Skip to Content

EDLG

Actividades

23 de febreiro - Día de Rosalía

07/02/2024 13:57

O 23 de febreiro queremos celebrar o Día de Rosalía cunha exposición de fotopoemas. Anímate e envíanos o teu para participar!

Tempo de Entroido

07/02/2024 13:49

Neste tempo de Entroido, queremos lembrar un estupendo traballo que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO B, alá polo curso 2015-2016. Esperamos que vos axude a recoñecer mellor todas as máscaras desta festa que tanto nos gusta! Podédelas ver todas na seguinte ligazón:

As máscaras do Entroido ourensán

Fonte: Abi Castillo

Calendario Científico Escolar 2024

22/01/2024 16:40

Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran co Consello Superior de Investigacións Científicas na elaboración en galego do Calendario Científico Escolar 2023.

Ligazón ao calendario

Imaxe

Fonte: Portal educativo

II PREMIO DE ORATORIA EN FORMATO PODCAST ‘RAMÓN OTERO PEDRAYO’

13/12/2023 16:32

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca o II Premio de Oratoria en Formato Podcast “Ramón Otero Pedrayo”, dirixido a alumnado galego de entre 15 e 25 anos. Aquí deixamos as BASES deste premio.

Concurso X CERTAME LITERARIO: “Relatos de auga intelixente”

13/12/2023 16:28

O X Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga en todas as cidades e municipios nos que Viaqua presta servizo, así como fomentar a participación activa da mocidade no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

Aquí deixamos as BASES para aqueles que queiran participar.

Decoración de Nadal

13/12/2023 16:19

O EDLG precisa axuda para decorar o noso centro!

Gañadores concurso Samaín

13/12/2023 16:08

Aquí están os relatos que gañaron o concurso deste ano. Podedes ver máis fotografías no blog Linguas Próximas. Moitas grazas por participar Parabén a todos e todas!

1º Premio

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Concurso Samaín 2023

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut