Skip to Content

Taboleiro

Enquisa

Enquisa sobre o uso das TIC

Hai uns meses o Instituto aprobou o Plan de Educación Dixital que nos compromete a favorecer a formación dixital e a facer un uso proveitoso das tecnoloxías da información e comunicación. Para iso, unha das primeiras tarefas que nos indica o Plan é coñecer as posibilidades de acceso que teñen os alumnos nas súas casas a ferramentas como ordenadores, internet, etc.  O coñecemento destes datos servirá para decidir como se pode adaptar a actividade escolar aos útiles dixitais que teñen os alumnos. Tamén servirá para sabermos en que medida o Instituto debe facilitar os seus ordenadores e outros medios dos que dispón para que realicen con eles, fóra das horas de clase, os seus traballos escolares particulares.

Por esta razón pedimos a todos os alumnos que respondan á breva enquisa seguinte despois de picar na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/k3Fg4xwq5GoEFU6k2 .

Insignias 14_15

Fotos da Festa das Insignias (2º de Bacharelato)  maio 2015

atallo    atallo    atallo

_

_

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2018

Martín Padrón Rodríguez, alumno de 2º ESO, é un dos tres finalistas que representarán a Galicia na fase española da Olimpíada Matemática. Parabéns!