Skip to Content

Escolares

CONVOCATORIA PARA PARTICPAR NO PROXECTO COMENIUS 2008-2010

00/00/
 INTRODUCIÓN

Trátase du proxecto de centro a nivel europeo sobre o tema "O tempo libre dos mozos e mozas en Europa", proxecto que levará a cabo en lingua inglesa. Atopas máis información sobre o proxecto no blog http://comeniusproject-elay.blogspot.com/.

A súa duración é de 2 anos (cursos 2008-2010) e realizaranse tres viaxes de estudos sen coste algún para os participantes ás seguintes cidades:

  • Château-du-Loir (Francia) do 21 ó 25 de xaneiro de 2009
  • Bremen (Alemaña) do 11 ó 15 de maio de 2009
  • Remouchamps (Bélxica) en novembro de 2009 (data por confirmar)

Consideramos que a participación nestas viaxes é un premio ao esforzo e bo comportamento, e, ademais, teranse en conta os seguintes puntos:

  • Ser alumno/a do centro e cursar 4º ESO ou 1º BACH
  • Ter un bo expediente
  • Dedicación activa no proxecto
  • Nivel lingüísitico bo en inglés
  • Dependendo dos países que se visitarán, tamén bo nivel en francés e / ou alemán
  • Dispoñibilidade para aloxarse nunha familia durante as estancias no estranxeiro e compromiso a acoller a eses / as alumnos /as de intercambio a finais de maio de 2010.

O profesorado participante neste proxecto decidirá segundo o perfil dos alumnos interesados quen participará en cada unha das viaxes.

SE CHE INTERESA:

Baixa o impreso de solicitude que atopas no arquivo adxunto e entrégao antes do venres, 12 de decembro á profesora Elisa Álvarez Fernández (Departamento de Alemán) ou ó teu profesor/a de inglés por escrito, xustificando o teu interese en formar parte do proxecto e describindo que poderías achegar ti a este proxecto.

 

PROXECTO COMENIUS - ELAY ("European Leisure among Youngsters")

00/00/

 

Tras non dotar aos compañeiros de Águeda (Portugal) coa subvención correspondente por parte da súa Axencia Nacional COMENIUS, convertémonos nós nos coordinadores deste proxecto.
O título do proxecto é "ELAY - European Leisure among Youngsters" que se levará a cabo en inglés.

Colaboramos con 3 socios europeos máis:
- O Lycée Racan de Château-du-Loir (Pays de la Loire)- Francia
- O Schulzentrum des Sekundarbereichs II an der Grenzstraße de Bremen - Alemaña
- O Centre Scolaire Saint-Joseph Saint-Raphaël de Sougné-Remouchamps - Bélxica

Entre os días 19 e 23 de novembro seremos os anfitrións do primeiro encontro cos nosos socios. Virán 9 profesores das escolas citadas e durante estes días traballaremos na programación das actividades que se desenvolverán nos próximos dous anos, en relación con este proxecto, ademais de ensinarlles a nosa cidade e arredores.

Manterémosvos informados de todo o relacionado con este proxecto a través da nosa web e do noso novo blog: http://comeniusproject-elay.blogspot.com/

Elisa Álvarez Fernández (Coordinadora do Proxecto)

 

PREPARATIVOS PROXECTO COMENIUS 2008-2010

00/00/

O venres, 9 de maio recibimos unha visita especial no noso centro: O Prof. Eleuterio Santos, profesor da Escola Secundária Marques de Castilho de Águeda (Portugal), coordinador principal do proxecto COMENIUS para o cal solicitamos a nosa participación nos seguintes 2 cursos. Trátase dunha Asociación multinacional COMENIUS, na que participaremos un total de 8 escolas de Alemaña, Bélxica, Francia, España, Lituania, Polonia, Portugal e Turquía. O tema deste proxecto: European Leisure among Youngsters (O tempo de lecer da xuventudee europea) que se desenvolverá en inglés.


O motivo da visita do noso compañeiro portugués era coñecer de primeira man o noso centro, os profesores interesados no proxecto e preparar o que será o primeiro encontro en novembro deste ano, un encontro que combinaremos entre Águeda e Ourense.


Ata pronto.

