Skip to Content

EDLG

Actividades

Videopoemas para o Día da Poesía

20/03/2024 23:05

Mostramos aquí algúns dos traballos do alumnado de 3º ESO para o Día da Poesía (21 de marzo). Moitas grazas pola vosa colaboración!

21 de marzo: Día da Poesía... e da Árbore

04/03/2024 00:45

Seguimos con máis actividades. Animádevos a participar!

Día de Rosalía

04/03/2024 00:43

Xa podedes visitar a exposición de fotopoemas sobre Rosalía de Castro que está na entrada do noso IES As Lagoas.

Concursos

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia: 11 de febreiro

09/02/2024 16:03

O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en FemininoA iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas. 

A actividade organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e “o seu obxectivo principal é difundir e promover as vocacións científicas e tecnolóxicas no ámbito das ciencias, as tecnoloxías, as enxeñarías e as matemáticas” e “difundir entre nenas e nenos o papel que teñen as mulleres nestas disciplinas, que vexan que as mulleres fan e poden facer ciencia e tecnoloxía”.

A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do campus e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nas que se expón a investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus. Xa pola tarde, a partir das 15.00 h, a feira estará aberta ao público en xeral que se queira achegar ao campus.

Fonte: Diario da Universidade de Vigo

23 de febreiro - Día de Rosalía

07/02/2024 13:57

O 23 de febreiro queremos celebrar o Día de Rosalía cunha exposición de fotopoemas. Anímate e envíanos o teu para participar!

Tempo de Entroido

07/02/2024 13:49

Neste tempo de Entroido, queremos lembrar un estupendo traballo que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO B, alá polo curso 2015-2016. Esperamos que vos axude a recoñecer mellor todas as máscaras desta festa que tanto nos gusta! Podédelas ver todas na seguinte ligazón:

As máscaras do Entroido ourensán

Fonte: Abi Castillo

Calendario Científico Escolar 2024

22/01/2024 16:40

Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran co Consello Superior de Investigacións Científicas na elaboración en galego do Calendario Científico Escolar 2023.

Ligazón ao calendario

Imaxe

Fonte: Portal educativo

II PREMIO DE ORATORIA EN FORMATO PODCAST ‘RAMÓN OTERO PEDRAYO’

13/12/2023 16:32

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca o II Premio de Oratoria en Formato Podcast “Ramón Otero Pedrayo”, dirixido a alumnado galego de entre 15 e 25 anos. Aquí deixamos as BASES deste premio.

Concurso X CERTAME LITERARIO: “Relatos de auga intelixente”

13/12/2023 16:28

O X Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga en todas as cidades e municipios nos que Viaqua presta servizo, así como fomentar a participación activa da mocidade no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

Aquí deixamos as BASES para aqueles que queiran participar.

Distribuir contido


by Dr. Radut