Skip to Content

Reserva de praza

Reserva

Normativa reguladora: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15/03/2013), modificada pola Orde do 25.1.2017 (DOG do 1.2.2017).

RESERVA DE PRAZA CURSO 2018 / 19 

Quen pode reservar praza?

a)  Alumnado que durante o curso 2017/18 cursa estudos no IES As Lagoas e teña previsto continuar matriculado no centro no vindeiro curso 2018/19.
Entre o 1 e o 15 de febreiro, entregaráselles o documento correspondente para formalizar a reserva.

b) Alumnado dos centros adscritos: CEIP As Mercedes,  CEIP Curros Enríquez,  CEIP Mestre Vide,  CEIP Manuel Sueiro
que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2018/19 en 1º de ESO.

c) Alumnado dos centros adscritos: CPI José García, CPR A Purísima, CPR Concepción Arenal, CPR Divina Pastora, CPR Guillelme Brown, CPR Miraflores que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2018/19 en 1º Bch.

 

O alumnado que non e estea comprendido nos apartados anteriores e pretenda cursar estudos neste centro deberá acollerse ao disposto no proceso de ADMISIÓN.

 

Prazos
Do 1 ao 15 de febreiro de 2018, ambos incluídos.

Documentación
Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:
 

- Anexo I  atallo

- Formulario de previsión de matrícula   ESO-1º     BCH-1º  

- Só no caso de non autorizar  a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).

 
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Listaxe definitiva de solicitudes de centros adscritos   1º ESO    1º Bch

Distribuir contido


by Dr. Radut