 

Cea conxunta. A dereita, Eleuterio Santos

ACTO DE DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE BACHARELATO E DO TAFAD... E VIDEO CONMEMORATIVO

00/00/

 

O xoves 29 de maio tivo lugar o acto de despedida dos alumnos e alumnas de 2º bacharelato e do TAFAD. En primeiro lugar a intervención do Director, Afonso Vázquez-Monxardín, que podedes reler nun enlace que adxuntamos nun ficheiro a continuación.

 

  

A convidada especial a este acto foi a Sra. Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio, ex-alumna do noso centro e que destacou como deportista de élite.

 

Francisco Javier Arias Vilas, representante da Asociación de Nais e Pais (ANPA) fixo unha presentación recopilando fotos dos protagonistas deste día, os alumnos e alumnas que remataban os estudos de Bacharelato, e co enlazamos ao fin desta crónica.

 

Os alumnos Iris González, Víctor Álvarez e Iker Domínguez, en representación dos seus compeñeiros de promoción, fixeron un discurso lembrando as súas vivencias neste centro durante o derradeiros seis anos.

 

E un ano mais A Capela Madrigalista acompañou este acto rematando co xa tradicional Gaudeamus Igitur.

VELAQUI O ENLACE AO VIDEO Insignias 2008  , fermoso e cheo de saudades, que foi presentado polo presidente da ANPA Francisco Javier Arias Vilas.

Aquí vai a foto da Orla, o resto habémolas pór un destes días.

 Orla promoción 2007-2008

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

00/00/

Como en anos anteriores, o día 23 de abril celebramos no Instituto o Día do Libro. Con este motivo, unha vez máis, a Biblioteca trasladouse ata o hall para facilitar o préstamo dos seus fondos bibliográficos e promover a adquisición de libros co desconto correspondente nesta festa mais un caravel de agasallo.

O Departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou un Recital de poemas sobre o tema “La juventud y el paso del tiempo”, realizado polos alumnos de Literatura Universal de 1º de Bacharelato, coordinados pola profesora Hortensia Alonso.

A continuación tivo lugar a proxección da curtametraxa Sueños reales, baseada no conto “O Suso” de Méndez Ferrín, realizada por alumnos de 4º de ESO: Martín Justo, Simón Vázquez e Roi López, xunto con Alba Recondo e Rebeca Obeso, e producida por ATCC (Asociación de Transmisión de Coñecementos Cinematográficos).

A seguir, procedeuse á entrega dos premios do CONCURSO LITERARIO DÍA DO LIBRO 2008, que recaeron nos seguintes alumnos:

Modalidade A:
1º premio: “Unha oportunidade para a Terra”, de Alba Pérez (1º D ESO)
2º premio. “Recuerdos de un poeta”, de Camila Loureiro (2º D ESO)
3º premio: “Recordando”, de Margarida Rodríguez (2º A ESO)
Accésit: “Descubrir un novo amigo”, de Sabela Rodríguez (1º D ESO)

Modalidade B:
1º premio. “Fragilidad y otras verdades”, de Carlota Mosquera (4ª C)
2º premio: “Branca e Alberte”, de Simón Vázquez (4º C)
3º premio: “Confidente de papel”, de Arianna Vázquez (4º C)
Accésit: “O anel centenario”, de Érika Estévez (4º D)

Modalidade C:
1º premio: Os poemas “Sueños en la distancia” e o relato “Tierra Soñada” de María González (2º A Bach.)
2º premio: Os relatos “Querido Zálatos” e “`Papel”, de Cristina Calle (1º D Bach.)
3º premio compartido:”In memoriam” de Manuel Valdés (2º D Bach) e “Melodía” de Aida Fernández (1º D Bach.)
Accésit: O poema “Mudanzas” de Lucía Cerreda (1º D Bach.)

E, por último, entregáronse os premios do Concurso CARTAS DE AMOR, no que resultaron gañadores os seguintes alumnos:

Primeiro premio: María González Martínez (2º A Bach.)
Segundo premio: Miriam Penido (1º D Bach.)
Terceiro Premio: Sara Sáez (4ª D)

A estes premios engadíronse estoutros accésits: Rut Hidalgo Gómez (1º A ESO), Laura Blanco (1º A ESO), Irene Pascual (2º A ESO). Nieves Bayón (2º D ESO), Lucía Cerreda (1ª D Bach.), Gabriela Calvo (1º A ESO), José Eneriz (1ª A ESO), Ana López Lastra (1º B ESO)

 Máis información e imaxes no blog da biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut