entrada do noso centro. Participaron varios grupos de alumnos (alumnos de alemán de 2º ESO, 4º ESO, 1º BACH, como tamén algúns voluntarios doutros cursos, como 4º E e os alumnos da sección bilingüe de Música de 1º BACH), profesores e algún voluntario máis, aos que queremos agradecer a súa colaboración.

Se queredes ver algunhas fotos de todo este evento, entrade no blog de alemán, http://lagoasaleman.blogspot.com/ .

O 9 de novembro pola mañá proxectamos un documental sobre a caída do muro de Berlín, "Cando caeu o muro - da división á reunificación", que podedes atopar aquí:

http://www.dw-world.de/popups/popup_single_mediaplayer/0,,4853139_type_video_struct_9129_contentId_4853704,00.html (en castelán).

Pola tarde procedemos co derrumbamento simbólico do noso muro.

O martes día 10, proxectamos a pelicula Goodbye Lenin (Alemaña, 2003) na aula de vídeo do instituto.

 

Viaxe COMENIUS a Bremen

 Bremen

 O Ies as Lagoas participa no proxecto Comenius con outros 3 centros dos seguintes lugares:

  • Château-du-Loir (Francia) que xa visitaron do 21 ó 25 de xaneiro
  • Bremen (Alemaña) Bremen que acaban de visitar 11 ó 15 de maio de 2009
  • Remouchamps (Bélxica) con data prevista para  novembro de 2009
  • Neste enlace temos fotos das actividades e dos profesores e alumnos que foron a viaxe.

    CONVOCATORIA PARA PARTICPAR NO PROXECTO COMENIUS 2008-2010

    00/00/
     INTRODUCIÓN

    Trátase du proxecto de centro a nivel europeo sobre o tema "O tempo libre dos mozos e mozas en Europa", proxecto que levará a cabo en lingua inglesa. Atopas máis información sobre o proxecto no blog http://comeniusproject-elay.blogspot.com/.

    A súa duración é de 2 anos (cursos 2008-2010) e realizaranse tres viaxes de estudos sen coste algún para os participantes ás seguintes cidades:

    • Château-du-Loir (Francia) do 21 ó 25 de xaneiro de 2009
    • Bremen (Alemaña) do 11 ó 15 de maio de 2009
    • Remouchamps (Bélxica) en novembro de 2009 (data por confirmar)

    Consideramos que a participación nestas viaxes é un premio ao esforzo e bo comportamento, e, ademais, teranse en conta os seguintes puntos:

    • Ser alumno/a do centro e cursar 4º ESO ou 1º BACH
    • Ter un bo expediente
    • Dedicación activa no proxecto
    • Nivel lingüísitico bo en inglés
    • Dependendo dos países que se visitarán, tamén bo nivel en francés e / ou alemán
    • Dispoñibilidade para aloxarse nunha familia durante as estancias no estranxeiro e compromiso a acoller a eses / as alumnos /as de intercambio a finais de maio de 2010.

    O profesorado participante neste proxecto decidirá segundo o perfil dos alumnos interesados quen participará en cada unha das viaxes.

    SE CHE INTERESA:

    Baixa o impreso de solicitude que atopas no arquivo adxunto e entrégao antes do venres, 12 de decembro á profesora Elisa Álvarez Fernández (Departamento de Alemán) ou ó teu profesor/a de inglés por escrito, xustificando o teu interese en formar parte do proxecto e describindo que poderías achegar ti a este proxecto.

     

    PROXECTO COMENIUS - ELAY ("European Leisure among Youngsters")

    00/00/

     

    Tras non dotar aos compañeiros de Águeda (Portugal) coa subvención correspondente por parte da súa Axencia Nacional COMENIUS, convertémonos nós nos coordinadores deste proxecto.
    O título do proxecto é "ELAY - European Leisure among Youngsters" que se levará a cabo en inglés.

    Colaboramos con 3 socios europeos máis:
    - O Lycée Racan de Château-du-Loir (Pays de la Loire)- Francia
    - O Schulzentrum des Sekundarbereichs II an der Grenzstraße de Bremen - Alemaña
    - O Centre Scolaire Saint-Joseph Saint-Raphaël de Sougné-Remouchamps - Bélxica

    Entre os días 19 e 23 de novembro seremos os anfitrións do primeiro encontro cos nosos socios. Virán 9 profesores das escolas citadas e durante estes días traballaremos na programación das actividades que se desenvolverán nos próximos dous anos, en relación con este proxecto, ademais de ensinarlles a nosa cidade e arredores.

    Manterémosvos informados de todo o relacionado con este proxecto a través da nosa web e do noso novo blog: http://comeniusproject-elay.blogspot.com/

    Elisa Álvarez Fernández (Coordinadora do Proxecto)

     

    PREPARATIVOS PROXECTO COMENIUS 2008-2010

    00/00/

    O venres, 9 de maio recibimos unha visita especial no noso centro: O Prof. Eleuterio Santos, profesor da Escola Secundária Marques de Castilho de Águeda (Portugal), coordinador principal do proxecto COMENIUS para o cal solicitamos a nosa participación nos seguintes 2 cursos. Trátase dunha Asociación multinacional COMENIUS, na que participaremos un total de 8 escolas de Alemaña, Bélxica, Francia, España, Lituania, Polonia, Portugal e Turquía. O tema deste proxecto: European Leisure among Youngsters (O tempo de lecer da xuventudee europea) que se desenvolverá en inglés.


    O motivo da visita do noso compañeiro portugués era coñecer de primeira man o noso centro, os profesores interesados no proxecto e preparar o que será o primeiro encontro en novembro deste ano, un encontro que combinaremos entre Águeda e Ourense.


    Ata pronto.

     

    Cea conxunta. A dereita, Eleuterio Santos

    Distribuir contido


    by Dr. Radut